solidariedade obreira

[Compostela] Nen recortes de direitos, nen reforma laboral


De cntgaliza.org:

Onte dia 20 de Maio, a CNT concentrou-se diante das oficinas do Servizo Público de Emprego, para denunciar a política neoliberal do governo español, única política posíbel nun sistema de libre mercado globalizado. Neste sistema, a cor dos partidos é absolutamente irrelevante: o poder soberano reside no capital. A única solución posíbel é mudar o sistema.

A CNT transmitiu neste acto de protesta a sua crítica à reforma dos requisitos de acceso às pensións de xubilación, às novas medidas do governo (baixada do 5% do salário no emprego público, reforma da xubilación parcial, recorte nas axudas ao desenvolvemento, conxelación das pensións,...) e a próxima reforma laboral, que está ao caer e de seguro será pactada cos sindicatos maioritários, co fin de desmobilizar à sociedade através da firma de acordos sociais.

Crônica da concentração em Compostela em solidariedade com os “11 de Lisboa”


Como tínhamos previsto concentramo-nos o 19 de Maio às 20 h na Praça do Toral de Compostela uns 15 ou 20 companheiros e companheiras da CNT em solidariedade com os que estavam a julgar nessa altura em Lisboa, com megafono em mão explicando a situação e apelando à solidariedade ali estivemos, com faixa e panfletos para repartir entre todas as pessoas que passavam.

Seguiremos informando do que aconteça em quanto a este sucesso.

Vigo: 1ºMaio, loita obreira


Tirado de cntgaliza.org:

Mais de 200 traballador@s marcharon tras da pancarta da CNT este Primeiro de Maio sobre as ruas de Vigo.

De novo a Rexional Galaica da CNT decidiu xuntarse nunha manifestación onde compañeir@s de todolos sindicatos puideron por en comun o traballo do ano, compartir experiencias sindicais e preparar os 365 dias que nos separan do proximo día da clase obreira.

A manifestación discurriu dende a rua Gran Vía, onde a manifestación de UGT e CCOO tivo que aturar os berros de "Liberado Sindical, Parasito Social" (algúns torcían o xesto, outros asentian dando a razón o noso enfado), pero despois dun ano de aturar liberados vendeobreiros, delegados pasotas, comites de empresa (non de traballador@s) e en pouco tempo unha nova reforma laboral, ¿alguén con un pouco de dignidade non berraría o mesmo?.

Os 6 de Belgrado livres. Crónica do xuízo.


Tirado de cntgaliza.org:

Vamos chegando a Belgrado diferentes compañeiros e compañeiras das distintas seccións anarco-sindicalistas da AIT, entre elas a ZSP de Polónia, FAU Alemá, Solidarity Federation Inglesa ... e afins. Ainda que se apresenta un clima xélido e a derramar de neve, non perdemos a esperanza de arroupar aos compañeiros represaliados co noso calor solidário.

Segundo nos contan os compañeiros servios da ASI, hai bastantes posibilidades de que este xuízo farsa, que se celebrará amañá às 10:00, fique en nada, postoa que, pese às elevadas acusacións das que foron obxecto, os factos revelan pouca consisténcia. Contodo, non deixa de ser un xuízo político no que o ministério de interior ten bastante que dicer, algo moi dado nisto que chlaman democracia, polo que non nos vamos a adiantar aos acontecimentosn pola experiéncia que maceramos nestes casos. Como CNT vamos a intentar asistir ao xuízo e participaremos nos diferentes actos de apoio e às xornadas que lle preceden.

O xuízo

A CNT diante da morte dun traballador en Narón


Tirado de cntgaliza.org:

A Federación Local da CNT de Ferrol desexa manifestar a súa máis profunda indignación pola morte do traballador José Sestayo Balsa nunha obra de Freixeiro-Narón. A repetición deste accidente laboral -houbo outra morte dun traballador emigrante hai só seis meses na mesma zona- reflicte que a falta de condicións de seguridade no traballo no sector da construcción é un mal endémico que non hai vontade de atallar.

O aforro dos empresarios en medidas de seguridade, a precariedade, o prestamismo laboral e as abusivas xornadas de traballo parecen ser as causas deste novo accidente laboral mortal. Mais compre sinalar tamén a responsabilidade da xustiza pola súa inactividade diante das denuncias existentes arredor desta situación, e a deixación de funcións dos sindicatos maioritarios, presentes nos comités de empresas, mais ausentes ou completamente inactivos nas obras.

BOTAI UNHA SINATURA VIRTUAL POR BRAIS ANTE O SEU INMINENTE XUIZO POR DAR AULAS EN GALEGO


O vindeiro Febreiro celebrara-se o XUÍZO POLO DESPEDIMENTO DO PROFESOR BRAIS, docente do IES Manuel Murguía de Arteixo despedido o pasado ano polo mero feito de reclamar que as aulas de Matemática se deran en galego (como correspondía por lei, decreto 124/07).

O sindicato CNT leva a cabo desde entón unha campaña de solidariedade consistente en recoller sinaturas de apoio para a sua readmisión nas listas de interinos e substitutos. Como remate das accións de solidariedade, e previamente ao xuizo, o sindicato CNT concentrara-se ás portas do Rexistro Xeral para facer entrega de todas as sinaturas recollidas.

Agradecemos-lle que se existisen no seu centro follas asinadas as puidesen envíar ao apartado 590 -15780 COMPOSTELA antes de Febreiro.

Tamén se pode asinar telemáticamente no web de CNT:
http://www.cntgaliza.org/?q=asinaPorBrais

Ao mesmo tempo, desde a CNT APOIAMOS A CONVOCATORIA DE FOLGA NO ENSINO PARA O PRÓXIMO 21 DE XANEIRO, e chamamos à participar activamente nesta xornada de loita.

Agradecendo de antemán a sua colaboración reciba un cordial saúdo.

Secretariado Xeral de CNT-Compostela.

Máis información do caso Brais en: http://www.cntgaliza.org/?q=node/771
Información dos actos en solidariedade en: http://cntgaliza.org/?q=casoBrais

Por un ensino libertario [mani en Arteixo]


Fotos da mani en Arteixo do sábado 20 en solidariedade con Brais.

Arteixo_017.redimensionado_0.JPG


Arteixo_037.redimensionado.JPG


Arteixo_041.redimensionado.JPG


Arteixo_043.redimensionado.JPG


Arteixo_049.redimensionado.JPG


Arteixo_051.redimensionado.JPG


Arteixo_061.redimensionado.JPG


Arteixo_065.redimensionado.rotado.JPG


Arteixo_083.redimensionado.JPG


Distribuir contenido