ferrol

[Ferrol] A CNT protesta por ataques á libertade sindical


O pasado 27 de xaneiro, no marco da folga xeral convocada contra os recortes sociais do goberno do PSOE, un piquete da CNT concentrouse na porta principal do estaleiro Navantia para repartir información aos traballadores e traballadoras arredor dos motivos da folga.

Cando o secretario de propaganda do sindicato, R. López, facía tomas de video da actividade da militancia da CNT, foi abordado por un dos integrantes do operativo policial que custodiaba a porta do estaleiro; o axente da policía pediulle que se identificase.

Semáns despois, este afiliado á CNT ficou sorprendido coa citación do xulgado de Ferrol para un xuízo de faltas, por un suposto delito de desobediencia á autoridade.

O xuízo tivo lugar na mañá do día de hoxe, 3 de maio, e nel os dous axentes denunciantes tentaron ligar o que son actividades normales do sindicato (o reparto de información polo piquete e a grabación de imaxes desta actividade por parte do secretario de propaganda da CNT) cunha fabulosa conspiración, segundo a cal as imaxes grabadas polo sindicato virían servir para non se sabe moi ben que tipo de actividades delictivas.

[CNT] Crónica do 1º de Maio en Ferrol


De cntgaliza.org:

Un ano máis a CNT Galaica participou no 1 de Maio. Arredor de 300 traballadores e traballadoras, participaron na manifestación organizada pola CNT que percorreu as rúas da cidade de Ferrol entre as 12:30 e as 14:00 horas.

A marcha contou cunha constante e esaxerada vixilancia policial que seguiu á manifestación en todo momento.

Tras percorrer os principais bairros obreiros da cidade berrando consignas contra o pacto social e o sindicalismo amarelo que padecemos, celebrouse un mitin na avenida de Esteiro. Nel falou a secretaria xeral da CNT-Galiza, un compañeiro da sección sindical forestal, que repasou a situación do sector na Galiza; un compañeiro de Betanzos, que nos falou da necesidade da organización como ferramenta para a loita e un compañeiro de Ferrol, que pechou [maio] o acto cun emocionanante discurso que finalizou entre aplausos e vivas á loita obreira.

Finalmente disfrutamos dunha estupenda comida ao aire libre no barrio de Esteiro.

[Video] Concentración en Solidariedade con Xapón e Charla sobre Capitalismo Finito


Vídeo da concentración, convocada por Verdegaia, en solidariedade có pobo xaponés e máis da charla, organizada por Adega, na que o noso compañeiro, Manolo Rei, explicou a insustentabilidade do sistema capitalista, a falacia do crecemento continuo nun planeta finito e a triple crise sistémica ( ecolóxica, enerxética e económica) que xa temos enrriba.

Novembro Libertario


Como todos os anos, a caída das follas e os temporais veñen acompañados pola chegada do vento fresco das ideas libertarias á Galiza. Nesta ocasión, o grupo Unión Libertaria e a CNT de Compostela teñen as súas xornadas libertarias na mesma semán, do 22 ao 26 de novembro (aínda que en Ferrol as actividades comezan o día 20). E tamén o Ateneo Libertario Lume Negro fai a súa contribución á difusión das ideas libertarias cunha charla do ICEA (hora e lugar a confirmar) o sábado 27 de novembro).

Entra para mirar os programas das Xornadas.

Vídeo, crónica e fotos da Bicicaravana ao seu paso pola comarca de Ferrol


As pontes - Goente

P1080561.JPG

Á hora prevista no programa un grupo de ciclistas unímonos en As Pontes coa bicicaravana. Tras un cálido recibimento saímos cara Goente facendo unha primeira parada nas inmediacións da central térmica, onde se falou das circunstancias que rodean a central e as implicacións con Ferrol no transporte de carbón e gaseiro. Para a realización dun documental da bicicaravana fixéronse tomas de video e fotos da central e do novo lago.

P1080569.JPG

Porqué a CNT vai participar na mobilización do día 27 en Ferrol


A CNT explica a súa posición diante da mobilización polo levantamento do veto á construcción civil do estaleiro de Fene o día 27 de marzo

Porqué a CNT vai participar na mobilización do día 27

A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 o vindeiro sábado 27 de marzo. E vaino facer para amosar a súa indignación polos continuos atropelos que padece a clase traballadora nesta bisbarra.

Nos anos 80 houbo unha reconversión “salvaxe” que causou fortísimas reduccións do cadro persoal dos estaleiros de Fene e Ferrol. Despois fíxose unha reconversión “suave” con prexubilacións que aínda botaron máis xente fora nas factorías de ASTANO e BAZAN. Os sindicatos maioritarios opuxéronse á reconversión “salvaxe”, mais aceptaron a reconversión “suave” porque as prexubilacións beneficiaban aos traballadores fixos. Nin individual nin colectivamente, a clase traballadora que combatera no 72, foi quen de impedir a reconversión, nin tivo a dignidade abondo para rexeitar unhas prexubilacións que destruíron centenares de postos de traballo na bisbarra. Marcharon para a casa traizoando todo o que dicían defender.

VIII Xornadas Libertarias en Ferrol


8xornadas_p.pngUnión Libertaria – Ferrol
17 a 21 de novembro de 2009
Lugar: Espazo Libertario: Avenida de Esteiro, 10-12

Martes, 17 de novembro de 2009
20 horas

Charla de Leiser Pelles, integrante de Anarchists Against the Wall(Anarquistas contra el muro) de Palestina

Mércores, 18 de novembro de 2009
20 horas

Charla dun militante da FAU, sindicato anarcosindicalista alemán, adherido
á AIT

Xoves, 19 de novembro de 2009
20 horas

Presentación do libro “Curuxás: o guerrilleiro que non cazou Franco”, co
autor Carlos Parrado

Venres 20 de novembro de 2009
20 horas

Charla “A necesidade dunha organización anarquista xuvenil”, por membros da Federación Ibérica de Juventudes Anarquistas (FIJA).

[Ferrol] Dous anos pola demolizón de Reganosa


De reganosademolizon.org

Hai dous anos que abrimos este blogue para contribuír ao movemento de oposición á Planta de Gas de Reganosa. Dende entón, varias veces se nos ten preguntado que onde estabamos nós cando comezaron os protestos. A resposta é sinxela. Estabamos organizando-nós.

Cando no 2000 comezaron os protestos, Unión Libertaria non existía como tal, a CNT perdeu a súa actividade na comarca alá polos oitenta, e non se refundou ate o ano 2006. Sen embargo, @s que ate hoxe nos identificamos có lema “ Reganosa Demolizón” estabamos xa presentes nas convocatorias do comité.

Unión Libertaria apareceu en escena aló polo 2002, e sempre manifestou o interese por esta loita, de feito, xa se falou do tema nas III Xornadas Libertarias que se celebraron en 2004, nas que estivo presente o comité, e moitas outras organizacións. O tema da especulación, inmobiliaria e industrial, e mailo seu impacto na nosa comarca xa é recorrente nas xornadas libertarias que se veñen celebrando dende entón.No Marea Negra, xornal bimensual anarquista, viñamo-nós facendo eco dos momentos da loita. Hai unha colección completa de Mareas Negras no Espazo Libertario para quen a desexe ou queira corroborá-lo.

Distribuir contenido