palestra

[Vídeo] Comisión Recuperación da Memoria Histórica: Dionisio Pereira


Palestra sobre o anarquismo en Chile na Casa das Atochas.


.: 

Muito se ten falado últimamente do triunfo electoral da dereita en Chile, máis a situación política nese país é (como sempre) muito máis que a alternancia no poder das distintas caras da moeda do pazo presidencial. Non falan os medios, en cambio, da intensa actividade represiva que marcou a campaña electoral , dentro da dinámica de allanamentos, detencións arbitrarias e disparos contra @s manifestantes que marcou a política do anterior goberno ¿de esquerdas? fronte á disidencia política. |1|2|

Como se silencia a insurrección da comunidade mapuche, en guerra contra o Estado chileno, na súa tradición de pobo orgulloso e insubmiso, loitando pola recuperación do seu territorio e o mantemento da súa cultura e a súa organización comunitaria.|1|2| Loita sentida como propia polo movemento libertario, e apoiada por sectores deste, movemento implicado en diversos frontes de organización popular e loitas antiautoritarias. |1|2|3|

Como forman parte dunha realidade social e dunha situación política silenciada folgas que fan abanear un pouco máis ao xa tambaleante poder económico |1|2| tendo como ten a industria do cobre unha triste lembranza na historia de Chile do pasado século |1|2|

Cálase en fin, unha situación de axitación revolucionaria, coa súa parte de esperanza |1| e a súa parte de dor.|1|2| E mesmo se calan ou terxiversan novas que nos tocan moi de preto |1|2|

O vindeiro domingo 7 ás 18 horas na Casa das Atochas, compañeir@s chilen@s darán información de primera mán da situación do anarquismo en Chile, charla acompañada dunha proxección, contando ademáis cunha distribuidora de material relacionado.

[A Guarda] Concerto e palestra contra o TAV


Sábado 2 de maio

+ Ás 16h na Estación de autobuses de A Guarda:

Palestra contra o TAV polo Grupo de Axitación Social (Vigo)

+ Na estación autobuses ás 22h. Concerto:

Deskartes Band (Ska reggae dende Ponteareas)
Frakaso Skolar (punk-rock dende a guarda)
Nas Túas Mans (hardcore dende Vigo)
RDT (Punk dende a Rioxa)

Prezo:4euros

Distribuir contenido