compostela
[Compostela] info detençons na manifestaçom pro-okupaçom + video-crónica
Enviado por Visita el Lun, 01/18/2010 - 16:30.As dúas pessoas que forom detidas estám já em liberdade e com cargos.
Vídeo-crónica da manifestaçom:
http://gzvideos.info/manifestacom-pola-okupacom-em-compostela/
A primeira pessoa foi detida antes do começo da manifestaçom, aproximadamente sobre as 17:30, e foi liberada o mesmo día à tardinha. Outra pessoa foi detida ao rematar o roteiro que percorreu o bairro da Almáciga.
Já dissolta a manifestaçom, os policías dirigírom-se violentamente a um home para identifica-lo. Ante a pregunta das razons para tal actuaçom, iniciou-se um forcexeo que rematou co home nos calabozos ata hoxe (luns 18) a média manhá. Momento no que foi posto por fim a dispossiçom judicial para depois ser posto em liberdade com cargos.
CONTRA A REPRESSOM,
SOLIDARIEDADE E APOIO MÚTUO
TOCAM A UMHA,
TOCAM-NOS A TOD(A)S
NOM NOS CALARÁM
NOM NOS PARARÁM
+info noutros médios de contrainformaçom:
http://galizalibertaria.org/node/322
http://www.alasbarricadas.org/noticias/?q=node/12699
http://www.kaosenlared.net/noticia/compostela-ocupada-policias-espanhois...
nos médios do sistema:
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/17/0003_8232954.htm
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Despliegue/policial/centro/histor...
convocatória da manifestaçom:
[Compostela] Cidade ocupada por polícias para evitar manifestaçom pro-okupaçom
Enviado por rubendeferrol el Lun, 01/18/2010 - 12:13.Tirado de alasbarricadas.org:
A enésima actuaçom repressiva contra a histórica casa okupa compostelana, cujas instalaçons fôrom tapiadas após o despejo dos okupantes no passado dia 29 de Dezembro, provocou ontem umha resposta mobilizadora de quase umha centena de vizinhos e vizinhas de Compostela.
Como é habitual na capital da Galiza, nomeadamente em Ano Santo como este, a presença de fardados armados era irrespirável. A Polícia de choque realizou identificaçons em massa dos e das participantes, que protestárom pola falta de liberdades civis que denota a reposta policial à legítima mobilizaçom das pessoas expulsas da Casa Encantada. Provavelmente as identificaçons darám passagem a denúncias selectivas contra participantes na manifestaçom, como é habitual que aconteça nestes casos.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Un grupo anarquista reivindica los atentados a la Policía en Fin de Año
Enviado por Visita el Vie, 01/08/2010 - 16:47.De El Correo Gallego ( http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/un-grupo-anarquista-reivindic...):
Un grupo anarquista reivindicó ayer en su página web www.klinamen.org, la autoría de los atentados perpetrados la noche de Fin de Año y que causaron daños en dos vehículos de la Policía Local. Los integrantes de este grupo reconocieron que pusieron dos bombas incendiarias en una furgoneta y un coche en la comisaría de la Policía Local(al lado del Obradoiro) y otro artefacto en las dependencias de la Policía Nacional en la rúa Pitelos. En la web señalan que se trata de una "venganza por Tamara y venganza por la huelga de hambre de los presos anarquistas (Gabriel, Marco...)". Además afirman que "los vehículos sufrieron bastante daño, una pena que el mal tiempo no ayudara a quemarlos más. Os estamos perdiendo el miedo."
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Mudemos de sistema, non de clima !!
Enviado por rubendeferrol el Lun, 12/14/2009 - 16:00.De cntgaliza.org:
12 de Decembro, un grupo de ciclistas realizamos polas ruas de Compostela unha Pedalada contra o cámbio climático, seguindo a convocatoria da R.A (Rede galega anticapitalista) somando-nos aos actos do Dia de Acción Global contra o cámbio climático.

Porén non estarmos muito de acordo coa análise, que pon à mesmo nivel as responsabilidades dos Estados coas dos indivíduos, decidimos algúns de nós apoiar esta pedalada. O dia prestaba-se pois habia manifestacións nun cento de países e os representantes do Capital estaban reunidos en Copenhagua, para continuar coa sua política explotadora e destrutora.
Estamos de acordo coa necesidade de mudar de sistema, xa que non temos outra posibilidade de sobreviver a nível planetário; por iso debemos mudar na relación co noso entorno, non podemos continuar asi co noso modo de vida, depredando desta maneira selvaxe, sabendo que os recursos do planeta son limitados, como cidadáns e cidadás libres temos responsabilidades que asumir na nosa vida cotidiana, consumindo menos, aforrando enerxia, comprando no mercado local, deslocando-nos en transportes públicos (cando non en bicicleta), reutilizando recursos, en definitiva respeitando o meio ambiente.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
XVII Jornadas Libertárias de Compostela
Enviado por galizalibertaria el Mié, 11/04/2009 - 22:33.Mais um ano, e já são dezassete, a CNT de Compostela organiça as Jornadas Libertárias, este ano sob a legenda Derrubando muros. Mais um ano exporão-se temas de actualidade desde a nossa óptica libertária. As Jornadas terão lugar entre os dias 16 e 20 do mês de Novembro, e incluem quatro palestras e a projecção dum filme.
As jornadas começam na segunda-feira, 16, com uma palestra com diferentes companheiros insubmissos ao serviço militar desde primeiros dos anos oitenta até os primeiros anos do novo século, que darão sua vissão da vigência da insubmissão como possição de enfrentamento à militarização permanente do mundo, e farão um repasse das formas que adoitou esta luta até chegar à última e radicaliçada insubmissão nos quarteis.
A terça-feira, 17, membros de COOP57, cooperativo de serviços financieiros destinada a conceder empréstimos a projetos de economia social, apresentarão seu projeto e a alternativa das bancas éticas face a hegemonia do capital. www.coop57.coop/esp/home.html
Na quarta-feira, Leiser Pelles, companheira de Anarquistas Contra o Muro, organização isrealina que se opón à construcção da barreira da faixa de Gaza e a de Cisjordania, relatará-nos a dureça e dignidade da sua luta contra o terrorismo de estado israelino e pela superação das fronteiras atraves da resistência não violenta, a desobediênica civil e a acção direta. http://awalls.org/
[Compostela] Acçom solidária com Amadeu Casellas na catedral
Enviado por galizalibertaria el Dom, 10/25/2009 - 12:33.Na manhá do sábado 24 de outubro um grupo solidário assaltou o museio da catedral de Compostela para despregar na balaustrada umha faixa em solidariedade com Amadeu Casellas.

Durante mais dumha hora berrou-se consignas pola liberaçom de Amadeu e contra o estado e os seus centros de extermínio até que efectuarom o desalojamento as forzas policiais. Todas as pessoas forom identificadas mas nom houvo detidxs.
LIBERDADE INMEDIATA PARA O COMPA!!
ABAIXO OS MUROS!!
[Compostela] A Educación Crítica pasou pola CNT compostelana
Enviado por rubendeferrol el Vie, 05/29/2009 - 14:14.O sindicato de Compostela tivo onte o pracer de acoller os correspondentes actos da XXIV Semana da Educación Crítica.
foto do actoAsí, cunha gran afluencia de xente deu comezo a primeira hora da tarde a charla "Os nosos corpos, os nosos territórios. Direitos sexuais, parto, lactancia, crianza..." que trascurriu de xeito moi ameno e participativo e na que se trataron diversos e interesantes aspectos e problemáticas sobre o embarazo e a crianza e onde se puxeron en común distintas experiencias e puntos de vista por parte tanto das poñentes como os/as presentes.
A continuación, tivo lugar o obradoiro de aloumiños que resultou un fantástico paseo polo mundo dos sentidos. A través dos xogos e actividades realizadas nun ambiente plácido e relaxado iámos descubrindo e disfrutando de múltiples sensacións.
As impresionantes ovacións ao final da charla e do obradoiro así como os moitos comentarios á saída dan mostra do éxito desta xornada.
Sen máis, agradecer a organizadores, poñentes e asistentes a súa presenza na CNT.

Concentración en solidariedade con Amadeu Casellas
Enviado por rubendeferrol el Mié, 05/27/2009 - 00:05.Hoxe , luns 25 de Maio, unha dúcia de compañeiras e compañeiros da CNT-Compostela concentramo-nos na Praza Roxa de Compostela en solidariedade con Amadeu Casellas, preso libertário que está a enfrentar-se á máfia carcelária cumprindo unha condea inhumana e pasando xa por duas folgas de fame.
LIBERDADE PARA AMADEU CASELLAS
Amadeu Casellas, actualmente preso no cárcere de Brians 2 (prisión que leva 26 mortos desde a sua inauguración fai dous anos) acaba de rematar a segunda folga de fame nos últimos 11 meses, para exixir a sua liberdade.
Fai bastante máis de 20 años que está en prisión. Pide ser excarcerado, porque, senón, a sua condena acabará convertendo-se en perpétua, o que vai contra a celebrada Constitución española. Pero tamén se conformaria coa concesión, como lle corresponde, do terceiro grau penitenciário, para ir só durmir a prisión.
Preso dende 1986, iniciou o 23 de Xuño de 2008 unha folga de fame indefinida para demandar a sua excarceración.
Tendo cumpridas dende fai anos as ¾ partes da condena ten direito a que lle concedan o 3º grau e veu negada esa posibilidade en base a informes falsos.
Finalmente, tras 76 dias de folga, poñendo en grave risco a sua vida, puxo fin á sua protesta tras acadar un acordo co Sindic de Greuges (Defensor do pobo en Catalunya)
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Saqueo em Compostela. Expropiación anarquista.
Enviado por rubendeferrol el Jue, 03/26/2009 - 00:52.Tirado do galiza.indymedia.org
Na manhán do 24 de marzo umha duzia de anarquistas saqueou un GADIS situado no Campus Norte repartindo intres despois o botín entre a gente que había nas inmediacións.
A duzia de anarquistas encheu outra duzia de cestas da compra de numerosos productos que ofreze a companhía GADIS e marchou sen pagar (obviamente) pra repartilos minutos despois nas inmediacións do supermercado (no campus norte)entre a gente que alí se situaba.
Esta expropiación de productos de primeira necesidade ten como fin espallar este tipo de accións entre a povoación demostrando que a pillaxe é fácil, divertida e consecuente coas formas de luita anticapitalistas.
Abaixo a sociedade espectáculo-mercantil!
Anarquistas culpaveis de solidariedade!
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios





















Comentarios recientes
hace 1 semana 3 días
hace 2 semanas 1 día
hace 2 semanas 2 días
hace 2 semanas 3 días
hace 3 semanas 2 días
hace 3 semanas 3 días
hace 3 semanas 3 días
hace 3 semanas 3 días
hace 4 semanas 18 horas
hace 4 semanas 1 día