folga
Ataques rabiosos e insurrectos
Enviado por Visita el Dom, 01/30/2011 - 22:13.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Comunicado:
"Desenmarcándonos dunha folga (partidista, hipócrita e quedaben), pero aproveitándo o seu pesudocontexto atacamos a pedradas a sede do b.n.g. en compostela así como o banco banesto. A nosa rabia hacia o estado e todo o que sustenta este, nos leva a non facerlle o xogo sucio os vendeobreiros sindicais, pero tampouco a quedarnos cas mans valeiras e sen expresar os nosos sentimentos, como tamen o fixeron outrxs en situación similar a nosa coma os ataques ao p.s.o.e. e ao p.p. na guarda os cais nos contenta e anima a extender a revolta.
Aproveitamos para solidarizarnos con todxs xs individuxs que fartxs de aguntar o dominio e a sumisión atacan a todo símbolo e elemento deste sistema esclavista.
Anarquistas pola extensión da revolta."
extraído de http://prod.galiza.indymedia.org/gz/2011/01/25273.shtml
Os meios ao serviço dos medos
Enviado por Visita el Vie, 10/15/2010 - 12:57.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
A raiz dos sucessos da greve do 29-S em Barcelona estám aflorando neste outono diversas crónicas e artículos nos “mass merda” que, seguindo as directrices dos seus chefes para-policiais, estám a tratar de explicar como, as libertárias catalás, foram quem de fazer tal acto de rebeldia e protesto no centro mesmo da segunda urbe mais numerosa do estado espanhol.
Os cronistas da Corte e demais pseudo-jornalistas à soldo das grandes multinacionais e da Banca jogam assim o papel designado por os causantes das misérias e da desesperaçom das silenciadas, das ninguém, das vítimas deste sistema económico que desde sempre se sostem para benefício de moi poucos e a escravitude da maioria. A humanidade está a viver o momento mais ruim da história onde a solidariedade é criminalizada entanto o egoismo e a opulência desmesurada é elevada aos altares de “vidas ejemplares”.
29S: Cara á autoorganización obreira e popular
Enviado por galizalibertaria el Lun, 09/27/2010 - 18:45.
Os sindicatos chamados "maioritarios", a continuación bicefálica do verticalismo franquista, pactista e interclasista, retrasaron ate a extenuación unha folga xeral que chega tarde, mal e arrastro... unha folga que non querían chegar a convocar. Durante décadas foron asinando sucesivas medidas antiobreiras da man de supostos gobernos obreiros e socialistas, supostos gobernos amigos. Cada dia temos máis e máis claro que a clase traballadora non ten amigos nin entre a casta política, nin entre a burocracia sindical.
Esa mesma burocracia sindical que contribuiu a un recorte progresivo dos dereitos conqueridos durante máis dun século de loita obreira e que, cando xa non queda máis a que renunciar e a clase obreira está completamente desmovilizada, resulta completamente inútil a ollos da élite dirixente. Unha burocracia sindical egoísta, rastreira e completamente deslexitimada que, agora que ameazan con recortar aos seus sindicatos, lanza unha pataleta de órdago de 24 horas coa intención de facer-se notar e manter sequera os seus privilexios.
A cuestión é que non chegamos a tempo, non fumos quen de defender as nosas conquistas frente aos embistes neoliberais da globalización capitalista, deixámonos enganar e levar como parv@s. Daria risa se non fora unha vergoña o ver a algunha xente traballando a prol da folga xeral, cando hai ben pouco estaban facendo a campaña electoral do goberno que está levando adiante este ataque contra a clase traballadora. Máis nunca é demasiado tarde para comezar a organizarse e loitar polos nosos dereitos e as nosas libertades, por recuperar os que perdemos e por acadar aqueles que restan por conquerir ate a revolución social, ate a utopía final.
Se esta folga xeral resulta un fracaso, seremos a clase traballadora quen perda unha vez máis. O traballo que, non nos enganemos, xa é precario, pasará a desenvolverse nunhas condicións de auténtica escravitude; pois cada medida do goberno fai que os novos traballadores estén máis expostos ao despedimento, aos traslados, ao alongamento da xornada de traballo, á intercambiabilidade de funcións, en resumo, ao capricho do empresariado máis ruín e trapalleiro de toda Europa. Un éxito sería que as élites do sindicalismo oficial se visen superad@s neste 29 S, iso si sería un bó comezo para un auténtico proceso de autoorganización obreira e popular.
Está nas nosas mans. O 29 de Setembro, xogámonos máis do que pensamos, máis o importante virá despois. Tod@s á rúa !
[Grecia] Um olhar libertário sobre a Greve Geral na Grécia
Enviado por anarquista anónimo el Lun, 03/01/2010 - 19:47.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Tirado de diarioliberdade.org:

Centro de Média Independente - Dezenas de milhares de pessoas tomaram e ocuparam as ruas centrais de Atenas nesta quarta-feira (24), confirmando mais uma vez a indignação e fúria social de grande parte da população grega.
Desde a Avenida Alexandras à Escola Politécnica ocupada, toda a rua Patision até à Praça de Omonia (onde estavam as Corporações que pertencem ao PAME/KKE), e depois nas ruas os blocos formaram uma manifestação muito longa e densa. Entre quarenta e cinqüenta mil manifestantes.
Na verdade não foi somente a solidez da manifestação - pequena se tivermos em conta a gravidade da situação, nem a resistência "necessária" perante as mudanças que estão por vir.
O mais importante foi a raiva generalizada dos que inundaram as ruas de Atenas, e que não permitiu que a manifestação fosse um passeata pacífica e simbólica pelo centro de Atenas.
Non queriades caldo, tomade dúas tazas... [Crónica-reflexión sobre as últimas xornadas de loita do metal]
Enviado por Visita el Mar, 06/09/2009 - 09:28.Non é sorprendente que en tempos de crise como os que estamos a viver, salte a chispa dun clásico en Vigo, de novo unha folga do metal reaparece na cidade olívica.
Durante varias mañáns reina o caos, as barricadas e o lume, lembrándonos antigas loitas de folga permanente e autonomismo obreiro… Se nas folgas de Ascón, naqueles tempos convulsos, se entonaba o “¡Jei, jei, resistirei!”, agora podías escoitar “¡Lume, Lume, Lume…!”, ao pé da barricada formada en cualquer recuncho.
De novo saen os grupos de incontrolados a sementar o caos en Vigo, o “salvaxismo” que tanto asusta á patronal e os currelas, máis unidos que nunca, demostran do que son capaces… As autoridades tremen.
¡Quen os vira en loita permanente contra todo este sistema putrefacto!
A primeira xornada de folga, o mércores 3 de xuño, predecíase tranquila, así corría a voz por Vigo. Mas unha vez concentradxs na Praza de España, ata @s que non somos do metal presentimos que algo ía suceder. Respirábase no ambiente esa inquietude propia de quenes non se queren resignar, había que incidir na normalidade. E non houbo que aguardar moito, pois foi cuando de súpeto a típica listilla con presa cólase co auto burlando o corte de tráfico. Pero para listillos nós… inmediatamente os traballadores rodean o auto e aparecen as grilleiras cos antidisturbios que empezan a cargar…
Comeza a guerra.














