crise
[CNT] Crónica da manifestación contra a nova reforma laboral
Enviado por anarquista anónimo el Mar, 06/29/2010 - 17:53.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Tirado de cntgaliza.org:
Por volta de 150 persoas participaron na convocatória lanzada pola CNT da Galiza contra a nova reforma laboral. Iniciou-se a marcha desde a Alameda, encabezada por unha faixa contra a Reforma Laboral e os cortes aos direitos sociais por parte do PSOE.
[Vídeo] A CNT contra a reforma laboral e mailos recortes
Enviado por anarquista anónimo el Dom, 06/27/2010 - 21:45.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
A CNT contra a reforma laboral e mailos recortes.
Vídeo con imaxes de varios dos actos da campaña "contra os recortes e a reforma laboral" levada a cabo pola CNT galega en Xuño de 2010.
Realizado de xeito cooperativo por vari@s militantes do SOV de CNT Ferrol co apoio técnico e tecnolóxico de GNUL.
Crise económica e refundación do capitalismo.
Enviado por galizalibertaria el Vie, 06/25/2010 - 08:11.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más

Cando o presidente francés Sarkozy propuxo en setembro de 2008 refunda-lo capitalismo para reconstruir partindo de cero o sistema financeiro internacional, nin o neoliberal máis optimista nin o conspiranóico máis delirante podían imaxinar o panorama ao que iamos chegar:
- Axudas aos bancos que descapitalizan directa e indirectamente as reservas nacionais: comezaron os EEUU, nos que o bisoño presidente Obama escandalizóse pouco despois polas primas que se repartiron os executivos da banca e a Unión Europea, como non, seguíu inmediatamente o exemplo, triplicando a aposta; así, en outubro de 2008 tíñanse previsto 1,5 billóns de axudas, entre elas 100.000 millóns de euros en avais bancarios por parte do Estado español, onde o conxunto da débeda empresarial e familiar duplica o Producto Interior Bruto. Estas axudas á Banca non se viron acompañadas dunha mellora de condicións para os morosos e mesmo houbo unha redución dos cretos ás pequenas e medianas empresas que contribuíron ao mal estado da economía e ao aumento dos despedimentos. Por outra parte, os bancos aproveitaron esta inxección de fondos para a compra de débeda pública, pola que chupan xuros dos mesmos estados dos que recibiron o diñeiro para esta compra.
[Compostela] Nen recortes de direitos, nen reforma laboral
Enviado por anarquista anónimo el Dom, 05/23/2010 - 15:45.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
De cntgaliza.org:
Onte dia 20 de Maio, a CNT concentrou-se diante das oficinas do Servizo Público de Emprego, para denunciar a política neoliberal do governo español, única política posíbel nun sistema de libre mercado globalizado. Neste sistema, a cor dos partidos é absolutamente irrelevante: o poder soberano reside no capital. A única solución posíbel é mudar o sistema.
A CNT transmitiu neste acto de protesta a sua crítica à reforma dos requisitos de acceso às pensións de xubilación, às novas medidas do governo (baixada do 5% do salário no emprego público, reforma da xubilación parcial, recorte nas axudas ao desenvolvemento, conxelación das pensións,...) e a próxima reforma laboral, que está ao caer e de seguro será pactada cos sindicatos maioritários, co fin de desmobilizar à sociedade através da firma de acordos sociais.
[A Coruña] Contra o paro loita obreira e popular !
Enviado por galizalibertaria el Dom, 10/18/2009 - 01:25.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Comunicado de prensa.
De: Asambleia de traballadores e traballadoras en paro de A Coruña.
Para: Medios de comunicación.
Convocado pola Comisión de Parados/as de A Coruña tivo lugar nos locaes da Asociación de Veciños do Agra do Orzan unha xuntanza dunha veintena de traballadoras e traballadores desempregados. Na mesma debatiron-se os graves problemas que este colectivo enfronta para ter unha vida digna polo feito de carecer de traballo.
Como primeiro paso na organización do colectivo de desempregados e desempregadas da nosa cidade aprobouse a creación dunha Asambleia de Traballadores e Traballadoras en Paro de A Coruña co obxetivo de defender o dereito ao traballo de todos e todas. Asi mesmo acordouse convocar unha nova xuntanza para o vindeiro dia 29 de octubro na que invitan a acudir a todo-los los traballadores e traballadores en paro da Coruña.
A Coruña a 16 de octubro do 2009
Telefons de contacto e información:
Martin Naya............645 961 091
Chuchi Fontenla......670 500 165
Pregase a difusión desta nota.
Manifestación en Madrid contra a crise capitalista
Enviado por eu el Dom, 03/29/2009 - 22:18.Apesar do frio, a intensa chúvia e do prolífico dia de movilizacións que houbo onte, sábado 28 de Marzo en Madrid, por volta de 2.500 persoas marcharon en manifestación de Atocha a Sol convocadas pola CNT, marcha na que houbounha nutrida participación da Rexional Galaica. Chamou-se á defensa operária, frente aos ataques que está a sofrer a clase traballaadora (EREs, despedimentos, paro, medo…) por parte do capitalismo e o estado, a conta da crise económica.
[Ourense] O SEM UM CAM abre o seu local
Enviado por anarquista anónimo el Jue, 03/26/2009 - 13:32.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
O SEM UM CAM abre o seu local (na Rua Vilar 9, em Ourense) a partir deste Sábado, dia 28. Convidamos-vos a todas e a todos a achegar-vos pola inauguraçom no próprio sábado, a partir das 18:00.
O SEM UM CAM é umha iniciativa que pretende promover alternativas galegas à sociedade do consumismo e do capital. É um local aberto a todas as pessoas e colectivos, e quer contribuir para ensaiar novas formas de vida e de relacionamento social nom mediadas pola mercadoria. Desde o início, porá em andamento umha COUSATECA e um COMEDOR POPULAR, assim como diferentes actividades para a dinamizaçom social e cultural do bairro.
Aproveitamos também para fazer um chamamento a todas aquelas pessoas que pudessem achegar cousas para o projecto. Para a Cousateca necessitamos todo tipo de cousas úteis e que funcionem (ferramentas, brinquedos, material de campismo, material desportivo, electrodomésticos, etc...). Para o Comedor Popular necessitamos louça, instrumentos de cozinha, umha nevera, um fregadeiro... Assim que já sabedes, se podedes e queredes achegar qualquer cousa, nom tendes mais que passar-vos polo local ou escrever um e-mail a semumcam@gmail.com.
Obrigadas!
Saqueo em Compostela. Expropiación anarquista.
Enviado por anarquista anónimo el Jue, 03/26/2009 - 00:52.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Tirado do galiza.indymedia.org
Na manhán do 24 de marzo umha duzia de anarquistas saqueou un GADIS situado no Campus Norte repartindo intres despois o botín entre a gente que había nas inmediacións.
A duzia de anarquistas encheu outra duzia de cestas da compra de numerosos productos que ofreze a companhía GADIS e marchou sen pagar (obviamente) pra repartilos minutos despois nas inmediacións do supermercado (no campus norte)entre a gente que alí se situaba.
Esta expropiación de productos de primeira necesidade ten como fin espallar este tipo de accións entre a povoación demostrando que a pillaxe é fácil, divertida e consecuente coas formas de luita anticapitalistas.
Abaixo a sociedade espectáculo-mercantil!
Anarquistas culpaveis de solidariedade!














