Anarquismo, Galiza, século XXI
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Penso que hai un debate pendente sobre a alternativa que os libertarios e libertarias (en sentido amplo, naturalmente), presentamos á cidadanía da Galiza neste momento que nos tocou vivir.
Cada vez máis xente se vai decatando que o sistema de representación é realmente un método para a suplantación da vontadade popular pola vontade das elites que teñen o poder económico e político. Mais esa constatación non remata por converxer nun movemento social que presente unha alternativa creíble e consistente á chamada democracia parlamentaria.
Teño para min que o anarquismo representa unha alternativa coherente a ese modelo social capitalista. E penso que a autoxestión das loitas é o mellor camiño para conformar un contrapoder popular que se vaia consolidando como unha alternativa ao modelo existente. Mais está claro que o anarquismo non remata de callar na poboación nin tan sequera chega a presentarse como unha alternativa á que se poidan achegar outros movementos sociais.
Ás veces parecemos un pouco preguizosos á hora de expoñer as alterntivas que propoñemos no eido sindical, ecolóxico ou social, e limitámonos a repetir consignas e frases feitas, que poden servir para a esgrima dialéctica, mais non rematan de funcionar á hora de convencer á cidadanía para participar no noso proxecto.
No eido organizativo tampouco parece que haxa o menor esforzo por meditar sobre os modelos de organización que poden servir para conseguir cambios sociais significativos, nin sobre as relacións que libertarios e libertarias debemos manter cos movementos sociais existentes.
Nas relacións con outras forzas sociais da esquerda non libertaria normalmente predomina a competitividade máis que o diálogo constructivo e a búsqueda de espazos de confluencia, dando por sentado que nós sempre levamos a razón e somos bós mentres os outros sempre están equivocados e traballan con mala fé.
Penso que pararnos a pensar un pouco nestes e outros temas, e debatilos con serenidade e sentido constructivo pode ser un interesante ponto de partida para traballar sobre bases máis firmes e dar pequenos pasos cara un futuro máis xusto e igualitario.
Apertas.
eliseo















Certamente, temos que pensar
Certamente, temos que pensar nos nosos propios pasos. Mais o certo é que na actualidade non somos quen de ter nen tan sequera espazos comúns de debate. Quizáis este espazo pode ser un bo comezo, sempre e cando non se comece co anonimato, as descalificacións e as medias verdades, que son sempre as peores mentiras.
Hoxe mesmo apareceu no portal galizalivre.org unha traducción dun texto de Federica Montseny, do seu viaxe pola Galicia. Esa corrente que acusan de "anarquizante" dentro do independentismo parece ter un interese real polo que facemos... movementos como os de Galiza Non se Vende, sen siglas e ca participación directa dos afectados crean unha nova forma de entender a acción social asemblearia.
O futuro será o que nós queramos que sexa. Depende de nós, xa que se pensamos co inimigo é todopoderoso posíbelmente caiamos en vicios grupais e sectarios. Todxs xs que estamos "cremos" na revolución, ou nos conformamos con cambios pequenos, con pequenas conquistas e con deitarnos ca mente menos enferma?
Escrebo por debater un pouco, simplemente...
OR-GA-NI-ZA-CION !
Para min é obvio que precisamos unha maior coordinación e organización do movimento libertario galego. Con Galiza Non Se Vende estamos a perder unha ocasión estupenda de ofertar unha perspectiva libertaria, de ecoloxismo social, por non estar simplesmente un pouco máis coordinad@s e, sobre todo, por seren moi poucos os colectivos libertarios formais que hai na actualidade.
Penso que @s libertari@s galeg@s deberamos ter sido capaces de artellar un bloco "abstencionista" na última mani da rede, era o momento idóneo máis, dende logo, agora mesmo non se dan as condicións precisas. Nas nosas mans está traballar na posta en común para non desaproveitar futuras, e seguras, ocasións de fazé-lo e afortalá-lo movimento libertario. A exepriencia nos demostra que, se nos xuntamos, xa non semellamos " tan pouc@s" e a nosa mensaxe se capta claramente. Valgan como exemplo a mani libertaria contra a cimeira de ministros de interior e xustiza en compostela, ou os blocos libertarios nas manis de nunca máis...
Non me parece un problema que
Non me parece un problema que a día de hoxe sexan poucos os colectivos libertarios, cando creanse dinámicas asociativas de base e asembleares - autónomas - con reivindicacións concretas; evidentemente moitas delas teñen un compoñente "nacionalista de esquerdas", identitario, que no momento actual identifícase máis ca defensa do territorio que co Estado galego. Nese sentido, compre entender co fundamental, para min, non é crear grandes blocos nen convocatorias libertarias, senón transformar as dinámicas asociativas participando na base. Outra cousa é que sí concordo contigo é que precisamos madurar a situación para ser máis visíbeis. Tempo ao tempo...
Penso que Galiza Non se Vende non pode ser entendida como unha "oportunidade", senón como un conflicto aberto en toda a Galiza, en pequenos focos. Non é tanto pedir a abstención - xa que penso que é nestes momentos o Partido máis votado - como activala e concienciala, movilizala. Nese sentido, penso co fundamental, o xérmolo das loitas, o podemos encontrar en GNSV e noutros movementos parecidos do País, vaian a votar o vindeiro 1-M ou non.
Digo eu
Bom, companheiro Eliseo, eu acredito ainda na organização dos e das anarquistas no sentido de construir alternativas viaveis e ao tempo de resistir aos embates do capital, fase na que semelha o anarquismo tem ficado estanco, e talvez não soubo ou pudo dar o passo para a esse sentido construtivo.
Mas penso que desde há anos asentou-se uma forma de movimento que resposta aos supostos anarquistas de organização, se definam assí ou não. Fai-se evidente que mesmo lutas como o ecologismo ou as lutas de libertação sexual são lutas encetadas pelo anarquismo, e o facto de estas calhar em grupos sociais do mais diverso já e um exito do anarquismo. Tambem cá está uma grande falha dos e das anarquistas, o facto de não ter podido influir no devir dests lutas cara a um sentido mais radical, como levamos visto o vaziamento de conteúdo de muitas destas lutas, e a sua recuperação efetiva pelo poder em distintas formas. Lá e onde eu discrepo com vós, compas ferrolanos, ante derivas como GNSV (despojada de sentido e carga anti-política, salvando poucas excepções, desde há um ano).
Entendo que a organização libertária na Galiza está numa fasse compleja e podemos dizer bífida. Uma das correntes é a anarco-sindical, que acho que foi quem de superar momentos duros por diversos motivos e vejo feliz como a CNT aumenta o seu potencial de efetividade laboral, presente em mais sectores e conflitos (nos que cada vez se acadam resultados mais favoraveis), ao tempo que se extende a actividade em asuntos que não podem ficar de lado pela CNT, como é o cultural. Vejo tambem como se asentam novos núcleos, e os velhos núcleos vão aos poucos andando uma linha de crescimento.
Pelo outro lado, temos que o movimento anarquista, digamos específico, pouco menos que não existe. Como grupos estaveis, a dia de hoje, entendo que pouco mais do que UL podemos nomear. Devemos analisar as causas desta situação mais pelo miudo, não o farei eu cá, mas darei a ração de mim próprio. Eu, após militar em diversos grupos específicos e de estudantes, vi com claridade que a necesidade mais imediata estava no afortalecemento da CNT, e dado também o passo lôgico de estudante a tempo parcial a trabalhador a tempo completo, aminha situação fizo com que a minha necessidade do sindicato seja maior, ao tempo que a capacidade de militáncia reduzida. Aí outro problema, a falta de gente mais nova. Porque? Qual a nossa culpa?
Em canto a esse certo seitarismo que às vezes se nos imputa, eu não o vejo tão claro, mais diria que o levo padecido ao contrário. Acredito na união com quem nos podamos atopar no caminho, mas desconfio muito de unidades permanentes. Outra coisa muito diferente é que apareçam alternativas desde a basse, mas há ue creá-las e não debaté-las demais. Eu participei nalguma interesante, como a Assembleia de Precári@s, e vejo-as de muito valor. Mas não val pensar que todo val, que todo o mundo é bom, acho que @s anaruistas devemos ser firmes nas nossas posturas e convições, ao tempo que estar aberto a assumir novos pontos de vista. Só é para respostar-lhe à Lucia.Pinheiro, nome suposto de um pequeno personagem que indo de anarquista não hesitava em repartir propaganda da UCE. Não é limpo todo o trigo.
Certamente o simplismo co que
Certamente o simplismo co que se tratan determinados temas da noxo, e precisamente a isto refírome. Agora se queres podes dicer cas persoas que participaron na alternativa á feira do libro forman parte da seita, total, é gratis. Mentres outras persoas intentan eliminar do panorama ao DINA3 - falemos como se debe, e non con mangantadas, xa que non existe peor mentira que medias verdades - outras facedes leña co árbore caido.Así que sigue na túa vitualidade, mais non fai falta que escrebas "@s anarquistas contra o DINA3". Outras xa o vivimos, tranquila na túa casiña.
DINA3
Estou por escreber eu ese artigo "@s anarquistas contra o DINA3"...
Tiven ontes un nas mans e, certamente, non haipor onde collé-lo...
Por mal camiño
Imos por mal camiño se non aproveitamos este espazo para construir en positivo e voltamos por onde sempre, a discutir sobre a pureza e a perfección.
Con sinceridade, non sei o que é o DINA3 nin teño interese en saber moito do tema... E tampouco entendo que beneficio pode representar para todos que vos despelexedes en directo sen un mínimo de argumentos intelixibles, falando dunha historia da que vós sodes os unicos protagonistas. O contrario da acción colectiva son as liortas individuais...
Saúde e cabeciña.
eliseo
Mal camiño o de DINA3
Eliseo, pois en isto non concordo nada contigo.
Hai que saber do que se fala. Xa cho pasarei e logo me contas se non estamos no certo @s que o criticamos.
Pouco se pode construir "en positivo" con quen pon unha (A) na cabeceira e logo fai proselitismo dun suposto "Partido Proletario Revolucionario", sitúa a GB como vítimas do nazifascismo "independentista", emprega argumentacións parapoliciais...
Isto son @s de UCE renovando imaxe, e fazendo-se pasar por anarcocomunistas, porque xa non @s traga ninguén.
Acción colectiva si, pero mirando moi ben con quen.
Quen queira saber o que é DINA3 que mire aquí:
http://www.galiza.indymedia.org/gz/2009/02/18759.shtml
Por certo, foi luciapinheiro quen mentou o DINA3 eiquí, nin eu nin outr@...