Grecia

[Grecia] Um olhar libertário sobre a Greve Geral na Grécia


Tirado de diarioliberdade.org:

Centro de Média Independente - Dezenas de milhares de pessoas tomaram e ocuparam as ruas centrais de Atenas nesta quarta-feira (24), confirmando mais uma vez a indignação e fúria social de grande parte da população grega.

Desde a Avenida Alexandras à Escola Politécnica ocupada, toda a rua Patision até à Praça de Omonia (onde estavam as Corporações que pertencem ao PAME/KKE), e depois nas ruas os blocos formaram uma manifestação muito longa e densa. Entre quarenta e cinqüenta mil manifestantes.

Na verdade não foi somente a solidez da manifestação - pequena se tivermos em conta a gravidade da situação, nem a resistência "necessária" perante as mudanças que estão por vir.

O mais importante foi a raiva generalizada dos que inundaram as ruas de Atenas, e que não permitiu que a manifestação fosse um passeata pacífica e simbólica pelo centro de Atenas.

publicamos fanzines sobre a revolta em grécia

Published in

A algo mais dum ano do começo da revolta, tratamos de dar um pulo à difussom do acontecido em grécia mediante a publicaçom destes textos.

“Os rebeldes que se atoparon nas rúas e as ocupacións superaron temporalmente as súas identidades e roles separados impostos pola sociedade capitalista, dado que non se atoparon como traballadores, universitarios, estudantes de instituto ou inmigrantes, senón como rebeldes. Pode que non todos utilizasen unha linguaxe proletaria, que non todos fosen á folga, excepto os estudantes de instituto e os universitarios, pero o que realmente fixeron foi crear comunidades proletarias de loita contra o estado e o capital. O carácter espontáneo e incontrolable da revolta mostrouse precisamente pola falta de demandas políticas ou económicas, por unha completa negación da política e o sindicalismo. Este demostrou ser o punto forte da revolta: que non podía ser representada, cooptada ou manipulada por mecanismos políticos que negociasen co estado.”

Dous compéndios de comunicados e outros textos e um texto de análise do grupo ateniense TPTG. Todos os textos estám traduzidos ao galego.

A Grecia Libertaria vive!!!


Un ano despois do asasinato de Alexandros Grigoropoulos e das mobilizacións que o seguiron, a Grecia Libertaria renace con novas manifestacións e disturbios. A salvaxe represión do estado  non foi quen de evitar o rexurdir das mobilizacións, nin tan sequera facendo centenares de detencións e atacando a locais antiautoritarios.

As manifestacións demostran que o movemento social que estivo tras das protestas do ano 2008 mantén a súa capacidade de mobilización: asembleas, iniciativas autoxestionarias, locais sociais, ocupacións de centros de ensino e actividades antirrepresivas, antifascistas e antirracistas veñen enchendo dende hai tempo as rúas das cidades gregas.

Dende a Galiza vemos con enorme simpatía o exemplo das compañeiras e compañeiros da Grecia Libertaria, traballando nunha constelación de grupos anarquistas, centros sociais ocupados, grupos de estudantes e sindicatos anarcosindicalistas, por un fin común.

Entrevista Kalimera ao compa Rubén sobre a Revolta de Grécia


Em 16 de março e depois do jantar vegano da Kalimera tivemos a sorte de que o compa Rubén compartilhara com nós um bo momento de rádio contándo-nos a sua vissom do acontecido na Grécia durante a Revolta de dezembro.

O Rubén mora lá desde há tempo e veu até Galiza junto a várias compas mais (gregas de nascemento) convidadas a partilhar as suas experiências nas Jornadas Anarquistas que estám a ter lugar em Compos, Vigo e A Corunha durante este mês de março.

Podedes escutar ou descrregar tam interesante momento clicando nesta nossa ligaçom:

http://www.akalimera.org/index.php?option=com_content&task=view&id=84&It...

Como organizar unha insurrección - entrevista a anarquistas gregas


Entrevista realizada polo Colectivo de ex-Traballadores CrimethInc ao colectivo grego Void Network (Teoría, Utopía, Empatía, Artes efémeras)

Como se coordinaron as accións nas cidades? E entre distintas cidades?

Hai centos de pequenos grupos de afinidade totalmente pechados -grupos baseados nunha longa amizade e na plena confianza- e outros máis grandes como a xente das tres okupas de Atenas, e tres máis en Tesalónica. Hai máis de 50 centros sociais en Grecia, e espazos políticos anarquistas en todas as universidades do país; ademais, o Movemento Antiautoritario ten seccións en todas as grandes cidades, e hai unha rede activa de grupos de afinidade do Black Bloc nas cidades gregas, baseada en relacións persoais e comunicación telefónica e por correo electrónico. Para todos eles, Indymedia cobra unha gran importancia como punto estratéxico onde atopar e compartir información útil -onde ocorren os conflitos, onde está a policía, onde a policía secreta está a efectuar detencións, o que ocorre en todas partes minuto a minuto; é útil ademais a nivel político, ao publicar comunicados e convocatorias de manifestacións e accións.

Acción no consulado grego de A Corunha

Published in

tirado de http://www.klinamen.org/article5466.html

O pasado día 9 unha vintena de activistas sociais levaron a cabo unha protesta fronte ao consulado grego de A Corunha coa fin de denunciar os feitos acontecidos o pasado sábado en Atenas, sucesos nos que un xoven ácrata de 16 anos perdeu a vida a mans dun policia grego, ao recibir un disparo de fogo real.

Distribuir contenido