Buscamos a cova de Alí Babá. Percurso polos bancos de Compostela

Published in


Na mañá do xoves 10 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela saimos à rua a buscar a famosa cova de Alí Babá. Tiñan-nos dito que era un lugar no que se agochaban corecta ladróns e onde gardaban os botíns das suas pillaxes e roubos vários. A nós pareceu-nos que debia estar nalgún dos grandes bancos que se erguen fachendosos no centro da cidade, e alá fomos perguntar se Caixa Nova, Caixa Galicia, Banesto, Santader, BBVA, Barclays ou Bankinter, son a mítica cova, e de paso intentar ver se atinabamos co botín que durante tantos anos os bancos e o sistema capitalista nos leva roubado à clase traballadora, en base a xuros para financiar o expólio de recursos do mundo enteiro, impostos para rescatar bancos, comisións de todo tipo para lle mercar iates e mansións aos donos dos bancos, servizos públicos privatizados para o seu benefício... Chegamos à conclusión de que hai ben mais dunha soa cova de Alí Babá, unha soa cova non pode dar acubillo à manchea de mangantes que son os directivos e administradores destas entidades, nen pode gardar ela soa todo o que nos levan sacado da pel à clase traballadora. Si que nos quedou clara unha cousa, que canto mais teñen, mais queren.

Mais teñen, mais queren

A concentración do capital que o sistema capitalista fomentou nos últimos anos é a causa principal da crise que estamos a viver. Esta crise pretende-se amañar esquecendo, precisamente, a causa que a provocou. A blindaxe do estado e do capital da concentración de riqueza é unha das estratéxias que se levaron a cabo para salvar ao sistema financieiro e terá como principais efectos o que agora comezamos a vislumbrar: pobreza xeneralizada, paro, desaparición do sector público, etc.

Digamo-lo claro: o Estado limpou a cara dos bancos cos nosos cartos, os de todos. O Sistema Financieiro salvou-se polos nosos cartos e a factura non a imos a pagar nós sós se, tamén os que veñan detrás de nós. Mentres as bolsas duplicaban a sua cotización nos últimos meses, antes de caer en picado pola especulación, nós comezamos a ter notícias de axustes económicos e restricións de dereitos. Con que cartos xogou a banca na bolsa se os seus números eran negativos?

É unha paradoxa certa: esta crise permite ver a un Sistema Financieiro “forte”, nunha contínua tarefa de acumulación, cunha masa social cada vez máis empobrecida, endebedada e desmovilizada. É unha paradoxa que vislumbra unha evidéncia: o Estado, o Mercado e o Capital están xuntos e ben xuntos, atados e ben atados. E nós fora. Á marxe dos aforros, das pensións, dos nosos cartos, do noso esforzo que é magreado sen pudor polo goberno no beneficio do Capital a partir de mensaxes de medo sobre a insostibilidade do noso Estado de Benestar

O que hai que denunciar xa dunha vez por todas son os intereses do Sistema Financieiro en promover sistemas de pensións privadas, confundido a poboación, xunto ao goberno coa fantasma da insostibilidade, da crise irrecuperábel do noso sistema público. Tanto dende os organismos europeos como dende as institucións financieiras privadas e públicas (BBVA, Banco de Santander ou Banco de España) emiten de xeito constante avisos apocalípticos que responden a unha estratéxia mediática que non deixa outra cousa entre a población que medo e dúbida sobre o sistema de Seguridade Social, sobre os nosos dereitos no desemprego, sobre as axudas que o estado poida dar ou ofrecer, mentres nos piden apretarnos o cinturón para “inspirar confianza” aos mercados.

É evidente que nestas artimañas agocha-se unha tendéncia ideolóxica aproveitada para rendabilizar a crise financieira e económica, para mover a palanca que quere accionar a clase neoliberal deste país e que antes, nen sequera cos seus próprios governos, non pudieron accionar. Non hai momento mellor que esta crise para enganar-nos co conto do endebedamento do estado e do déficit público e xeralizar a privatización dunha vez por todas nos últimos baluartes da resistencia á omnívora depredación do capital: a caixa da Seguridade Social, os aforros, hipotecas e pensións dos traballadores e traballadoras.

O ruxe-ruxe co endebedamento fai-nos esquecer a incontrolada acumulación de riqueza durante o auxe do tixolo e a especulación, durante a ilusión de Benestar destes últimos anos. Os números cantan: o nivel de endebedamento pasou do 46% da renda disponíbel fai vinte anos ao 130% da actualidade. Neste tempo se nos fixo máis pobres, máis endebedados e tamén máis cegos. A débeda pública no estado español fai un par de anos era do 38%; no ano 2009, o 45% e para este ano poderíamos chegar ao 120%. O máis vergoñento é que a porcentaxe maior desa débeda pública, que temos que pagar todos con recortes e impostos, corresponde aos custes de saneamentos da grande cloaca financieira. Un sistema financieiro que xa pide máis, que xa ten máis. Esta é a miséria do neoliberalismo: a riqueza duns poucos pagamo-la todos. O despilfarro, a usura e a especulación forman parte do xogo. E mentres viviamos na festa permanente, o sistema esgotaba-se e abria-se unha nova crise, tamén unha nova posibilidade de negócio. Coma en todos os periodos de crise e fame, a maior miséria sempre se corresponde con momentos de acumulación de riqueza.

A nosa forza debe concentrar-se en rematar coa permisividade ás quebras fraudulentas, as ficcións da banca e do mercado con custo ao Estado. Podemos sentirnos co dereito a exixir a socialización do Sistema Financieiro xa que é noso, pagamo-lo nós.. O Sistema Financieiro é abertamente contrário ao benestar material de todos, ao noso progreso e a nosa razón. Por iso debemos ir contra el. Teñen máis e queren aínda máis. Non llo permitamos! Abaixo a banca! Abaixo a usura!