Maycar & Caffellatte: explota, despide e non paga

Published in

laboral

A Cafetería Maycar & Caffelatte despediu o 27 de Abril a un compañeiro deste sindicato despois de aplicar durante 6 meses a sua “exemplar política de persoal”. O proceso que o indivíduo dono desta cafetaria, tamén dono da cafetaria L'incontro, segue para impoñer as condicións laborais no seu local é o seguinte:

- Se lle pago o tempo que realmente traballa, terei menos beneficios eu? SI, logo non lle vou pagar as horas extras

- Se lle dou vacacións, non vai traballar, pero si cobrar, compensa-me? NON, pois non lle dou vacacións.

- Traballa de noite? SI, a hora noctura paga-se a maior prezo que a ordinária? SI, logo non llo dicimos a ninguén e pagamos-lle menos, que só está un pouco oscuriño.

- Se lle dou media hora para comer, vai traballar esa media hora? NON, pois está ben mantido, que aguante as suas 10 horiñas sen probar bocado.

Despois de realizar unha xornada laboral de 10 horas diárias de luns a sábado, despois de non ver un can do que lle corresponde por horas extraordinárias e nocturnas, despois de non disfrutar vacacións, en definitiva, despois de todas estas aldraxes á dignidade e aos direitos do noso compañeiro, a cafetaria Maycar despide-o e decide non pagar-lle o que corresponde legalmente.

Pero en todo o razoamento que o indivíduo dono destas cafetarias existe un problema. Non pensou que fose dar coa CNT, porque coa CNT non se xoga, porque se tocan a un compañeiro tocan-nos a toda a CNT, porque non imos permitir unha agresión máis aos direitos do noso compañeiro.

Primeira concentración na cafetaria Maycar

Nesta mañá de venres tivo lugar a primeira concentración nas portas da Cafetaria Maycar, rexentada polo empresário Enrique, empresário que gosta de obrigar a realizar e non pagar as horas extras aos seus traballadores, non pagar as horas nocturnas, realizar contratos fraudulentos e ainda despedir cando e como lle peta sen pagar nen o mínimo que dita a decéncia do ser humano.

Isto é o que aconteceu cun afiliado da CNT, que farto de realizar xornadas de até 60 horas semanais, de facer quendas de dez horas sen descanso para comer, de que non se lle pagasen as horas nocturnas, atopou-se cun despedimento por baixo rendemento e ao mesmo tempo o improcedente recoñecido para que non puidese reclamar. Pero o empresário da Cafetaria Maycar non estaba contento, e ainda tivo que se negar a lle pagar a última nómina completa e as vacacións que non lle dera tempo a desfrutar.

Logo de se negar a falar con nós, esta mañá o empresário da Cafetaria Maycar, que lle adebeda 13.800 euros ao traballador, tivo a cara dura de ofrecer 1.100. É lóxico que decidiramos pasar a realizar a primeira concentración nas suas portas, primeira de todas as que virán até que o empresário da Cafetaria Maycar pague até o último céntimo que lle adebeda ao noso compañeiro.

Unha vez mais nas portas do Maycar

Unha vez un piquete da CNT se concentraba nas portas da cafetaria Maycar & Cafellatte para exixir o pago íntegro dos 13.700 euros que o empresário desta cafetaria lle adebeda a un afiliado deste sindicato, despedido a finais de abril sen recebir a última nómina, as vacacións, a indemnización por despedimento nen os mais de 7.000 euros de horas extras.

Unha vez mais permanecimos, faixa e megáfono en man, informando à clientela desta cafetaria das prácticas anti-obreiras do seu dono até que conseguimos deixá-la baleira e sen clientes nas suas instalacións.

Desde a CNT continuaremos a realizar todas as accións que consideremos oportunas até que o noso compañeiro reciba as cantidades que por lei lle corresponden.

Nova concentración na cafetaria Maycar & Caffellatte

O pasado venres pre-eleitoral, un piquete da CNT volvia realizar unha concentración nas portas da cafetaria Maycar & Cafellatte para exixir o pago íntegro dos 13.700 euros que o empresário desta cafetaria lle adebeda a un afiliado deste sindicato, despedido a finais de abril sen recebir a última nómina, as vacacións, a indemnización por despedimento nen os mais de 7.000 euros de horas extras.

Unha vez mais permanecimos, faixa e megáfono en man, informando à clientela desta cafetaria das prácticas anti-obreiras do seu dono até que conseguimos deixá-la baleira e sen clientes nas suas instalacións. Unha vez máis o empresário contou coa axuda de até oito polícias, anque non impediron a concentración que estabamos a realizar.

Desde a CNT continuaremos a realizar todas as accións que consideremos oportunas até que o noso compañeiro reciba as cantidades que por lei lle corresponden.

Duas novas concentracións nas cafetarias Maycar & Caffellatte

Na tarde do pasado xoves 26 de Maio e na mañá deste venres 27, a CNT de Compostela levou a cabo duas novas concentracións nas portas das cafetarias que o empresário Enrique Pazos rexenta en Compostela para exixir o pago íntegro dos mais de 13.000 euros que lle adebeda a un compañeiro deste sindicato, despois de apenas ter traballado seis meses na cafetaria Maycar e te-lo despedido inxustificamente.

A primeira das concentracións tivo lugar na cafetaria L'Incontro, e a segunda delas na cafetaria Maycar.

Finalizado o conflito con Maycar & CAffellatte

Despois de case catro meses de conflito sindical desde a CNT de Compostela damos por rematado o mesmo logo de ter chegado a un acordo entre a empresa, o traballador e o sindicato. O inicio do conflito tivo lugar debido a diversos incluprimentos laborais na cafetaría Maycar e o posterior despido dun compañeiro da CNT na mesma cafetaria.

Despois de meses de conflito nos que o sindicato levou a cabo diversas actuacións sindicais reclamando os direitos do noso compañeiro, o empresario de Maycar & Caffellatte aceptou practicamente a totalidade das nosas reivindicacións e chegou a un acordo co traballador, acordo que o noso compañeiro considera favorábel e suficiente para por fin ao conflito.

Desde a CNT de Compostela valoramos positivamente este acordo, e lembramos ao empresariado da hostelaria compostelá que non deixaremos de denunciar todas as vulneracións que se cometan contra os traballadores e as traballadoras do sector.

Opciones de visualización de comentarios

Seleccione la forma que prefiera para mostrar los comentarios y haga clic en «Guardar las opciones» para activar los cambios.