Nace a Rede Galega de Consumo Responsabel e Consciente
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios

A rede incorpora ao novo movemento de cooperativismo alternativo de consumo consciente que se está consolidando en Galiza:
Consumo Consciente Arbore, S.Coop.Galega ( Vigo ), Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña, S.Coop.Galega ( Ferrol ), Cooperativa de Consumo Responsábel Eirado , S.Coop.Galega ( Compostela ), Cooperativa de Consumo Responsable Zoca Miñoca ( A Coruña ) , Grupo Promotor Cooperativa de Consumo Responsable ( Pontevedra), Tenda Pro MunDos. S. Coop. Galega ( Vigo ).
Ao movemento asociativo vinculado con el comercio xusto e o desenvolvemento rural :
Asociación A Cova da Terra (Lugo), Asociación de Comercio Xusto Panxea (Compostela),Asociación de Consumo Responsable Semente de Ourense, Asociación Galega Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento, Asociación para o Desenvolvemento Rural Sostible O Grelo Verde
Nace para dar resposta:
· Ao insuficiente coñecemento e visibilidade social do consumo ecolóxico, responsable e consciente
· Á insuficiente intercooperación entre as organizacións de economía social dedicadas ao consumo ecolóxico, responsable e
consciente, á insuficiencia e descoordinación na representación conxunta en foros e iniciativas relacionadas co consumo ecolóxico, responsable e consciente.
· Ao insuficiente coñecemento social das fórmulas de economía social para organizar o consumo ecolóxico, responsable e consciente
· Á percepción social do consumo ecolóxico como elitista e de altos prezos
· Á insuficiente comunicación entre produtoras; transformadoras e consumidoras.
Pártimos dunha situación de clara tendencia ao crecemento do consumo ecolóxico, responsable e consciente no Pais, nun momento de creación de novos proxectos de consumo responsable colectivos.
Os principios nos que se asenta esta nova rede son:
- Sustentabilidade
- Consumo Consciente e Responsable
- Desenvolvemento local e arraigamento social
- Comercio xusto
- Soberanía alimentaria
- Agroecoloxía
- Loita contra os transxénicos
Tirado de: briante














