[CNT Compostela] Concentración pola readmisión do despedido en Dia-Cádiz


Na tarde do xoves dia 17 de setembro, un piquete de unha dúcia de compañeir@s da CNT de Compostela concentrou-se às portas dos Supermercados Dia, na sua tenda do Camiño Novo, en solidariedade co noso compañeiro José Manuel, despedido na sucursal gaditana desta empresa como represália à labor sindical que o compañeiro desenvolvia.

Por volta dunha hora concentramo-nos cunha faixa, repartindo 300 panfletos, reclamando a readmisión inmediata do noso compañeiro e informando aos viandantes e clientes das prácticas anti-sindicais que se dan nesta empresa.

Previamente nos dias anteriores un grupo de compañeiros pasara por diversos estabelecementos da empresa DIA, informando às traballadoras e traballadores da situación en que se atopa José Manuel e informando das accións que imos levar a cabo, no entanto este conflito non se solucione, da única forma posíbel que é coa readmisión do noso compañeiro José Manuel.

Nova acción en solidariedade coa compañeira despedida en Gadis-V

Compostela. 24 Setembro, 2009

Nesta calurosa tarde de xoves, novamente un piquete da CNT de Compostela decidia facer uso da nosa ferramenta básica e mellor engraxada, a solidariedade, e concentraba-se nas portas do estebelecemento que Gadis ten aberto na rua de Montero Rios para exixir a esta empresa a readmisión da compañeira Lorena, despedida en Laguna de Duero (Valladolid) polo simples facto de levar encadeados diversos temporais, para que a empresa non tivese que facer frente às suas obrigas legais e facé-la indefinida.

Durante perto de unha hora informou-se aos consumidores de Gadis, traballadores e traballadoras da empresa, e aos transeuntes en xeral da lamentábel política de contratación que practica Gadis, e fixo-se coñecedora à empresa de que no entanto a compañeira non sexa readmitida e recoñecida a sua condición de indefinida na empresa, as accións continuarán, en Compostela, na Galiza, e en todo o Estado, como xa está a acontecer.

Opciones de visualización de comentarios

Seleccione la forma que prefiera para mostrar los comentarios y haga clic en «Guardar las opciones» para activar los cambios.