ensino
Oficialmente, Brais de novo nas listas
Enviado por eu el Mié, 07/28/2010 - 13:39.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.
Para a crise... orellas de burro
Enviado por eu el Mar, 06/15/2010 - 10:28.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
A apoloxía do actual estado de crise económica que o goberno “progresista” está a desenvolver contribúe a reafirmar unha idea ben clara de todo este proceso: a crise ten beneficiarios e culpables.
A Administración condenada a recolocar ao compañeiro Brais nas listas de interinos
Enviado por anarquista anónimo el Jue, 03/18/2010 - 18:01.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Tirado de cntgaliza.org:
A Sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, ordena à Administración a que repoña a Brais no seu direito a estar nas listas de interinos e substitutos.A sua vez rebaixa notoriamente o número de sancións inicialmente impostas; pese a este resultado, a CNT non fica conforme, xa que as interpretacións acerca das funcións da guarda civil fan-nos lembrar (e temer) o tipo de Estado no que vivemos. Por outra banda, non se cuestiona a ilegalidade da Addenda que permite botar das listas de substitución a toda aquela persoa que sexa suspendida de emprego e soldo, con independéncia da gravidade ou irreleváncia dos factos polos que sexa condenada.
Asi, esta sentenza elimina as seguintes faltas:
A CNT apoia a convocatória de folga no ensino para o dia 21
Enviado por eu el Mar, 01/19/2010 - 10:44.A Federación Local de Compostela da CNT decidíu sumar-se á folga de ensino do dia 21 e á manifestación que se vai celebrar en Compostela en contra do "decretazo" e a prol do uso do idioma galego no ensino. É así que chamamos ao profesorado a secundar à convocatória de folga e a participar activamente da mesma, facendo parte da manifestación que sairá desde a Alameda compostelana às 12:00 da mañá do xoves 21.
Por un ensino libertario [mani en Arteixo]
Enviado por galizalibertaria el Mar, 06/23/2009 - 20:50.Fotos da mani en Arteixo do sábado 20 en solidariedade con Brais.
[Compostela] A Educación Crítica pasou pola CNT compostelana
Enviado por anarquista anónimo el Vie, 05/29/2009 - 14:14.O sindicato de Compostela tivo onte o pracer de acoller os correspondentes actos da XXIV Semana da Educación Crítica.
foto do actoAsí, cunha gran afluencia de xente deu comezo a primeira hora da tarde a charla "Os nosos corpos, os nosos territórios. Direitos sexuais, parto, lactancia, crianza..." que trascurriu de xeito moi ameno e participativo e na que se trataron diversos e interesantes aspectos e problemáticas sobre o embarazo e a crianza e onde se puxeron en común distintas experiencias e puntos de vista por parte tanto das poñentes como os/as presentes.
A continuación, tivo lugar o obradoiro de aloumiños que resultou un fantástico paseo polo mundo dos sentidos. A través dos xogos e actividades realizadas nun ambiente plácido e relaxado iámos descubrindo e disfrutando de múltiples sensacións.
As impresionantes ovacións ao final da charla e do obradoiro así como os moitos comentarios á saída dan mostra do éxito desta xornada.
Sen máis, agradecer a organizadores, poñentes e asistentes a súa presenza na CNT.

Profesor-substituto sancionado co despido por reclamar as aulas de Matemática en galego
Enviado por eu el Lun, 03/23/2009 - 22:42.O compañeiro Brais profesor-substituto de Matemática, traballou durante o curso 2007-2008 en diversos institutos da Galiza, mas foi no IES “Manuel Murguia” de Arteixo que traballou por espazo de 15 dias, do 8 ao 23 de Abril de 2008, onde ao reclamar que as aulas de Matemática debian-se dar en galego, como corresponde por lei, no decreto 124 do 2007 sobre o uso do galego no ensino, provocou un proceso no que foi condenado por 4 faltas graves, a un total de 25 dias de sanción e un apercibimento, o que na prática acarreou a sua expulsión das listas da Consellaria de Educación.














