CNT

Aberto conflito sindical coa Sala Nasa

Published in

A Sala Nasa era unha sala de concertos e teatro xestionada pola flor e nata dos “progres” compostelanos, que pechou a comezos do verán deixando na rúa a nove traballadores e traballadoras.

Do ñ ao nh: curso de iniciación ao Portugués

Published in

A CNT de Compostela celebrará nos vindeiros dous meses un curso de iniciación ao Portugués baixo o título Do ñ ao nh. As aulas serán ministradas polo compañeiro Alberte de Esteban, agás a primeira na que contaremos con Valentim Fagim, presidente de AGAL (Associaçom Galega da Lingua), e darán comezo este xoves dia 9 de Xuño, terán lugar no local da CNT de Compostela, na Rua Garcia Prieto, 24-28, e serán todos os xoves às oito da tarde. O curso é aberto tanto a persoas filiadas à CNT como a calquera outra que teña interese, e oferta-se de balde.

Constituida Sección Sindical de CNT en Coremain

Published in

A CNT ven de constituir unha Sección Sindical na oficina central que a empresa de servizos de tecnoloxia e da comunicación, Coremain, ten no Parque Empresarial Costa Vella de Compostela.

A Sección nace coa vontade de asentar na empresa unha alternativa sindical independente e asemblearia aberta a todos os traballadores e traballadoras e de servir de vehículo de denuncia da precariedade laboral que existe tanto nesta empresa como no sector das Consultorias.

Maycar & Caffellatte: explota, despide e non paga

Published in

A Cafetería Maycar & Caffelatte despediu o 27 de Abril a un compañeiro deste sindicato despois de aplicar durante 6 meses a sua “exemplar política de persoal”. O proceso que o indivíduo dono desta cafetaria, tamén dono da cafetaria L'incontro, segue para impoñer as condicións laborais no seu local é o seguinte:

[Ferrol] A CNT protesta por ataques á libertade sindical


O pasado 27 de xaneiro, no marco da folga xeral convocada contra os recortes sociais do goberno do PSOE, un piquete da CNT concentrouse na porta principal do estaleiro Navantia para repartir información aos traballadores e traballadoras arredor dos motivos da folga.

Cando o secretario de propaganda do sindicato, R. López, facía tomas de video da actividade da militancia da CNT, foi abordado por un dos integrantes do operativo policial que custodiaba a porta do estaleiro; o axente da policía pediulle que se identificase.

Semáns despois, este afiliado á CNT ficou sorprendido coa citación do xulgado de Ferrol para un xuízo de faltas, por un suposto delito de desobediencia á autoridade.

O xuízo tivo lugar na mañá do día de hoxe, 3 de maio, e nel os dous axentes denunciantes tentaron ligar o que son actividades normales do sindicato (o reparto de información polo piquete e a grabación de imaxes desta actividade por parte do secretario de propaganda da CNT) cunha fabulosa conspiración, segundo a cal as imaxes grabadas polo sindicato virían servir para non se sabe moi ben que tipo de actividades delictivas.

[CNT] Crónica do 1º de Maio en Ferrol


De cntgaliza.org:

Un ano máis a CNT Galaica participou no 1 de Maio. Arredor de 300 traballadores e traballadoras, participaron na manifestación organizada pola CNT que percorreu as rúas da cidade de Ferrol entre as 12:30 e as 14:00 horas.

A marcha contou cunha constante e esaxerada vixilancia policial que seguiu á manifestación en todo momento.

Tras percorrer os principais bairros obreiros da cidade berrando consignas contra o pacto social e o sindicalismo amarelo que padecemos, celebrouse un mitin na avenida de Esteiro. Nel falou a secretaria xeral da CNT-Galiza, un compañeiro da sección sindical forestal, que repasou a situación do sector na Galiza; un compañeiro de Betanzos, que nos falou da necesidade da organización como ferramenta para a loita e un compañeiro de Ferrol, que pechou [maio] o acto cun emocionanante discurso que finalizou entre aplausos e vivas á loita obreira.

Finalmente disfrutamos dunha estupenda comida ao aire libre no barrio de Esteiro.

[Vídeo] Xunta de Galicia: STOP Despedimentos, STOP Privatización !


Vídeo da Campaña contra a privatización e mailos despedimentos na Xunta de Galicia. A administración prefire subcontratar empresas no canto de ofertar prazas de funcionari@s, o cal supón un enorme gasto de fondos públicos para engorde de empresas "amigas" ( chiringuitos) e unha clara cesión ilegal de traballadores/as por parte de estas.

Cando @s traballadores deciden reclamar o seu, á Xunta de Galicia reacciona acosando e despedindo a través de estas empresas. Este é o caso de catro compañeir@s que foron despedid@s por denunciar esta cesión ilegal por parte das empresas Tragsatec e Tecnocom.

Esta situación de subcontratación ilegal repitese en todas as administracións do estado español, mantendo actualmente a CNT conflictos por esta circunstancia na Xunta de Galicia, no servizo rioxano de saúde e máis no Departament de Territori de la Generalitat catalana.

Máis info en:

- www.youtube.com/solidariedadeobreira
- www.cntgaliza.org

Concentracións na Galiza contra os despedimentos nas subcontratas da Xunta

Published in

Este martes 23 de Febreiro a CNT da Galiza saiu à rua a reclamar o fin das subcontratacións ilegais que practica abundantemente a Xunta de Galiza en todas as suas consellarias, e mais inmediata a readmisión nos seus postos de traballo dos traballadores afiliados à CNT subcontratados durante anos nas empresas Tecnocom e Tragsatec e despedidos por denunciar a situación de cesión ilegal na que se atopaban. Celebraron-se concentracións nos edifícios centrais da Xunta de San Caetano (Compostela) e nas delegacións de Monelos na Coruña, de Ferrol e Vigo.

Distribuir contenido