Pra temas novos Galiza sXXI.ou comentarios, tanto ten.


Suficientemente clarexador as exposicións eiqui verquidas sobre varias das cuestións que eu crein xa superadas no debate libertario, mais contamínanse de novo ao ligarse cos nacionalismos máis rancios das ultradereitas e as pullas persoais que non van a ningures.

O pobo ten todo o dereito a defender o seu ser . Os movementos de liberación nacional loitan e téñen demostrada a súa valía, tamen os movementos de liberación animal e pola defensa da terra; se a opresión de calquer home, de calquer pobo, é a nósa ; se a defensa da natureza e de tódolos seres é a nosa, e por iso que os anarquistas deben xuntarse en ocasións, ou alomenos, non estar de fronte e a greña con estas organizacións e axudándose no que for de xeito recíproco que non sempre é asi, e cada ún no seu sitio; co mesmo espíritu con outras liñhas da esquerda revolucionaria , perigosas as veces na súa defensa dun estado e de comités centrais; sería desexable que se contaxien un pouco coa nosa idea libertaria e nos aprendamos algo tamen diles ...sempre cun plus de desconfianza que non ven mal a ninguén. ainda ten habido e haberá traicións e delacións. Características dos anarquistas como o recelo e a desligazón de estructuras e asociacións fixas e permanentes non son negativas senon un punto ao noso favor e a solución de continuidade nesta batalla “perdida” pola liberdade sen máis.

A cuestión eu non a plantexaría se hay poucos ou moitos nucleos libertarios consolidados, -teño a certeza de que máis que U.L- e dende logo moitas persoas de tódalas idades que non ouviron xamais “a las barricadas” son anarquistas pola súa forma de pensar e vivir, nin as formas de organizarmos hoxe y eiquí, (ainda que sexa interesante) senón como actualizar y espallar as ideas libertarias pra que prendan na poboación; cando sexamos centos de miles os que creamos na anarquía a ben seguro xa xurdirán miles de formas de organizarse.

E persoalmente o galego paréceme máis completo e armónico que o castelan e outras poucas lingoas que coñezo escasamente, quen o descoñeza ou non o quera empregar que se foda.

Será que lle quero ao terruño..