VIII Xornadas Libertarias en Ferrol
Unión Libertaria – Ferrol
17 a 21 de novembro de 2009
Lugar: Espazo Libertario: Avenida de Esteiro, 10-12
Martes, 17 de novembro de 2009
20 horas
Charla de Leiser Pelles, integrante de Anarchists Against the Wall(Anarquistas contra el muro) de Palestina
Mércores, 18 de novembro de 2009
20 horas
Charla dun militante da FAU, sindicato anarcosindicalista alemán, adherido
á AIT
Xoves, 19 de novembro de 2009
20 horas
Presentación do libro “Curuxás: o guerrilleiro que non cazou Franco”, co
autor Carlos Parrado
Venres 20 de novembro de 2009
20 horas
Charla “A necesidade dunha organización anarquista xuvenil”, por membros da Federación Ibérica de Juventudes Anarquistas (FIJA).
Sábado 21 de novembro de 2009
19 horas (No cemiterio de Canido)
Homenaxe ás vítimas do franquismo, coa participación dos poetas Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Gaspar Domínguez e Alfonso Rodríguez, o músico Víctor Agulló e intervencións da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios





















vaia!
sóame de algo a programaçom....
Charla de Leiser Peles en Ferrol
Onte, no Espazo Libertario, arredor de 30 persoas tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis do conflicto entre Israel e Palestina, e as actividades de Anarquistas contra o muro, de man de Leiser Peles, un dos seus integrantes, de orixe xudeu.
Nunha intensa narración, o compañeiro comezou fazendo un repaso da historia do sionismo e maila creación do estado de Israel, para situarnos despois no conflito con Palestina, ilustrando as sucesivas usurpacións de territorio ate o inicio da construcción do muro. Logo contounos a aparición en escena de AWALLS e o desenrolo da súa loita ate o día de hoxe.
Durante a charla tamén tivemos ocasión de visionar varios vídeos nos que puidemos apreciar a firmeza da oposición ao muro e a brutal represión da que ven sendo obxecto por parte das forzas represoras do estado de Israel. Algúns destes vídeos están dispoñibles na rede.
Leiser seguirá estes días de xira por Galiza, así que se tedes oportunidade de ir a algunha das súas charlas noutra cidade fazedeo, que paga a pena.
Charla sobre a FAU, en Ferrol
Onte, o compañeiro Florian, da FAU alemana, aderida á AIT, deu unha charla moi descriptiva de cal é a situación laboral e social en Alemania, cada volta máis precarizada por mor da nomeada " Axenda 2010".
Vimos en varias gráficas como os salarios máis baixos baixaban todavía máis a medida que crecían os beneficios empresariais... como a afiliación sindical baixaba a medida que medraba a decepción e frustración ante o sindicalismo de xestión, e apagalumes, protagonizado polos " maioritarios" da DGB, central quizais máis institucionalizada,se cabe, que os sindicatos UXT e CCOO no Estado Español.
Falounos tamén dos derradeiros conflictos sindicais mantidos pola FAU-AIT ( Cine Babylon, Strike-bike,...) e das súas perspectivas de futuro neste contexto de crise do capitalismo.
Finalmente fixo un chamado a que nos fixeramos eco da campaña que están a promover, e que pretenden que teña repercusión en toda Europa, pola " Abolición do traballo temporal" que, como no estado español, foi promovido intensamente nos derradeiros anos.
Logo tivemos ocasión de departir un bó rato co compañeiro, que respondeu as nosas preguntas e curiosidades, e co que comparamos a situación social e laboral nos nosos respectivos estados para chegar a conclusión de que, cada volta máis, neste mundo globalizado, os problemas aos que se enfronta a clase traballadora son os mesmos e a solución a estes pasa pola intervención direta d@s traballadores/as na loita de clases.
Onte reviviu Curuxás en Ferrol
Onte, fixemos un lugar nas xornadas libertarias para recobrá-la memoria perdida.
Carlos Parrado, autor da biografía de Curuxás, estivo con nós para apresentarnos o seu libro e fazer un repaso a multitude de anécdotas que plagaron a vida do insigne guerrilleiro, un dos poucos aos que a represión fascista non foi quen de darlle caza.
Unha historia que nos deixou entrever a personalidade dun tipo xusticieiro e valeroso que durante dúas décadas se mantivo fuxido, tendo en vilo a Garda Civil e ao réxime franquista e mantendo a súa esperanza na vitoria final do povo traballador.
A necesidade dunha organización xuvenil anarquista
Ese era o título da charla de onte, a cargo de dous compañeiros do grupo " Luz de medianoche" da FIJA ( Federación Ibérica de Xuventudes Anarquistas).
Unha completa e maxistral descrición da situación social e laboral da mocidade no estado español deu pé a unha defensa da necesidade de autoformar-nos e autoorganizarmo-nos para medrar como persoas ceives nun movimento libertario potente que poida dirixirse cara unha auténtica transformación social.
Na poñencia dos compañeiros tamén houbo un lugar para a reflexión sobre as cuestións de " forma" da organización anarquista. Os compañeiros expuxeron que, probablemente por tentar superar certos vicios ou defectos das organizacións preexistentes, os posicionamentos " informais" caeran nos derradeiros anos en vicios e defectos quizais peores ( guettismo, isolamento, vantaxismo, atomización...).
Tamén houbo unha critica daqueles movimentos e organizacións que pretenden sacar un redito político ou económico a costa de declararse libertarios e reclamar unha memoria que non lles pertence.
Todo isto deu lugar a un proveitoso debate que se prolongou durante horas.
![]()
Coa vosa memoria construímos o noso futuro
Baixo o lema " Coa vosa memoria construímos o noso futuro", arredor de cincuenta persoas participaron onte na sentida homenaxe ás vítimas da represión franquista có que Unión Libertaria fechou as súas oitavas xornadas libertarias.
Unha vez máis concentramo-nós á noite no paredón de Canido, a carón do instituto e do antigo cemiterio, onde as bestas fascistas fusilaran a centos de persoas. Unha gaita abriu o acto entoando "A las barricadas".
Seguiu unha hora de intervencións, nas qure houbo un lugar destacado para a poesía e nas que se lembraron un feixe de nomes daqueles/as @s que quixeron borrar da faze da terra por se atrever a soñar cun mundo máis xusto e igualitario.
Finalmente fechamos o acto deitando deceas de camelías a carón da parede na que abatiron aos nosos décadas atrás, namentres soaba a internacional de man de Vitor Agulló.
Para rematar, diriximo-nós ao Espazo Libertario, onde ceamos e tivemos ocasión de confraternizar unha vez máis.
Agradecer dende aquí a súa presencia a tod@s aqueles/as que participaron no acto, poñendolles nome ás vítimas esquencidas, especialmente a aqueles/as que se desplazaran dende outras cidades e vilas para asistir a esta homenaxe.
Vídeo da homenaxe ás vítimas do franquismo