Que proxectos concretos ?


Vexo que algúns nos mostramos partidari@s dunha coordinación para levar adiante proxectos concretos. Abro este fio para que vaiamos aportando ideas sobre que proxectos concretos precisan desa coordinación.

Este portal, como ben di Revuelta permanente. O motivo de abrir este portal foi, entre outras cousas, a necesidade de reunir, inda que fose virtualmente, a colectivos e persoas libertari@s, antiautoritari@s e anarquistas da Galiza nun espazo común.

Dende o momento que fechamos o portal vello de Unión Libertaria, que ultimamente estaba parado, e abrimos este, penso eu que ficou clara a nosa vontade de fazer del unha ferramenta colectiva. Está costando. A participación é escasa todavía. Vemo-nos na obriga de recoller moita información da rede.

Primeiro, botamos en falta que sexa a xente que organiza ou qu fai cousas, a que conte e informe sobre o que fai. Moitas veces hai convocatorias das que non hai unha crónica posterior. Isto fai moi complexo fazer un seguimento dos conflictos, das loitas.

A esta ferramenta se lle podería sacar moito máis partido se máis xente se implicase, se @s anarquistas da Galiza caemos na conta de que a da información/formación é unha das batallas máis importantes que temos que librar. Hoxe en dia as posibilidades de autoedición, con algo de tecnoloxía e mínimos coñecementos, son enormes, e iso debemos aproveitá-lo, porque o poder de creación de opinión pública do inimigo é total, e estamos nunha desvantaxe considerábel.

Polo de agora, as editoriais as publica UL, para min sería desexábel ( é unha idea) que asembleas locais ou colectivos cos que estiveramos coordinados, tiveran a súa propia chave e puideran tamén publicar editoriais, e priorizar así tamén información que poida ser importante, que non se quede nun titular na banda dereita. Isto sería cuetión de debatí-lo e coordiná-lo, non virtualmente.

Neste senso hai moitas cousas que mudar en galizalibertaria.org, dende as estructuras dos foros ate novas seccións ou outra disposición da información. Iremos modificando o portal pouco a pouco na medida das necesidades.

Máis o da rede sempre é un tema complexo. Eu teño claro que serve a certos níveis, máis tamén hai que ter claro que hai moita xente á que non chega.

Unha outra proposta: A Edición dun boletín de novas libertarias da Galiza, quizais vencellado a este portal. ¿ Cómo sería?. Habería que recoller as novas e convocatorias que van aparecendo no portal e publicandoas nun formato adsequible, que fose facilmente impreso e fotocopiado. Cunha periodicidade ou en función do volume de información recollida, colgariamo-lo en pdf na rede, calqueira o podería descarregar, fazer unhas copias e repartí-las do xeito que estimase oportuno. Cumpliría varias funcións:

- Relacionar aos colectivos e individualidades libertari@s entre si.

- Propagandística.

- Chegar a vilas e localidades onde non está presente o movimento libertario.

- Dar a coñecer este portal como ferramenta colectiva d@s libertari@s de Galiza...

Outros proxectos poderían ser a marcha anual ao talego, campañas a favor d@s pres@s en xeral ou de pres@s concretas como é o caso de Amadeu Casellas ou Antonio Ferreira...

Ola! Acabo de rexistrarme no

Ola! Acabo de rexistrarme no foro aínda que xa vai bastante tempo que leo o portal galizalibertaria.org, desde o seu comezo. Non sabia o que era a Union Libertaria... Eu creo que o problema do anarquismo galego, máis alá de todo o que comenta o post anterior, é que esta moi descoordinado. Outro problema que eu atopo é que deberia dotarse a ese movemento libertario galego de autonomia e sustantividade propia.. É a opinión dalguén que non coñeze moito o anarquismo en Galiza mais que se sinte próximo a este por determinadas circunstancias..

Un saúdo a todos!

h

h"