anarcosindicalismo

[Ferrol] A CNT protesta por ataques á libertade sindical


O pasado 27 de xaneiro, no marco da folga xeral convocada contra os recortes sociais do goberno do PSOE, un piquete da CNT concentrouse na porta principal do estaleiro Navantia para repartir información aos traballadores e traballadoras arredor dos motivos da folga.

Cando o secretario de propaganda do sindicato, R. López, facía tomas de video da actividade da militancia da CNT, foi abordado por un dos integrantes do operativo policial que custodiaba a porta do estaleiro; o axente da policía pediulle que se identificase.

Semáns despois, este afiliado á CNT ficou sorprendido coa citación do xulgado de Ferrol para un xuízo de faltas, por un suposto delito de desobediencia á autoridade.

O xuízo tivo lugar na mañá do día de hoxe, 3 de maio, e nel os dous axentes denunciantes tentaron ligar o que son actividades normales do sindicato (o reparto de información polo piquete e a grabación de imaxes desta actividade por parte do secretario de propaganda da CNT) cunha fabulosa conspiración, segundo a cal as imaxes grabadas polo sindicato virían servir para non se sabe moi ben que tipo de actividades delictivas.

[CNT] Crónica do 1º de Maio en Ferrol


De cntgaliza.org:

Un ano máis a CNT Galaica participou no 1 de Maio. Arredor de 300 traballadores e traballadoras, participaron na manifestación organizada pola CNT que percorreu as rúas da cidade de Ferrol entre as 12:30 e as 14:00 horas.

A marcha contou cunha constante e esaxerada vixilancia policial que seguiu á manifestación en todo momento.

Tras percorrer os principais bairros obreiros da cidade berrando consignas contra o pacto social e o sindicalismo amarelo que padecemos, celebrouse un mitin na avenida de Esteiro. Nel falou a secretaria xeral da CNT-Galiza, un compañeiro da sección sindical forestal, que repasou a situación do sector na Galiza; un compañeiro de Betanzos, que nos falou da necesidade da organización como ferramenta para a loita e un compañeiro de Ferrol, que pechou [maio] o acto cun emocionanante discurso que finalizou entre aplausos e vivas á loita obreira.

Finalmente disfrutamos dunha estupenda comida ao aire libre no barrio de Esteiro.

[Vídeo] Xunta de Galicia: STOP Despedimentos, STOP Privatización !


Vídeo da Campaña contra a privatización e mailos despedimentos na Xunta de Galicia. A administración prefire subcontratar empresas no canto de ofertar prazas de funcionari@s, o cal supón un enorme gasto de fondos públicos para engorde de empresas "amigas" ( chiringuitos) e unha clara cesión ilegal de traballadores/as por parte de estas.

Cando @s traballadores deciden reclamar o seu, á Xunta de Galicia reacciona acosando e despedindo a través de estas empresas. Este é o caso de catro compañeir@s que foron despedid@s por denunciar esta cesión ilegal por parte das empresas Tragsatec e Tecnocom.

Esta situación de subcontratación ilegal repitese en todas as administracións do estado español, mantendo actualmente a CNT conflictos por esta circunstancia na Xunta de Galicia, no servizo rioxano de saúde e máis no Departament de Territori de la Generalitat catalana.

Máis info en:

- www.youtube.com/solidariedadeobreira
- www.cntgaliza.org

[CNT] 27 de Xaneiro folga xeral!


De cntgaliza.org:

Chamamento a folga xeral para o dia 27

A CNT da Galiza chama a todos os traballadores e traballadoras a secundar a folga xeral convocada na Galiza para o dia 27 de Xaneiro, contra a nova reforma da Seguridade Social, que amplia a idade de xubilación, aumenta a cotización necesaria para o acceso a mesma e rebaixa a cuantia das pensions. Desde a CNT facemos unha chamada a participación activa na folga, a non ficar nese comodo facto de non ir traballar. Chamamos a todos os traballadores e traballadoras a participar dos piquetes de feche de empresas, comercios e fabricas para garantir o noso direito de folga e impedir a indigna opción de garantir o direito ao traballo, e dicer, a esquirolaxe.

[CNT] O falso debate sobre a crise do sistema de pensións


De cntgaliza.org:

Nos últimos tempos asistimos a un debate sobre a necesidade de reformar o sistema de pensións co cal se está empregando unha linguaxe deliberadamente alarmista (drásticos descensos do superávit, desequilibrio nas contas da Seguridade Social, etc), algo que viñemos vendo durante todo o ano 2010, primeiro referido ao balance de 2009 e depois, ao finalizar novembro, tamén ao de 2010. O que por contra ninguén explicou, é que no ano 1999 non habia nengún fondo no que gardar e rendibilizar o superávit da Seguridade Social, que se ia segundo viña, e con todo á clase política e empresarial daquela parecia-lle ben o sistema de pensións. Tamén a mediados da década que acaba de rematar, en plena "época de vacas gordas", rexistraban-se uns superávits similares aos de agora, e, igualmente, naquel momento parecia-lles ben a políticos e empresários o sistema de pensións vixente.

A Xunta despide a través de Tecnocom a dous informáticos do SIEGA


Dous compañeiros informáticos traballadores do SIEGA, informática da Consellería de Educación, subcontratados pola multinacional Tecnocom, foron despedidos onte despois dun ano de sufrir agravios posteriores a reclamación dos seus dereitos.

29S: Cara á autoorganización obreira e popular


1917_iww2.jpgOs sindicatos chamados "maioritarios", a continuación bicefálica do verticalismo franquista, pactista e interclasista, retrasaron ate a extenuación unha folga xeral que chega tarde, mal e arrastro... unha folga que non querían chegar a convocar. Durante décadas foron asinando sucesivas medidas antiobreiras da man de supostos gobernos obreiros e socialistas, supostos gobernos amigos. Cada dia temos máis e máis claro que a clase traballadora non ten amigos nin entre a casta política, nin entre a burocracia sindical.

Esa mesma burocracia sindical que contribuiu a un recorte progresivo dos dereitos conqueridos durante máis dun século de loita obreira e que, cando xa non queda máis a que renunciar e a clase obreira está completamente desmovilizada, resulta completamente inútil a ollos da élite dirixente. Unha burocracia sindical egoísta, rastreira e completamente deslexitimada que, agora que ameazan con recortar aos seus sindicatos, lanza unha pataleta de órdago de 24 horas coa intención de facer-se notar e manter sequera os seus privilexios.

A cuestión é que non chegamos a tempo, non fumos quen de defender as nosas conquistas frente aos embistes neoliberais da globalización capitalista, deixámonos enganar e levar como parv@s. Daria risa se non fora unha vergoña o ver a algunha xente traballando a prol da folga xeral, cando hai ben pouco estaban facendo a campaña electoral do goberno que está levando adiante este ataque contra a clase traballadora. Máis nunca é demasiado tarde para comezar a organizarse e loitar polos nosos dereitos e as nosas libertades, por recuperar os que perdemos e por acadar aqueles que restan por conquerir ate a revolución social, ate a utopía final.

Se esta folga xeral resulta un fracaso, seremos a clase traballadora quen perda unha vez máis. O traballo que, non nos enganemos, xa é precario, pasará a desenvolverse nunhas condicións de auténtica escravitude; pois cada medida do goberno fai que os novos traballadores estén máis expostos ao despedimento, aos traslados, ao alongamento da xornada de traballo, á intercambiabilidade de funcións, en resumo, ao capricho do empresariado máis ruín e trapalleiro de toda Europa. Un éxito sería que as élites do sindicalismo oficial se visen superad@s neste 29 S, iso si sería un bó comezo para un auténtico proceso de autoorganización obreira e popular.

Está nas nosas mans. O 29 de Setembro, xogámonos máis do que pensamos, máis o importante virá despois. Tod@s á rúa !

[CNT] Vídeo da manifestación de SEAGA - 11 de Setembro


E o dia 25, folga e manifestación !!!

Distribuir contenido