okupación
Comunicado en apoio ao CSO Casa das Atochas
Enviado por Visita el Mar, 04/12/2011 - 17:34.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Dende o colectivo libertario Coordenada 0º0’0″ queremos manifesta-la nosa solidariedade con todos aqueles que levan adiante o traballo no CSO Casa das Atochas, da Coruña, ante o desaloxo sufrido.
[A Coruña] Desaloxada a Casa das Atochas
Enviado por Visita el Mar, 04/12/2011 - 17:13.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Data: martes 12 de abril
Hora: 20.00 horas
Espazo: Obelisco
CONCENTRACIÓN/CACEROLADA
Data: sábado 16 de abril
Hora: 18.00 horas
Espazo: Campo da leña
MANIFESTACIÓN en repulsa do acontecido hoxe.
A Coruña, 12 de abril de 2011
enlace vídeo: http://vimeo.com/22285431
Está mañá ás sete horas varias unidades de U.I.P. antidisturbios e G.O.E.S. procederon ao desaloxo da Casa das Atochas. No tellado da mesma permaneceron dúas persoas resistindo ata aproximadamente ás oito e media, momento no que as unidades policiais chegaron ata onde estaban e as sacaron do edificio. Foron identificadas mais non detidas. Agora mesmo están a tirar os tellados da Casa, quitando os cristais das xanelas, etc., sen que exista unha orde de derrubo aprobada polo Concello nin protección algunha para os obreiros que están a facer o sucio traballo (retirada da uralita). Esta tarde ás 20.00 horas convocamos unha CONCENTRACIÓN NO OBELISCO. Ademais o SÁBADO 16 de abril a partir das 18.00 horas sairemos en MANIFESTACIÓN dende o Campo da leña. Un desaloxo, outra okupación! Dez, cen, mil centros sociais!
[Vídeo] A Cultura Preo(k)upa
Enviado por galizalibertaria el Vie, 04/01/2011 - 15:27.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Tirado de galizacontrainfo.org:
Reportaxe realizada polo colectivo audiovisual Olholivre, que trata sobre o proceso de colectivizacion dun espazo abandonado no barrio de Monte Alto (A Coruña/Galiza) en marzo de 2008. Durante 3 semanas un amplo e variado grupo de persoas dinamizaron unha casa abandonada, desenvolvendo numerosas actividades culturais e de pensamento crítico, xirando en torno ó cuestionamento dos procesos especulativos e novas formas de expresión política. Posteriormente este espazo conformouse nun centro social autoxestionado chamado A casa das Atochas.
Orde de desaloxo decretada contra a Casa das Atochas
Enviado por Visita el Mar, 03/22/2011 - 19:22.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Ola,
xa está en curso (a partir de mañá mércores 23 de marzo) a medida cautelar (orde de desaloxo) decretada contra a Casa das Atochas. Nunha decisión, dende unha perspectiva legal, polémica -semella que o ideolóxico e o técnico van desligados-, a xuíza do xulgado número 5 de instrucción da Coruña decidiu non ter en conta o escrito de Nulidade de actuación presentado, onde se amosa o abuso de dereito perpetrado pola mesma xuíza.
A Casa das Atochas, xurdida no ano 2008, hai agora máis de 3 anos, como un espazo aberto, un lugar liberado onde conviven acción e reflexión, capaz de enfrontarse con decisión aos valores e feitos que desembocaron na grave crise socioeconómica e política que hoxe domina a sociedade, está pois en perigo de desaparición.
Pese a todo, decidimos manter a actividade mañá mércores día 23 de marzo do xantador popular e a jam-session previstas, agora trasladadas ao exterior para facer visible a nova situación plantexada.
Estades tod@s convidados a este exercicio de desobediencia e celebración doutro tipo de sociedade.
Os nosos soños son os seus pesadelos
A Casa das Atochas non se desaloxa
Contra o desaloxo da Casa das Atochas
Enviado por galizalibertaria el Lun, 11/29/2010 - 22:06.
A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.
Atentxs, pois seguiremos informando
Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!
[Compostela] info detençons na manifestaçom pro-okupaçom + video-crónica
Enviado por Visita el Lun, 01/18/2010 - 16:30.As dúas pessoas que forom detidas estám já em liberdade e com cargos.
Vídeo-crónica da manifestaçom:
http://gzvideos.info/manifestacom-pola-okupacom-em-compostela/
A primeira pessoa foi detida antes do começo da manifestaçom, aproximadamente sobre as 17:30, e foi liberada o mesmo día à tardinha. Outra pessoa foi detida ao rematar o roteiro que percorreu o bairro da Almáciga.
Já dissolta a manifestaçom, os policías dirigírom-se violentamente a um home para identifica-lo. Ante a pregunta das razons para tal actuaçom, iniciou-se um forcexeo que rematou co home nos calabozos ata hoxe (luns 18) a média manhá. Momento no que foi posto por fim a dispossiçom judicial para depois ser posto em liberdade com cargos.
CONTRA A REPRESSOM,
SOLIDARIEDADE E APOIO MÚTUO
TOCAM A UMHA,
TOCAM-NOS A TOD(A)S
NOM NOS CALARÁM
NOM NOS PARARÁM
+info noutros médios de contrainformaçom:
http://galizalibertaria.org/node/322
http://www.alasbarricadas.org/noticias/?q=node/12699
http://www.kaosenlared.net/noticia/compostela-ocupada-policias-espanhois...
nos médios do sistema:
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/17/0003_8232954.htm
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Despliegue/policial/centro/histor...
convocatória da manifestaçom:
[Compostela] Cidade ocupada por polícias para evitar manifestaçom pro-okupaçom
Enviado por anarquista anónimo el Lun, 01/18/2010 - 12:13.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Tirado de alasbarricadas.org:
A enésima actuaçom repressiva contra a histórica casa okupa compostelana, cujas instalaçons fôrom tapiadas após o despejo dos okupantes no passado dia 29 de Dezembro, provocou ontem umha resposta mobilizadora de quase umha centena de vizinhos e vizinhas de Compostela.
Como é habitual na capital da Galiza, nomeadamente em Ano Santo como este, a presença de fardados armados era irrespirável. A Polícia de choque realizou identificaçons em massa dos e das participantes, que protestárom pola falta de liberdades civis que denota a reposta policial à legítima mobilizaçom das pessoas expulsas da Casa Encantada. Provavelmente as identificaçons darám passagem a denúncias selectivas contra participantes na manifestaçom, como é habitual que aconteça nestes casos.
Por que okupamos?
Enviado por Visita el Lun, 01/11/2010 - 22:10.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
[MANIFESTACIÓN POLA OKUPACIÓN O SÁBADO 16 DE XANEIRO ÁS 17:00 NA PRAZA DO PAN (CERVANTES)]
Non rematamos de atopar-lle o sentido. A lei ampara a quen ten unha casa que non usa, a quen cobra un “salário” por facer nada (só por “deixar” a alguén vivir nela). Mentres que outra xente pasa a vida traballando para poder pagar-se un sítio onde vivir.
Isto non é “un dereito”. É un privilexio de uns sobre outr@s.
Vivimos nun mundo que se rixe por unhas regras absurdas que rara vez nos cuestionamos, e cando o facemos non é mais que de xeito autocompasivo e pasaxeiro. Esas regras e leis, protexidas tanto polas armas da policía como pola “opinión pública” que xeneran os periódicos; impiden que tomemos as rendas das nosas vidas, e fannos dependentes dun sistema que nos absorbe cada día. Un sistema que separa ás persoas e as obriga a competir entre si, ao mesmo tempo que as volve mais dependentes.
Non dependentes dos demais, senón do diñeiro. Dependentes da nosa propia soidade.














