comisión de denuncia
Queremos saber como morreu Antonio Pallas
Enviado por galizalibertaria el Mié, 02/03/2010 - 11:56.
O día 16 de Xaneiro de 2010 morrei Antonio Pallas García, con 29 anos de idade, de forma violenta no Centro Penitenciario de Teixeiro.
Nestes dous últimos meses xa van tres presos mortos en extrañas circunstancias no Centro Penitenciario de Teixeiro.
Ademais vólvese a producir unha morte inverosimil por aforcamento.
Ao igual que o rapaz Diego Viña, morto no cuartel da garda civil de Arteixo.
A SOCIEDADE ANTE ESTES FEITOS SE PREGUNTA:
¿CANDO REMATARÁ A IMPUNIDADE? ¿CANDO SE INVESTIGARÁN ESTAS MORTES? ¿CANTOS MAIS TEÑEN QUE MORRER PARA QUE NOS PERCATEMOS QUE A CADEA É UN CENTRO DE EXTERMINIO?
CONCENTRACIÓN O DÍA 5 DE FEBREIRO DE 2010 ÁS 12:00 DA MAÑÁ DIANTE DO XULGADO DE VIXIANCIA DE A CORUÑA (Edificio de novos Xulgados)
Imputados 3 Gardas Civis pola morte de Diego Viña
Enviado por anarquista anónimo el Mar, 04/14/2009 - 12:34.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
O Xulgado de instrucción nº 5 de A Coruña, ve indicios suficientes para a imputación e enxuizamento dos Gardas Civis participantes na “presunta detención ilegal” de Diego Viña Castro, circunstancia que desembocou na morte “violenta” do xoven no Cuartel do Instituto Armado.
O pai do falecido responderá tamén como presunto autor dun delito de “Denuncia falsa”.
A Titular do Xulgado de Instrucción nº 5 de A Coruña, ven de emitir un importante Auto de transformación do procedimento penal que se segue contra tres dos Gardas Civis implicados na “presunta” detención ilegal do xoven Diego Viña Castro o día 21 de setembro de 2004, e do proxenitor como responsabel penalmente dun “presunto” delito de Denuncia Falsa.














