Massó
[Morrazo] O novo centro social do Salgueirón resiste a desaloxo violento
Enviado por anarquista anónimo el Mié, 05/26/2010 - 00:16.Hoxe martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo.
Intentaron entrar pola forza, arrancando a pechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando.
Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello limitáronse a merodear polos arredores da casa. Nese momento aproveitamos para comunicarlles os motivos polos que estamos aí como protesta contra a especulación nos terreos das antigas fábricas de Massó e lembrarlles o artigo 10º da Constitución española e o artigo 7º do Código Penal. Así mesmo se colgou un par de faixas e se pegou na porta da entrada unha advertencia legal.
Con este novo centro solcial reivindícase un uso social do Salgueirón e que loite ó mesmo tempo contra a especulación inmobiliaria da promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.
Campaña de boicote a Caixanova
Enviado por anarquista anónimo el Mar, 12/01/2009 - 13:25.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Caixanova especula e destrue a Ria de Vigo
RETIRA OS TEUS CARTOS DE CAIXANOVA
FECHA AS TUAS CONTAS
NON COLABORES CON ESTA DESFEITA NO LITORAL!

CAIXANOVA, socio maioritario da promotora Marina Atlántica, pretende dar o maior pelotazo urbanístico de Galicia na zona do Salgueirón a Punta Balea, en Cangas. Este proxecto busca especular con 200.000 m2 en terra para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial na zona onde se sitúan os restos da antiga factoría conserveira de Massó, catalogada como Patrimonio Industrial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público e unha boa parte está cualificada como Espazo Natural Protexido (Espazo Natural Barra - Cabo Home).
[Cangas] Antidisturbios en Massó
Enviado por anarquista anónimo el Sáb, 10/10/2009 - 00:46.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Chegou por correo:

Nova xornada kafkiana no Salgueirón. A presenza de antidisturbios de León en Cangas xa non pasou desapercibida dende a mañán. Perfectamente coordinados, agardaron a que chegaran tres camións de Excongal para intentar unha vez máis a entrada ás obras do pretendido peirao deportivo do complexo residencial Marina Atlántica, do que lembramos carece de licenza municipal, plan viario ou calquera outro tipo de eses pequenos detalles burocráticos que nos afectan ao resto dos mortais.














