desfeita ambiental

Contra o Capital e o seu Progreso


Manifestación de GZNSV en Compostela o 21 de marzo, ás 12 horas

O vindeiro domingo 21 de marzo, os colectivos que conforman a rede Galiza Non Se Vende convocan a manifestación anual en defensa do territorio. Será en Compostela, ás 12 horas, na Alameda.

Dende unha perspectiva libertaria, a defensa do territorio, e a defensa das persoas que o habitan, representa unha loita fundamental e inaprazabre. A destrucción do territorio e os ataques á natureza continúan baixo governos da dereita e da esquerda, polo que compre xuntar as nosas forzas ás da xente que tenta combater en contra deles baixo moi diversos pontos de vista. Pola nosa parte, entendemos que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementista son necesarias para enfrontar o conxunto das agresións, e pensamos que a autoxestión das loitas e o asamblearismo son tamén imprescindibles para levar adiante esa loita.

[A coruña] ESIXIMOS O DEREITO Á CIDADE!


Tirado de casadasatochas.info:

O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica

dereitoacidade.blogaliza.org

Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se materializaría na formulación dun modelo de cidade insostible, laboral, ecolóxica e socialmente falando.

Expresamos a nosa disconformidade en forma de esixencia do Dereito á Cidade. Unha cidade, a de todas e todos, necesitada de procesos de diálogo social real, recibe un plan xeral inconcreto, escuro, dificilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, cun elevado déficit no que a participación e debate cidadán se refire.

Distribuir contenido