desaloxo

[Morrazo] O novo centro social do Salgueirón resiste a desaloxo violento


Hoxe martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo.

Intentaron entrar pola forza, arrancando a pechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando.

Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello limitáronse a merodear polos arredores da casa. Nese momento aproveitamos para comunicarlles os motivos polos que estamos aí como protesta contra a especulación nos terreos das antigas fábricas de Massó e lembrarlles o artigo 10º da Constitución española e o artigo 7º do Código Penal. Así mesmo se colgou un par de faixas e se pegou na porta da entrada unha advertencia legal.
Con este novo centro solcial reivindícase un uso social do Salgueirón e que loite ó mesmo tempo contra a especulación inmobiliaria da promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.

[Compostela] Cidade ocupada por polícias para evitar manifestaçom pro-okupaçom


Tirado de alasbarricadas.org:

A enésima actuaçom repressiva contra a histórica casa okupa compostelana, cujas instalaçons fôrom tapiadas após o despejo dos okupantes no passado dia 29 de Dezembro, provocou ontem umha resposta mobilizadora de quase umha centena de vizinhos e vizinhas de Compostela.

Como é habitual na capital da Galiza, nomeadamente em Ano Santo como este, a presença de fardados armados era irrespirável. A Polícia de choque realizou identificaçons em massa dos e das participantes, que protestárom pola falta de liberdades civis que denota a reposta policial à legítima mobilizaçom das pessoas expulsas da Casa Encantada. Provavelmente as identificaçons darám passagem a denúncias selectivas contra participantes na manifestaçom, como é habitual que aconteça nestes casos.

Convocatoria manifestación contra o desaloxo da Casa das Atochas


MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DAS ATOCHAS
SÁBADO 26 DECEMBRO
ás 17. oo horas no Campo da Leña

cartaz_mani.PNGEste sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades… Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xuntos cara unha vida máis libre. É momento de demostrar que non nos deixamos manipular tan fácilmente, que non somos marionetas no seu xogo de donos e escravos, que non cremos nas súas propiedades.

Por iso convocamos unha «solemne mani contra o desaloxo da real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, o aire… polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda… pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, polas palabras tan grandes como liberdade ou polas palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban.

E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa …).

Traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos, fachos …

Distribuir contenido