[DESCONVOCADA] Concentración contra a impunidade no C.P Teixeiro


.: 

Desde hai bastantes anos as denúncias por rigor desnecesário e torturas son constantes no módulo de isolamento deste centro penitenciário.

betanzos2010.jpgAs primeiras de que se tivo coñecimento son do ano 1999. O 3 de Decembro deste ano o próprio xulgado de vixiláncia penitenciária da Coruña (Expediente 9108/99) ditou auto en que criticava a actuación dos funcionários deste módulo e
declarava non axustadas a direito as medidas tomadas contra alguns internos: suxeición mecánica (alxemas con grilletes) durante catro días e isolamento provisório durante cinco días.

Estes feitos non transcenden facilmente dado que, como norma, os presos son transladados despois de se ter producido a agresión. Nesto, son varias as denuncias interpostas por varios presos a raíz do que os medios de comunicación deron en chamar o "Motín de Teixeiro"...

O próximo día 19 de xaneiro, está sinalado xuizo de faltas con varios funcionarios imputados: faise importantísimo que se vexa o apoio da sociedade aos presos denunciantes...

Xa sabedes, ás 10:00 horas na praza de diante dos Xulgados de Betanzos...

WWW:: http://denuncia.info

A CNT chama

A CNT chama a participar da convocatória: http://www.cntgaliza.org/?q=node/907

DESCONVOCADA

Chegou isto por correo:

Ola, finalmente queda desconvocada a mani, ao non haber xuizo. Non se
citou aos presos como testigos. O xuizo tardará en celebrarse, mes e medio
máis ou menos, e parece que os presos testificarán por videoconferencia.
Unha aperta.

Tele-conferencia !?

Tirado da web de cntgaliza.org:

" A organización Esculca ven de informar da suspensión do acto en Betanzos ante o xulgamento de vários carcereiros por malos tratos e torturas no Centro Penitenciário de Teixeiro, dado que o xuizo será suspendido. O motivo da suspensión semella ser que os xulgados non citaron aos presos para asistir como testemuñas, no que se interpreta como un intento de manipular este xuizo e conseguir unha doada exculpación dos carcereiros. Finalmente, semella que os presos declararán via tele-conferéncia cando se celebrar o xuizo, que se agarda para dentro de mes e meio."

Teremos que fazer unha concentración virtual - digo eu- por teleconferencia... ;-)

sim, teleconferencia

Semelha que não deixan sair aos presos nem para um juiço do são denunciantes. Os advogados de Esculca ven o asunto bastante mal, o qual é pouco sorprendente, a verdade.

Dossier sobre o malchamado motín de teixeiro

Atopei isto na rede, penso que é relativo ao caso este. Non?

assi é

Exactamente

Queremos saber como morreu Antonio pallas no CP de Teixeiro

Queremos saber como morreu Antonio pallas no CP de Teixeiro

http://www.queremossaber.webcindario.com/

Grupo en Facebook: http://www.facebook.com/group.php?gid=293340079609&ref=share

" NO MAS TORTURAS EN EL CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO EL DIA 5 DE FEBRERO DEL 2010 SE HARA UNA MANIFESTACION EN EL JUZGADO DE LA CORUÑA POR LA MAÑANA (SE INFORMARA PROXIMAMENTE DE LA HORA)".

Opciones de visualización de comentarios

Seleccione la forma que prefiera para mostrar los comentarios y haga clic en «Guardar las opciones» para activar los cambios.