Novembro Libertario


Como todos os anos, a caída das follas e os temporais veñen acompañados pola chegada do vento fresco das ideas libertarias á Galiza. Nesta ocasión, o grupo Unión Libertaria e a CNT de Compostela teñen as súas xornadas libertarias na mesma semán, do 22 ao 26 de novembro (aínda que en Ferrol as actividades comezan o día 20). E tamén o Ateneo Libertario Lume Negro fai a súa contribución á difusión das ideas libertarias cunha charla do ICEA (hora e lugar a confirmar) o sábado 27 de novembro).

Entra para mirar os programas das Xornadas.

Programa da IX Xornadas Libertarias de Ferrol

xornadas_2010p.jpgSábado 20 de novembro

Homenaxe ás vítimas do franquismo. Acto poético-músical reivindicativo, ás 12:30 hrs. no antigo cemiterio de Canido.

O resto dos actos serán no Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12,baixo), ás 20:00 horas

Luns 22 de novembro

Palestra "Crise capitalista e alternativa anarquista", a cargo de membros de Unión Libertaria

Martes 23 de novembro

Representación de monicreques "A historia do indio Lautaro". Charla "Análise histórico e situación actual do pobo mapuche", a cargo dun observador da situación mapuche.

Mércores 24 de novembro

Mesa redonda "Okupación vs especulación", con membros dos Centros Sociais "A Casa da Estación" de Pontedeume, "A Casa das Atochas" da Coruña e "O Salgueirón" de Cangas.

Xoves 25 de novembro

Presentación do libro "Caminando hacia el abismo: historia de una generación", coa presencia do autor, José María Botana Cao "Boti".

Venres 26 de novembro

Palestra "Economia e autoxestión", explicando o modelo económico anarquista da man dun integrante do ICEA (Instituto de Ciencias Económicas e da Autoxestión)

Programa das XVIII Xornadas Libertarias en Compostela “Na barricada”

22 - 2ª feira (Luns)

A luta do povo mapuche, com Diego García, do Comité de Apoio ao Povo Mapuche.

23 - 3ª feira (martes)

Massó: cinco anos de luta contra a especulação, com Daniel Blanco e Tiago Pérez, do Foro Social de Cangas.

24 - 4ª feira (mércores)

Não à ofensiva patriarcal: Lei de família, com tres pessoas da Rede Feminista Galega.

25 - 5ª feira (xoves)

Maratona de cinema ateu: 19:30 Richard Dawkins - A raiz de todo mal(2006) 94' / 21:30 Luís Buñuel - Simão do deserto (1965) 43' / 22:30 Terry Jones - O sentido da vida (1983) 103' / 24:30 Larry Charles - Religulous (2008) 101'

26 - 6ª feira (venres)

O capitalismo não está em crise: é assim, com José Luís Velasco, Historiador das doutrinas econômicas.

Máis información en:
www.unionlibertaria.org
www.cntgaliza.org
http://lumenegro.blogspot.com/

Sábado 20 – Homenaxe ás vítimas do franquismo

Baixo un clima desapacible e unha forte choiva celebrouse no antigo cemiterio de Canido o acto previsto cun pequeno discurso en lembranza dos homes e mulleres que deron a súa vida na defensa da liberdade e unha sinxela ofrenda floral aos pes do muro no que sn lembrados .

O vento rebelde e a auga fixeron que o acto fose rematado no noso local da man do poeta Xoan Abeleira que fixo memoria de tantos homes e mulleres que loitaron e defenderon as ideas libertarias e que hoxe son inxustamente esquecidos. Amelia Ónega puxo o broche de ouro coa interpretación de varias pezas musicais da época. Unha comida de confraternización pechou este acto de lembranza e homenaxe.

Coa súa memoria construímos o noso futuro.

Mércores 24 – Okupación vs especulación

Xoves 25 – Caminando hacia el abismo: historia de una generación

Opciones de visualización de comentarios

Seleccione la forma que prefiera para mostrar los comentarios y haga clic en «Guardar las opciones» para activar los cambios.