- [RGNSV] MANIFESTO CONTRA OS LUMES FORESTAIS
- [CNT] FOLGA en SEAGA e MANIFESTACIÓN en Compostela
- El monte bajo quemado en Ourense es el hábitat del águila real y el lobo
- Filtrado un informe de la defensa alemana sobre los peligros del cenit del petróleo
- UL edita o libro “O atraso político do nacionalismo autonomista galego”
Oficialmente, Brais de novo nas listas
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios

Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.
E o compañeiro Brais, despois de un longo proceso de case dous anos, xa foi incuído nas listas de interinos e substitutos de Matemática, mercé ao intenso e continuo traballo da CNT, os bons ofícios do noso advogado Xosé Febrero, a solidariedade dos compañeiros e compañeiras do ensino e o apoio mútuo do resto de traballadores e traballadoras, que estiveron a movilizar-se pola readmisión de Brais.
A luita vai continuar, pois o panorama con que se vai encontrar o compañeiro, é un chisco diferente para os profesores de Matemática do que hai dous cursos, pois daquela co decreto 124/2007, as aulas tiñan-se que dar obrigatoriamente en galego e ainda asi, tivemos problemas, agora co novo decreto en que xusto ao revés, teñen-se que dar en castellano, non vexas!
Que vai a acontecer pois? O conflito está servido: Boa parte do profesorado vai facer insubmisión ao “decretazo” seguindo a tradición que desde os oitenta estan-se a dar as aulas en galego, en función da normalización lingüística.
Temos que dicer que desde a CNT apoiaremos calquer disidéncia encontra dos planos da Consellaria de Educación que obrigue aos ensinantes a utilizar un idioma imposto.
Tamén desde o Sindicato de Ensino da CNT, non esquecemos a reivindicación da imediata supresión do art. 13 b) da Addenda de 11 de Xullo de 2006 ao Acordo de 20 de Xuño de 1995, asinada por CCOO, CSI-CSIF e FETE-UGT, (sindicatos minoritários no sector), que sinala que “Decaerán no seu dereito a estar nas listas e aos chamamentos de candidatos os que sexan sancionados con suspensión de funcións en razón de expediente disciplinario”, por considerar que dita Addenda atenta contra os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras do ensino, vulnerando os principios constitucionais elementais de proporcionalidade na graduación de faltas e sancións e de tipicidade, que exixe unha correlación entre falta e sanción, así como a imposibilidade de impoñer unha sanción sen previa tipificación da falta que conleva aquela.
A luita continua!!





















Comentarios recientes
hace 1 semana 1 día
hace 3 semanas 2 días
hace 3 semanas 5 días
hace 5 semanas 6 días
hace 6 semanas 5 días
hace 7 semanas 4 días
hace 7 semanas 4 días
hace 8 semanas 5 días
hace 9 semanas 4 días
hace 13 semanas 1 día