copyleft

Porno en galego - a merda en galego non me sabe mellor


Doutrina sexual, pura ideoloxía que non é máis que un regodeo nos nosos propios complexos e inseguridades, e que como produto de difusión masiva contribúe a mantelos. Espectáculo, representación que nos alonxa da realidade. Iso si, "copyleft" e "en galego".

Ven de saír o guión dunha próxima producción de cine "X" en galego.

Da entrevista en Galicia Hoxe a un dos artífices do proxecto (http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=5...)

"o achegamento a un porno non sexista ou, o que é o mesmo, a fuxida do falocentrismo, non pasa por evitar unha exaculación na cara de actriz, ou non necesariamente, senón por estabelecer un vínculo claro entre esa exaculación e as apetencias sexuais da rapaza, non do iberismo cavernícola do tipo. (...) A liberación sexual, e esta é a miña opinión persoal, vai en función da capacidade para decidir por un ou unha mesma, e non en función de que decisións se tomen, pois non hai unhas posicións ou actitudes boas e outras malas. Á brava: unha muller non é máis libre por rexeitar mil pretendentes ca por facer dous bukkakes semanais."

Nin por facer un gangbang diario, nin por lamber esperma colectivo do chan, nin por penetrar un feixe de homes e mulleres cun arnés con forma de pene, nin por ser sodomizada atada a catro patas..."

GnuLix, GNU/Linux galego para activistas nun cd vivo


Xa queda pouco para velo sair do forno. Quentiño dende o Gnul Hacklab, está pensado para traballar en cd vivo en máquinas de baixos/medios recursos mais coas ferramentas necesarias para traballar en rede e para a edición de imaxe, son e video.

Podedes ollar un adianto....

Distribuir contenido