- El Plan del Litoral admite industrias, marinas y ’spas’ en áreas protegidas
- El 30% de la energía de Andalucía proviene de energías renovables
- Por segundo día consecutivo, rexístranse altos níveis de contaminación por ozono en Pontevedra
- Anarquistas y antifascistas atacan el Ayuntamiento de Jimki (Rusia) en defensa del bosque
- Paralizada la zanja contraincendios junto al petroglifo de Auga da Laxe
caza
Boicot ao campionato de caza do raposo 2010
Enviado por lksf el Jue, 01/28/2010 - 13:40.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más

O próximo sábado día 30 vaise celebrar, un ano máis, o campionato de caza do raposo en Portomarín (Lugo). Un ano máis as persoas defensoras dos animais, as que non estamos dacordo en que as súas vidas sexan obxecto de diversión, as que cremos que os seres vivos pertencen ao pa...trimonio de todas, reunirémonos en Portomarín para esixir que se acabe con este inhumano e brutal acontecemento que repugna a calquera persoa mínimamente sensíbel.
Defensoras dos animais, provintes dos máis diversos lugares do Estado, faremos o esforzo de sacrificar este sábado, de pasar a noite anterior nun autobús, de gastarnos os cartos en pagar unha viaxe que sabemos que vale a pena. Iremos a defender aos que non teñen voz propia para facelo.
Vixiaremos que se cumpra a lei de caza, ocupando as zonas de seguridade e utilizando o noso dereito a pasear polo campo, para que non se dispare nas debanditas zonas, nos camiños, nas pistas, a menos de 50 metros destes lugares e a menos de 100 metros das casas. Sabemos que cumplindo a lei a matanza seralle moito máis difícil.
[Galiza] Crónica do boicot ao campionato de caza do raposo
Enviado por rubendeferrol el Mar, 02/10/2009 - 14:01.O G.A.S xunto con outros colectivos (ADEGA, Amigos da Terra, Asturias Verde, ASCEL, Coto do Frade, Eucaliptos NON, Fundación Altarriba, LIBERA, Matar por matar NON, SOS Courel, Verdegaia) ven de participar no tercer boicot o “Campionato estatal de caza do raposo” celebrado nos concellos de Rodeiro, Agolada, Dozón, Vila de cruces, Lalín, e Silleda, e nestes tres últimos concellos xa se celebrara o campionato provincial so duas semanas antes, de todos xeitos este boicot considerado un pequeno exito dende os diferentes colectivos tanto ecologistas como animalistas, ben sexa por que o número de de raposos víctimas dos cazadores diminuiu ou que a pesares do mal tempo o número destas persoas participes deste boicot, segue constante.
O boicot consiste en acudir o monte xunto cos cazadores e acompañalos falando ou facendo un pouco de ruido, non demasiado, xa que o raposo ten grande agudeza auditiva. Debemos estar o carón do cazador e por camiños sempre visibles con petos fluorescentes, para que se sepa por onde andamos, a parte de ir en grupos non menores o de cazadores. Todo iso acompañado duna reportaxe gráfica, e de armarse de gran paciencia .
De todos xeitos non sera total, este pequeno éxito, ata que remate esta práctica que atenta contra a biodibersidade.
Nova matanza de raposos en Galiza - Campionato 2009
Enviado por Visita el Mié, 01/07/2009 - 23:50.Os grupos asinantes, lamentamos informar que, a pesares do rexeitamento público das edicións anteriores, os crueis “campionatos” de matanza de raposos volverán a se repetir este ano en Galiza organizados pola Federación Galega de Caza, apoiada e subvencionada pola Consellerías de Medio ambiente e de Cultura.
Tan desprezable acontecemento, único no mundo despois de súa prohibición na Inglaterra, solo está permitida en Galiza, sede tamén de tódolos “campionatos nacionais” xa que nas demais comunidades son rexeitados.
Unha vez mais, Galicia, coa conivencia das autoridades e a falta de respecto á nosa Terra da Federación Galega de Caza, é víctima propicia que perde a súa riqueza en favor dos intereses do resto do Pais.
Catro “campionatos provinciais” en cada unha das provincias galegas, mais un “campionato galego” e despois o “campionato nacional”. Todo un fraude ao período oficial de caza e un grave desequilibrio das colonias de raposo.
Serán ducias de raposos os que van morrer para diversión insán de mais de mil supostos “deportistas” que virán, oportunistas, matar, gratis, os poucos sobreviventes do exceso de caza que xa provocou a desaparición case total, das demais especies silvestres da nosa Comunidade.





















Comentarios recientes
hace 3 días 6 horas
hace 1 semana 1 día
hace 2 semanas 10 horas
hace 2 semanas 18 horas
hace 3 semanas 1 día
hace 4 semanas 1 día
hace 7 semanas 5 días
hace 8 semanas 3 días
hace 8 semanas 3 días
hace 9 semanas 1 día