- El Plan del Litoral admite industrias, marinas y ’spas’ en áreas protegidas
- El 30% de la energía de Andalucía proviene de energías renovables
- Por segundo día consecutivo, rexístranse altos níveis de contaminación por ozono en Pontevedra
- Anarquistas y antifascistas atacan el Ayuntamiento de Jimki (Rusia) en defensa del bosque
- Paralizada la zanja contraincendios junto al petroglifo de Auga da Laxe
Os 6 de Belgrado livres. Crónica do xuízo.
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Tirado de cntgaliza.org:
Vamos chegando a Belgrado diferentes compañeiros e compañeiras das distintas seccións anarco-sindicalistas da AIT, entre elas a ZSP de Polónia, FAU Alemá, Solidarity Federation Inglesa ... e afins. Ainda que se apresenta un clima xélido e a derramar de neve, non perdemos a esperanza de arroupar aos compañeiros represaliados co noso calor solidário.
Segundo nos contan os compañeiros servios da ASI, hai bastantes posibilidades de que este xuízo farsa, que se celebrará amañá às 10:00, fique en nada, postoa que, pese às elevadas acusacións das que foron obxecto, os factos revelan pouca consisténcia. Contodo, non deixa de ser un xuízo político no que o ministério de interior ten bastante que dicer, algo moi dado nisto que chlaman democracia, polo que non nos vamos a adiantar aos acontecimentosn pola experiéncia que maceramos nestes casos. Como CNT vamos a intentar asistir ao xuízo e participaremos nos diferentes actos de apoio e às xornadas que lle preceden.
O xuízo
Asistimos con antelación ao Palácio de Xustiza porque se preveía que ia a encher-se a sala. Unha vez ali, a surpresa foron os máis de trescentos compañeiros/as que abarrotaban a sala e o hall. Notaban-se novas presenzas: Gregos, Búlgaros... e da zona dos balcáns co fin de somar apoio. Pronto na sala no coube ninguén máis e o hall ficou cheo de activistas sen poder entrar a presenciar o xuízo. Durante várias horas intentamos tirar fotos e entrar cada vez que se abria a porta. O descontrol ao que submetemos à polícía foi encomiábel. Para alén de mareá-los, pudemos colar en un descuido a cámara para tirar fotos do interior, cousa que nos costou o seu requisamento por parte das autoridades, xa que se trata de xulgados de primera instáncia. Para nós era de vital importáncia facermos presión no interior destes, pois era onde se criaba máis tensión e desobediéncia ao abusivo proceso.
Cabe destacar que Sérvia é na actualidade un férreo estado fascista por resultado de tanta escaramuza internacional e as guerras sufridas recientemente (e das cais todavía non levantou cabeza). De facto, os bombardeos dos 90 son ainda visibeis en algúns edificios). Isto moi reducidamente explicado, fixo que aflore o pior dos totalitarismos. En Sérvia non se pode reivindicar nada e tampouco facer propaganda e menos ainda pór faixas, etc. Comentamos isto para que vos fagades unha de por qué nas imaxes non aparez nada que faga imaxinar que és unha concentración. Nun momento dado de escasos segundos, tres compañeiros colaron-se por detrás da sala e mostraron unha pequena cartolina polaxanela da sala onde se podía ler “Anarquismo non é terrorismo”, isto motivou momentos de tensión no entanto eran detidos (Cre-se que os ceibarán en 48 horas, embora seu código penal, segundo nos contan, poden contemplar té-los até un mes en prisión).
Durante máis de 7 horas declararon os seis acusados, e finalmente coñecemos a notícia: ia-se-lles pór en liberdade aos 6, embora terán alguna vista en breve esupomos que a algo os condenará o Estado ainda que non entrarán en prisión. Unha vez fora os encarcerados comentaron os abusos sufridos e dicen haber estado submetidos a torturas para que se declararan culpábeis. Fora todo foron aplausos, abrazos e gritos de xúbilo, mas sen esquecer que agora hai novos detidos.
É un resultado moi satisfactório, porque de outra maneira, seria moi duro para a ASI manter-se. De facto, xa de por sí costa crer que poda subsistir neste contexto.
Todo o apoio mostrado desde la Internacional e outros sectores contestatários de Sérvia e de intelectuais (case recén chegados do seu éxodo) permitiron esta digna saída.
Hector Feliciano e Carlos Martín, delegados de CNT ao Xuízo.





















Comentarios recientes
hace 3 días 5 horas
hace 1 semana 1 día
hace 2 semanas 10 horas
hace 2 semanas 18 horas
hace 3 semanas 1 día
hace 4 semanas 1 día
hace 7 semanas 5 días
hace 8 semanas 3 días
hace 8 semanas 3 días
hace 9 semanas 1 día