concentración

[Vigo] Crónica de concentración solidaria con Tamara


De abordaxerevista.blogspot.com:

O pasado Domingo 18 de abril ás doce da mañá, ao redor de 30 persoas concentrámonos en Vigo (Galiza) ao carón do mercado do barrio do calvario para solidarizarnos e informar á cidadanía sobre a situación da compañeira anarquista Tamara.

Sen chegar a entender moi ben porqué se convocan cousas como estas para un domingo, saímos á rúa coas nosas pancartas, bandeiras negras e foguetes; repartindo entre as persoas que pasaban por ésta céntrica rúa peonil uns 420 panfletos en galego que explicaban a situación da compañeira.

Engadir que durante a semana pasada e no marco das séptimas xornadas anarquistas galegas realizáronse 5 palestras informativas en diferentes cidades sobre a situación da compañeira.

TAMARA A RÚA, A LOITA CONTINUA

Queremos saber como morreu Antonio Pallas


Antonio_Pallas.jpgO día 16 de Xaneiro de 2010 morrei Antonio Pallas García, con 29 anos de idade, de forma violenta no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Nestes dous últimos meses xa van tres presos mortos en extrañas circunstancias no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Ademais vólvese a producir unha morte inverosimil por aforcamento.

Ao igual que o rapaz Diego Viña, morto no cuartel da garda civil de Arteixo.

A SOCIEDADE ANTE ESTES FEITOS SE PREGUNTA:

¿CANDO REMATARÁ A IMPUNIDADE? ¿CANDO SE INVESTIGARÁN ESTAS MORTES? ¿CANTOS MAIS TEÑEN QUE MORRER PARA QUE NOS PERCATEMOS QUE A CADEA É UN CENTRO DE EXTERMINIO?

CONCENTRACIÓN O DÍA 5 DE FEBREIRO DE 2010 ÁS 12:00 DA MAÑÁ DIANTE DO XULGADO DE VIXIANCIA DE A CORUÑA (Edificio de novos Xulgados)

[CNT Compostela] Concentración pola readmisión do despedido en Dia-Cádiz


Na tarde do xoves dia 17 de setembro, un piquete de unha dúcia de compañeir@s da CNT de Compostela concentrou-se às portas dos Supermercados Dia, na sua tenda do Camiño Novo, en solidariedade co noso compañeiro José Manuel, despedido na sucursal gaditana desta empresa como represália à labor sindical que o compañeiro desenvolvia.

Por volta dunha hora concentramo-nos cunha faixa, repartindo 300 panfletos, reclamando a readmisión inmediata do noso compañeiro e informando aos viandantes e clientes das prácticas anti-sindicais que se dan nesta empresa.

Previamente nos dias anteriores un grupo de compañeiros pasara por diversos estabelecementos da empresa DIA, informando às traballadoras e traballadores da situación en que se atopa José Manuel e informando das accións que imos levar a cabo, no entanto este conflito non se solucione, da única forma posíbel que é coa readmisión do noso compañeiro José Manuel.

Concentración en solidariedade con Amadeu Casellas


Hoxe , luns 25 de Maio, unha dúcia de compañeiras e compañeiros da CNT-Compostela concentramo-nos na Praza Roxa de Compostela en solidariedade con Amadeu Casellas, preso libertário que está a enfrentar-se á máfia carcelária cumprindo unha condea inhumana e pasando xa por duas folgas de fame.

LIBERDADE PARA AMADEU CASELLAS

Amadeu Casellas, actualmente preso no cárcere de Brians 2 (prisión que leva 26 mortos desde a sua inauguración fai dous anos) acaba de rematar a segunda folga de fame nos últimos 11 meses, para exixir a sua liberdade.

Fai bastante máis de 20 años que está en prisión. Pide ser excarcerado, porque, senón, a sua condena acabará convertendo-se en perpétua, o que vai contra a celebrada Constitución española. Pero tamén se conformaria coa concesión, como lle corresponde, do terceiro grau penitenciário, para ir só durmir a prisión.

Preso dende 1986, iniciou o 23 de Xuño de 2008 unha folga de fame indefinida para demandar a sua excarceración.

Tendo cumpridas dende fai anos as ¾ partes da condena ten direito a que lle concedan o 3º grau e veu negada esa posibilidade en base a informes falsos.

Finalmente, tras 76 dias de folga, poñendo en grave risco a sua vida, puxo fin á sua protesta tras acadar un acordo co Sindic de Greuges (Defensor do pobo en Catalunya)

Distribuir contenido