[A Coruña] Concentración contra o derrubo das casas da rúa Atocha Alta

Published in

LUNS 25 DE XANEIRO
ás 20.00 horas
no cruce da rúa da Torre coa rúa Atocha Alta
CONCENTRACIÓN-CACEIROLADA CONTRA OS DERRUBOS DAS CASAS DAS ATOCHAS que acontecen nestes mesmos intres. Despois haberá unha asemblea aberta para decidir entre todas e todos as próximas acción a levar a cabo.

Hoxe comezaron o derrubo das nove casas sitas na rúa Atocha Alta de Monte Alto. Pese a que o Concello a través do xornais insiste en que a xente está ben informada do derrubo das nove casas da rúa Atocha Alta de Monte Alto, as veciñas e veciños contrarioa a este saqueo do patrimonio, a memoria histórica e, en simultáneo, a perda de singularidade do barrio, a día de hoxe aínda non conseguimos saber, pese a ir varias veces a oficina de urbanismo do Concello, quen é a adxudicataria das obras, o número de licenza, os prazos da obra, o presuposto destinado, etc.
Investigando, e nunca mellor dito (por moito que o repitan NON É un proceso transparente), na rede atopamos que a empresa que vai levar a cabo o derrubo e a nova pavimentación da rúa é Construcciones Ángel Jove (http://www.anjoca.com/es/datos-relevantes.php , na Tabla 11: Próximo inicio) e pola única nota de prensa que enviou o Concello, onde presentaba os plans que tiñan para o enclave, o 1/10/2009 aos xornais que a empresa adxudicataria da construcción da praza é Iceacsa.
O único canle de comunicación cas veciñas e vecinos que o Concello está a utilizar é a prensa, para quen a lee, por suposto. Hai máis casas na travesa de San Xosé que teñen previsto demoler en breve e a día de hoxe as inquilinas e inquilinos o souberon ao leer a nova nun xornal gratuíto por casualidade. O Concello ponse como prazo, previo a demolición de vivendas, dous meses para informar a xente que vive nelas. Se alguén quere facer alegacións, trámites, etc. o leva crudo.

Vídeos:
http://galizacontrainfo.blip.tv/file/3237562/
http://blip.tv/file/3243490
http://blip.tv/file/3244764