presos

Liberdade para Amadeu - panfleto/mural para difundir


Um panfleto para levar à rua e difundir a situaçom de Amadeu Casellas. Para ponher em marquesinas de bus, pola rua, bares, centros de trabalho, ... Todos os dias matam gente nas cadeas. Difundir os crimes do Estado é atacar a sua legitimidade.

Nom aos centros de extermínio!
Solidariedade activa com todxs xs presxs!

*panfleto: imprimir 2 páginas por folha
*mural: imprimir directamente em A3 ou A4

http://galiza.indymedia.org/media/2009/10//21360.pdf

TEXTO DO PANFLETO:

LIBERDADE PARA AMADEU

Amadeu Casellas é um preso anarquista que, sem delitos de sangue, leva mais de 23 anos na cadea acusado de participar em expropiaçons obreiras nos anos setenta e oitenta. Ditas expropiaçons consistiam em atracos a bancos co objectivo de financiar luitas obreiras.

[Abordaxe] Alfredo M. Bonanno, preso en Grecia


Tirado de revista abordaxe:

Tras recibir un comentario a esta nova detallando mellor a información sobre a detención de dous compañeiros en Grecia publicámo-lo a continuación para difusión e extensión da solidariedade cos compañeiros. E agradecemos e animamos a colaboración de quenes ledes este blog.

Alfredo Bonano e outro homem são presos na Grécia acusados de assaltar banco.

O anarquista italiano Alfredo Maria Bonano foi preso junto com uma pessoa da Grécia. Eles são acusados de assaltar à mão armada uma agência bancária na cidade de Trikala. Os acusados estão detidos na delegacia local à disposição da Justiça grega.

Segundo reportagens da imprensa grega sobre a prisão, "um conhecido anarquista italiano de 73 anos e uma pessoa grega de 46 anos foram detidas após assaltar um banco. O roubo aconteceu por volta das 10h35 da manhã na cidade de Trikala. Foram roubados 46,900 euros. Eles fugiam em um carro e foram presos logo após o assalto numa barreira policial.?

O outro compa anarquista preso é Christos Stratigopoulos. Christos estivera involucrado no juizo Marini e num roubo contra um banco, e estiverta preso um tempo na Italia.

[Portugal] RELATO DE UMA CONCENTRAÇÃO EM SOLIDARIEDADE COM ANTÓNIO FERREIRA


No dia 03 de Outubro, Sábado, 16 pessoas deslocaram-se ao Estabelecimento Prisional de Pinheiro da Cruz, onde António Ferreira continua isolado no pavilhão de segurança.

Segundo apontam as respostas que obtivemos, apesar da tentativa de encobrir e esconder este protesto, ele encontra-se em greve de fome e de silêncio desde dia 28 de Setembro. Como não há nenhum contacto directo com ele, nem a cadeia dá essa informação, não sabemos se está em greve de sede, porque são já demasiados dias sem beber, sem que o transfiram para o hospital prisional.

A concentração decorreu durante 2 horas e meia, período que coincidiu com o horário das visitas. Foi distribuído um folheto com um texto informativo da situação do nosso companheiro e gritaram-se frases contra as prisões, o estado e os carcereiros. Fez-se o máximo de barulho possível na tentativa de dar a conhecer a nossa presença para dentro dos muros.

Amadeu Casellas, de novo en folga de fame


amadeu_casellas.jpgCando no ano 1976 Amadeu Casellas, obreiro politicamente comprometido, pertencente á CNT dende os tempos da clandestinidade, comezou a súa carreira de expropiador de bancos, sen dúbida asumía o risco de seren apresado.

Cando entrou na cadea por vez primeira, no ano 1979, nin el nin ninguén podía imaxina-lo folletinesco periplo que alí comezaba. Torturas, folgas de fame, dous anos escasos de liberdade partidos por senllas reincidencias e recaídas nas mans da “xustiza”, montaxes acusatorios e negación de dereitos.

Cada vez que afronta unha nova folga de fame, para solicita-los “privilexios” que incluso un sistema cruel como o sistema penitenciario (neste caso, o catalán, por transferencia do Estado español) é consciente de que alí se xoga a saúde e a vida, incluso. Cumpridas as tres cuartas partes da súa condena e tras 76 días dunha das máis de 50 folgas de fame que Amadeu ten iniciado, o 5 de setembro de 2008 conseguiu o compromiso do Valedor do Pobo de Catalunya de que se revisaría o seu expediente, para recupera-la concesión de permisos penitenciarios e acada-lo tercer grao, como lle correspondía.

Concentración en solidariedade con Amadeu Casellas


Hoxe , luns 25 de Maio, unha dúcia de compañeiras e compañeiros da CNT-Compostela concentramo-nos na Praza Roxa de Compostela en solidariedade con Amadeu Casellas, preso libertário que está a enfrentar-se á máfia carcelária cumprindo unha condea inhumana e pasando xa por duas folgas de fame.

LIBERDADE PARA AMADEU CASELLAS

Amadeu Casellas, actualmente preso no cárcere de Brians 2 (prisión que leva 26 mortos desde a sua inauguración fai dous anos) acaba de rematar a segunda folga de fame nos últimos 11 meses, para exixir a sua liberdade.

Fai bastante máis de 20 años que está en prisión. Pide ser excarcerado, porque, senón, a sua condena acabará convertendo-se en perpétua, o que vai contra a celebrada Constitución española. Pero tamén se conformaria coa concesión, como lle corresponde, do terceiro grau penitenciário, para ir só durmir a prisión.

Preso dende 1986, iniciou o 23 de Xuño de 2008 unha folga de fame indefinida para demandar a sua excarceración.

Tendo cumpridas dende fai anos as ¾ partes da condena ten direito a que lle concedan o 3º grau e veu negada esa posibilidade en base a informes falsos.

Finalmente, tras 76 dias de folga, poñendo en grave risco a sua vida, puxo fin á sua protesta tras acadar un acordo co Sindic de Greuges (Defensor do pobo en Catalunya)

Trasladan a Amadeu Casellas á enfermería de Brians 2


Tirado de http://galiza.indymedia.org/gz/2009/05/19690.shtml

Segundo puidemos saber, Amadeu Casellas Ramón foi trasladado esta mañá á enfermería de Brians 2 debido ao seu estado de saúde tras 26 días de folga de fame.

A nai de Amadeu acaba de telefonar para dicir que Amadeu xa se atopa na enfermería de Brians 2. Isto significa que empeza unha maior preocupación polo seu estado de saúde e que tras 26 días de folga de fame, xa necesita unha atención e un control diario das súas constantes.

Ademais desa mudanza no seu estado de saúde, o traslado do módulo 4 á enfermería, afecta tamén ao acceso das comunicacións. A enfermería é coma se fora un módulo máis, e as persoas que se atopan alí, tamén teñen dereito ás comunicacións, só que vai depender do seu estado de saúde, e que cambia o día para as comunicacións.

Ata agora as comunicacións no módulo 4 de Brians 2 eran os Sábados pola tarde. Despois de falar coa prisión, informáronnos que as persoas presas en enfermería comunican os venres pola tarde, nos mesmos horarios que o facía o módulo 4 (ás 15:10, ás 16:45 e ás 18:10).

Amadeu segue en folga de fame, segue en prisión, e non hai espectativas de mudanza favorable á vista, polo que a súa situación é máis preocupante se cabe. En canto teñamos coñecemento directo do seu actual estado de saúde, seguiremos informando.

Presos em Luta (Motín de Caxias)

Published in

imagem.jpg
Unhas compas portuguesas acaban de editar unha atractiva publicación en formato periódico, para relatar as agitaçoes nos cárceres portugueses entre 1994 e 1996, é gratuito e podedes conseguir os números que precisedes na Cova dos Ratos de Vigo r/Romil,3.

O motivo de facelo agora é que está sendo o xuizo contra os chamados 25 de Caxias, a próxima sesión será o 20 de maio.

Na web de http://presosemluta.tk/ podes ler toda a información ao respecto.

Intento de assalto a o programa de Pinheiro na TVG em solidariedade com Amadeu Casellas e Antonio Porto


Segundo um comunicado publicado na página alternativa de informaçom Klinamen.org e um comentário posterior:

http://www.klinamen.org/article6297.html
Comunicado e comentarios traduzidos:

Comunicado:

Em passado Joves 7 de maio um grupo de 10 anarquistas deslocalizou-se ao plato de televisom donde rodam o programa "acompañanos" em Vigo, apresentado polo senhor Pinheiro, para intentar assalta-lo ao vivo com faixas e cartazes com proclamas pola liberdade dos presos em folga de fame Amadeu Casellas e Antonio Porto, e pola destruiçom dos cárceres.

O programa é o típico reality-show nojento e soez. A intervençom das companheiras foi breve (apenas veu-se um anaco da faixa) mais suficinte para que ipso facto cortaram o programa no momento em que chegara a estrela invitada (Boris Izaguirre). Rápidamente forom neutralizadas e expulsas do plato. Mas o apresentador tivo que dar umha explicaçom informando da situaçom dos presos em folga de fame, e como nom, fazendo referência de que encarapuçadas nom se vai a nengures.

Por desgraça nom se rompeu de todo o silêncio dos médios de desinformaçom, pero quanto menos intentarom-no.

Comentário posterior:

Distribuir contenido