A Coruña
[A Corunha] 4 detidos no día do 1º de Maio
Enviado por galizalibertaria el Lun, 05/02/2011 - 21:05.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
O día do primeiro de Maio deixa coma nota negativa a detención de catro activistas na cidade da Corunha, que se concentraban na praza de Ourense contra os sincatos pactistas UGT e CCOO.
[Vídeo] A Cultura Preo(k)upa
Enviado por galizalibertaria el Vie, 04/01/2011 - 15:27.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Tirado de galizacontrainfo.org:
Reportaxe realizada polo colectivo audiovisual Olholivre, que trata sobre o proceso de colectivizacion dun espazo abandonado no barrio de Monte Alto (A Coruña/Galiza) en marzo de 2008. Durante 3 semanas un amplo e variado grupo de persoas dinamizaron unha casa abandonada, desenvolvendo numerosas actividades culturais e de pensamento crítico, xirando en torno ó cuestionamento dos procesos especulativos e novas formas de expresión política. Posteriormente este espazo conformouse nun centro social autoxestionado chamado A casa das Atochas.
[A Corunha] O governo municipal comença o ano com umha brutal repressom policial contra a población migrante
Enviado por galizalibertaria el Lun, 01/10/2011 - 23:01.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Ante a redada as pessoas migrantes acontecida o venres na Rúa Real dende individualidades vencelhadas a diferentes colectivos sociais da cidade, queremos achegar unha xornada de trabalho para preparar unha acción resposta URXENTE…. A criminalización da poboación migrante, a hipocresía dunha clase política e mercantil deshumanizada debe prender o motor da repulsa e a protesta e activar a toda a parte da cidadanía que se indigna e ve necesaria unha resposta verdadeiramente democrática, porque esta xentuza non nos representa!!!
Os mesmos que punham o grito no céu hai umhas semanas protestando por quatro pintadas som os que hoje apludem a utilizaçom do terror contra xs mais desfevorecidxs.
Como cheira a chanel e merda!
as dinámicas represivas do concelho contra as pessoas migrantes repítense ano tras ano nas memas datas ….PAREMOS O RACISMO INSITITUCIONAL!!!!
a jorndada de trabalho será no C.S. ATREU este joves 13 às 19h.
ACUDE!!! DIFUNDE!!!
SOBREVIVIR NO É DELITO NEN COMPETENCIA DESLEAL!!!
as dinámicas represivas do concelho contra as pessoas migrantes repítense ano tras ano
nas memas datas ….PAREMOS O RACISMO INSITITUCIONAL!!!!
[A Coruña] A CNT presente nos actos da Memoria
Enviado por galizalibertaria el Mar, 12/21/2010 - 01:19.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Tirado de Betanzos Libertario:
Esta tarde, leronse os nomes das 600 persoas asasinadas na comarca polo fascismo. Máis de cen persoas de todas as idades e ideoloxías, familiares directos das vítimas, veciños e membros de entidades da Memoria Histórica e organizacións amigas, foron os encargados de recuperar para sempre a súa memoria lendo ún a ún o nome de todos eles .
Interpretaronse diferentes pezas musicáis como a Internacional e A las Barricadas, moi aplaudidas polos centos de persoas alí concentradas.
De especial emoción ouvir os berros de Viva a anarquía ditos pola familia de Manuel Montes e José Villaverde alí presentes e que demostran que a CNT continúa a ter un espacio importante na memoria colectiva coruñesa.
Contra o desaloxo da Casa das Atochas
Enviado por galizalibertaria el Lun, 11/29/2010 - 22:06.
A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.
Atentxs, pois seguiremos informando
Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!
[A coruña] ESIXIMOS O DEREITO Á CIDADE!
Enviado por galizalibertaria el Dom, 02/07/2010 - 13:47.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Tirado de casadasatochas.info:
O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica”


Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se materializaría na formulación dun modelo de cidade insostible, laboral, ecolóxica e socialmente falando.
Expresamos a nosa disconformidade en forma de esixencia do Dereito á Cidade. Unha cidade, a de todas e todos, necesitada de procesos de diálogo social real, recibe un plan xeral inconcreto, escuro, dificilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, cun elevado déficit no que a participación e debate cidadán se refire.
::Reflexons em código aberto:: JORNADAS -contra-informaçom e redes 2.0
Enviado por galizalibertaria el Mié, 02/03/2010 - 00:07.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Jornada contrainformativa Venres 5
- 20'30 Ouviremos e analisaremos em comúm o estado actual da contrainfomaçom na infosfera do pais posibilidades e futuro dos espaços telemáticos em chave social. (Vieiros, Galiza livre, Altermundo, Indymedia, Olholivre,...)
Sábado 6
- 18'00 Jornada Redes Sociais, web 2.0 Analisaremos colectivamente o uso das ferramentas que favoreçem a interacçom entre as comunidades e pessoas na infosfera crítica galega (Blogaliza, Altermundo, Ergosfera, Universidade Invisíbel, Sementeira, Indymedia, Saramaganta, CCSS, Trebelab, Hacktreu, Causaencantada,...)
* O sábado na manha ASSEMBLEIA ABERTA INDYGZ(12'00)
* O sábado a noite haverá cea/fim de festa (vegana) 23'00 "O enxame: as regras mudarom" Centro Social Atreu T/ Sam José, 2 res-de-chao A Corunha














