RGNSV

[Morrazo] O novo centro social do Salgueirón resiste a desaloxo violento


Hoxe martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo.

Intentaron entrar pola forza, arrancando a pechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando.

Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello limitáronse a merodear polos arredores da casa. Nese momento aproveitamos para comunicarlles os motivos polos que estamos aí como protesta contra a especulación nos terreos das antigas fábricas de Massó e lembrarlles o artigo 10º da Constitución española e o artigo 7º do Código Penal. Así mesmo se colgou un par de faixas e se pegou na porta da entrada unha advertencia legal.
Con este novo centro solcial reivindícase un uso social do Salgueirón e que loite ó mesmo tempo contra a especulación inmobiliaria da promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.

Contra o Capital e o seu Progreso


Manifestación de GZNSV en Compostela o 21 de marzo, ás 12 horas

O vindeiro domingo 21 de marzo, os colectivos que conforman a rede Galiza Non Se Vende convocan a manifestación anual en defensa do territorio. Será en Compostela, ás 12 horas, na Alameda.

Dende unha perspectiva libertaria, a defensa do territorio, e a defensa das persoas que o habitan, representa unha loita fundamental e inaprazabre. A destrucción do territorio e os ataques á natureza continúan baixo governos da dereita e da esquerda, polo que compre xuntar as nosas forzas ás da xente que tenta combater en contra deles baixo moi diversos pontos de vista. Pola nosa parte, entendemos que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementista son necesarias para enfrontar o conxunto das agresións, e pensamos que a autoxestión das loitas e o asamblearismo son tamén imprescindibles para levar adiante esa loita.

[Ferrol] Dous anos pola demolizón de Reganosa


De reganosademolizon.org

Hai dous anos que abrimos este blogue para contribuír ao movemento de oposición á Planta de Gas de Reganosa. Dende entón, varias veces se nos ten preguntado que onde estabamos nós cando comezaron os protestos. A resposta é sinxela. Estabamos organizando-nós.

Cando no 2000 comezaron os protestos, Unión Libertaria non existía como tal, a CNT perdeu a súa actividade na comarca alá polos oitenta, e non se refundou ate o ano 2006. Sen embargo, @s que ate hoxe nos identificamos có lema “ Reganosa Demolizón” estabamos xa presentes nas convocatorias do comité.

Unión Libertaria apareceu en escena aló polo 2002, e sempre manifestou o interese por esta loita, de feito, xa se falou do tema nas III Xornadas Libertarias que se celebraron en 2004, nas que estivo presente o comité, e moitas outras organizacións. O tema da especulación, inmobiliaria e industrial, e mailo seu impacto na nosa comarca xa é recorrente nas xornadas libertarias que se veñen celebrando dende entón.No Marea Negra, xornal bimensual anarquista, viñamo-nós facendo eco dos momentos da loita. Hai unha colección completa de Mareas Negras no Espazo Libertario para quen a desexe ou queira corroborá-lo.

[Ferrol] Alí estivemos unha volta máis…


Unha volta máis, e baixo o lema ” O negocio do gas apesta”, as xentes que berramos pola demolizón de Reganosa, manifestamo-nós o 5 de Xuño, dia mundial do meio ambiente, polas rúas de Ferrol á carón da Rede Galiza Non Se Vende para denunciar o inmoral negocio do gas e maila destrucción do litoral, así como para amosá-la nosa repulsa á planta regasificadora instalada no interior da Ría.

O roteiro, que aglutinou arredor de trescentas persoas, percorreu as distintas entidades que participan deste noxento consorcio ( Xunta de Galicia, Unión Fenosa, Gadis, Caixa Galicia, Caixa Nova e Banco Pastor) para rematar fronte ao edificio da Autoridade Portuaria no peirao de Curuxeiras, días despois de que se anunciase o posible nomeamento de Francisco Silva Castaño (Director Xeral de Forestal del Atlántico) como Presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

Galiza non se vende: escapando das redes do Poder.


cartaz_gnsv.jpgO pasado domingo 15 de febreiro entre 3.000 e 5.000 persoas manifestámonos en Compostela baixo o lema “Goberne quen goberne, Galiza non se vende”.

Aínda que, en comparación con convocatorias anteriores, a participación non foi todo o nutrida que puidese esperarse, isto podería considerarse un síntoma de saúde do movemento.

Botando a vista atrás, o único precedente que podemos atopar de desencanto popular demostrado na rúa en plena campaña electoral foi aquel triste e tenso 13 de marzo no que por todo o territorio do Estado a xente se concentrou contra as manipulacións do goberno Aznar. En Ferrol aínda se recordan os berros de “Fóra, fóra” que rexeitaron a presenza policial naquela noite con peste a golpe de Estado, ao igual que lembramos a desafortunada actuación de quen agora é destacada representante do Comité Cidadán de Emerxencia empregando o megáfono de Unión Libertaria para chamar á desmobilización en nome da sagrada cita coas furnas ao día seguinte.

O Internet, os SMS nos móbiles e o boca a boca foron quén de supera-las trabas que tantas veces antes opuxeran os participantes na farsa electoral á exteriorización do desencanto, da indignación, do cabreo dos que outra volta terían que pasar por parvos. Mesmo en plena efervescencia do “Nunca máis” (bonita esperanza traizoada) o risco de ser acusados de “batasunización” fixo que os de “hai que botalos, tedes que votarnos” dosificasen con avaricia as manifestacións.

Que agora os afectados polo desprezo que teñen o Poder e o Capital pola vida das xentes e o noso patrimonio común cheguen á rúa a dúas semanas das eleccións é un logro: a infiltración na rede non acadou o nivel suficiente para pararnos.

Mesmo a presenza de políticos profesionais (concelleiros, candidatos en campaña...) detrás dalgunhas faixas, por máis que emporque a natureza da convocatoria, non deixa de indicar que imos polo bo camiño: “ladran, logo cabalgamos”.

Vídeo da mani de RGNSV - Reganosa Demolizon


Velaí vai o vídeo de Reganosa Demolizon da mani de Galiza Non Se Vende do domingo pasado.

Distribuir contenido