Ataque incendiario contra maquinaria da construcción en Santiago de Compostela
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Abrumados po-la triste reacción popular ante o extremo de non-vida ao que nos arrastrou o capitalismo, mentres a maioría da poboacion anda mais preocupada dos goles de Messi que da miseria que lles rodea .Indignados po-la pantomima secundada po-la totalidade dos sindicatos que foi a "folga" do 8-J.
Contaxiados po-la insurreccion dos rebeldes Gregos, decidimos actuar nunha nova acción de Sabotaxe.
O día 17 de Xuño po-la maña incendiamos un tractor de carga nunha importante obra de vivendas para clase alta, na zona sureste de Santiago de Compostela,os danos foron cuantiosos,parte desta obra está subvencionada po-lo estado español e o concello de Santiago.Nun estado onde centos de miles de persoas non teñen vivenda e centos de miles de vivendas están valeiras, onde hai case 5 millons de parados e case 100.000 persoas presas secuestradas e explotadas po-lo estado, a nosa opción e a loita, o ataque aos intereses dos poderosos, a extensión dunha guerra social que se esta librando e que non é retransmitida por TV.Sabemos que a crise non é mais que unha das consecuencias do sistema capitalista,por iso queremos mudar totalmente este sistema, autentica raíz da desigualdade social mundial.
Por todo isto e mais razóns actuamos e seguiremos actuando.
Por unha insurrección antiautoritaria contra os poderosos e os seus falsos opoñentes.
C.A.F.E. ( COMANDOS ANTIAUTORITARIOS FRENTE AO ESTADO-CAPITAL)
continuará..........














