urbanismo

[Audio] Presentación en Vigo do libro "Aprendiendo a decir no"


Tirado de alasbarricadas.org:

Presentación do libro "Aprendiendo a decir no. Conflictos y resistencias en torno a la actual forma de concebir la ciudad de Granada" a cargo de Juan Rodriguez Medela, membro do Grupo de Estudios Antropológicos "La Corrala" de e co-autor do libro, organizada polo Grupo de Axitación Social o martes 4 de xaneiro de 2011 no CS "A Cova dos Ratos" de Vigo.

Escoitar ou descargar en:

- http://www.archive.org/details/PresentacionEnVigoDoLibroaprendiendoADeci...

[A coruña] ESIXIMOS O DEREITO Á CIDADE!


Tirado de casadasatochas.info:

O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica

dereitoacidade.blogaliza.org

Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se materializaría na formulación dun modelo de cidade insostible, laboral, ecolóxica e socialmente falando.

Expresamos a nosa disconformidade en forma de esixencia do Dereito á Cidade. Unha cidade, a de todas e todos, necesitada de procesos de diálogo social real, recibe un plan xeral inconcreto, escuro, dificilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, cun elevado déficit no que a participación e debate cidadán se refire.

Distribuir contenido