- El Plan del Litoral admite industrias, marinas y ’spas’ en áreas protegidas
- El 30% de la energía de Andalucía proviene de energías renovables
- Por segundo día consecutivo, rexístranse altos níveis de contaminación por ozono en Pontevedra
- Anarquistas y antifascistas atacan el Ayuntamiento de Jimki (Rusia) en defensa del bosque
- Paralizada la zanja contraincendios junto al petroglifo de Auga da Laxe
Non ao Plano Boloña
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
Os obxetivos da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior chocan de forma frontal coas funcións que tradicionalmente ten cumprido a universidade. Estes obxetivos supoñen o sometemento da universidade às necesidades produtivas do capital internacional e dos grandes grupos de poder da Unión Europea.
“A Europa do coñecemento” que se quere acadar desde 2010 preconiza que o obxetivo fundamental de dito proceso é “facer de Europa a economia máis competitiva e dinámica do mundo baseada no coñecemento”, non unha Europa mellor formada, nen unha Europa máis culta, nen muito menos unha Europa máis reflexiva, crítica é solidária.
Posicionamento da CNT ante o Plano Boloña
Que é o Plano Boloña?
É un plano baseado na Declaración de Boloña firmada no ano 1999 polos paises membros da Unión Europea.
Nesa Declaración procuraba-se homologar todos os sistemas universitários dentro da UE, especialmente no sistema de distribuizón de créditos, as titulacións existentes, e a estrutura da carreira en grau e pósgrau, asi como un incremento das relacións entre as Univesidades dos países membros. A fin que os estudos sexan adaptados ás exixéncias do mer-cado e se faga un maior énfase no desenrolo curricular.
O Plano Boloña é un longo proceso de adaptación desde que se publicou até o ano 2010, momento en que ten que estar completamente vixente.
Porqué se critica o Plano Boloña?
É un Plano que parte de elementos alleos aos componentes do ensino e do mundo universitário, sendo en realidade unha expresión dos desexos empresariais de cómo debe de ser a Universidade e o Ensino. O “Saber” submete-se ao Mercado. Dá-se por tanto maior valor aos aspectos económicos que lles resulten de máis interese ás elites empresariais, que aos aspectos académicos ou aos do coñecimento.
Privatiza-se a Universidade, dado que se persegue o “orzamento cero” que independice à Universidade do mantemento estatal, a condición que esta procure-se a vida, obrigando-a a recorrer ao mantemento das empre-sas, xa que a transmisión do coñecimento na Universidade non xera directamente produción e riquezas.
A “homologación” propugnada polo Plano boloña non é nada novo, e xa existe na Universidade inclusive con un relativo éxito. Os intercámbios e traslados de estudantes a outras dunhas universidades a outras son constantes desde fai tempo, sen que faga falta un Plano boloña. A homologación de créditos e titulacións afectan negativamente às peculiaridades de cada Universidade e de cada área xeográfica e/ou cultural.
As reformas do Plano Boloña son sempre retroactivas: máis horas por matéria (e por tanto máis caras), obrigatoriedade presencial e de tutorias, horas de práticas irreais, desaparición de carreiras, etc.
En que nos afecta o Plano Boloña hoxendia?
Maior influéncia de empresas na Universidade (Banco Santander, por exemplo) sob convénios e mantemento.
Crétidos máis caros, e dentro de pouco tempo maior duración de cada matéria (en Medicina é bastante importante).
Os planos pilotos: obrigatoriedade de asisténcia en cada vez máis aulas, ignorando a realidade de moitos estudantes-traballadores. Obrigatoriedade de ir a tutorias.
Desaparición de carreiras por non seren rentábeis desde o ponto de vista capitalista (algunhas filoloxias, humanidades….)
Charlas e apresentacións de empresas na Universidade. Subordinación do estudante às empresas por meio das práticas académicas (Arquitectura por exemplo).
Argumentos a favor do Plano Boloña
- Especialización: di-se-nos que co sistema de graus e pós-graus haberá unha maior especialización nas matérias de coñecimento para o estudante. Aparecerán materías que antes non se atopaban na Universidade. Mas esta especialización é tan cara que ocorre o que pasaba antes; que non se estudaban por ser cursos moi caros e de alto custe porén xa existian. Non van aparecer novas matérias ou cursos : son os mesmos que habia antes, mas nos pósgraus aparecerán o que antes deste Plano eran cursos ofertados de alto prezo que se podian incluir despois no currículo académico. Na prática, non hai especialización, só mudan os nomes. A especialización inclusive reduce-se, porque moitas matérias que se estudaban xa nos primeiros ciclos agora pasan a ser cursos inaccesíbeis para moitos estudantes por razóns económicas, limitando así às clases traballadoras poder estudar estas matérias.
- Movilidade: a homologación dos créditos europeus non facilita o traslado dos estudantes, mais ben a sua precariedade como man de obra que se pode deslocar dun lugar a outro. A movilidade non existe entre países non firmantes do Plano Boloña. Ademais xa existe na Universidade a posibilidade de traslado coa evidéncia das bolsas Erasmus por exemplo e os convénios entre universidades de diferentes lugares. A movilidade en realidade segue a ser a mesma de antes. Fomenta a precariedade a nível europeu. Agora podemos ser explotados/as do mesmo xeito en calquer estado da Unión.
- Adaptación ao mundo laboral: co Plano Boloña hai unha apertura na Universidade às empresas, sob o argumento de que os estudantes podan acceder ao mercado laboral con maior facilidade. En realidade, é unha estratéxia para que as empresas poñan as condicións a este acceso e te-ñan un maior control da futura man de obra. Deste xeito as empresas atopan na Univesidade un negócio perfeito que rentabilizará sen importar o valor do coñecimento e do saber.
O mais vergoñento e preocupante do Plano Boloña:
. A.N.E.C.A. (Axécnia Nacional de Avaliación da Cualidade e Acreditación)
É unha fundación estatal que foi criada no 2002, en cumprimento do estabelecido no artigo 32 da LOU.
No artigo anterior da LOU establecia-se o que se entende por cualidade:
Artigo 31. Garantia de cualidade.
I. A promoción e a garantia da cualidade das universidades españolas, no ámbito nacional e internacional, é un fin esencial da política universitária e ten como obxectivos :
a) A medición do rendimento do servizo público da educación superior universitária e a rendición de contas à sociedade.
b) transparéncia, a cooperación, a comparación e a competitividade das Universidades no ámbito nacional e internacional.
O princípio de actuación é a colaboración coas universidades en todos os procesos que conduzan a garantir a cualidade e a competitividade do sistema universitário español.
A Avaliación Institucional ou avaliación para a mellora asegura a continuidade das actividades desenroladas previamente polo Plano de Cualidade das Universidades. Ten como obxectivo fundamental deseñar e levar a termo os procesos de avaliación externa dos programa e servizos que pasaron previamente o proceso de avaliación interna, ou auto-avaliación, por iniciativa da própria Universidade.
A acreditación é un aspecto totalmente novedoso non só en España se-nón en Europa. A avaliación para a acreditación é esencialmente un exame de resultados que exixe a superación de criterios e estándares de cualidade previamente estabelecidos para cada tipo de titulación, aos efeitos da sua homologación polo governo.
A certificación é un proceso de avaliación externa, solicitado de forma voluntária pola unidade a avaliar, polo que se comprova o cumprimento dun conxunto de especificacións previamente estableciadas. O obxecto da avaliación para a certificación é fundamentalmente un proceso, aínda que tamén pode contemplar a avaliación dos resultados.
A finalidade é a coordenación da política de xestión da cualidade nas universidades; imparte acreditacións e certificacións co obxectivo de medir o rendimento do servizo público do ensino superior.
O plano de actuación imediato consistirá na participación en funcións de verificación de titulacións e a avaliación dos méritos académicos do futuro profesorado funcionário.
Nos princípios e orientación para a aplicación dos criterios de avaliación e selección do profesorado, lemos que, entre outras cousas, pretende-se valorar:
- Méritos relacionados coa experiéncia na xestión e administración (Méritos de xestión e administración?)
- Cualidade e dedicación (nº de horas?) a actividades profisionais en EMPRESAS, institucións ou organismos.
- Patentes e produtos con rexistros de propriedade intelectual.
- Publicacións científicas e internacionais.
- Permanéncias de investigación no estranxeiro (O de fora é sempre o mellor).
Dicer tamén que entre os avaliadores da ANECA hai caréncia de especialistas sobre as matérias impartidas polos profesionais docentes aos que avalian.
Mas este sistema de avaliación non afecta só aos estudantes, senón que tamén influe diretamente sobre o profesorado, dependendo o exercício da sua docéncia dun sistema avaliativo que o manterá sempre sob un control da sua produtividade.
. Programa de Avaliación do profesorado:
“… Centra-se na avaliación das actividades docentes e investigadoras, e a formación académica dos profesores/as universitários, como requisito prévio para a sua contración en algunha das figuras –profesor contratado doutor, profesor axudante doutor e profesor da universidade privada- establecidas a tal efeito na Ley Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Ley Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades”.
. Contratación laboral de profesores en calquer universidade do território que exixe a prévia avaliación positiva da sua actividade”.
“ANECA efectuará avaliacións de maneira gratuita ao longo de todo o ano, emitindo un informe que será válido en todo o território do estado por tempo indefinido. A obtención dunha avaliación favorábel é obrigatória para poder acceder a unha praza como profesor/ra contratado nas figuras de profesor contratado doutor e profesor axudante doutor, en calquer universidade pública española”.
. Proxecto Tuning
No verán do 2000, un grupo de universidades aceitou colectivamente o reto formulado en Boloña e elaborou un proxecto piloto denomi-nado “Tuning – Sintonizar as estruturas educativas de Europa”.
O proxecto Tuning contribue á realización dos demais obxectivos fixados en Boloña.
Mais concretamente, o proxecto propón-se determinar pontos de referéncia para as competéncias xenéricas e as específicas de cada disciplina de primeiro e segundo ciclo nunha série de ámbitos temáticos: estudos empresariais, ciéncias da educación, xeoloxia, história, matemática, física e química. As competéncias descreben os resultados da aprendizaxe: o que un/unha estudante sabe ou pode demostrar unha vez completado un proceso de aprendizaxe. Isto aplica-se às competéncias específicas e às xenéricas, como poden ser as capacidades de comunicación e de liderato. O persoal universitário, os estudantes e os empregadores foron consultados sobre as competéncias que aguardan atopar nos titulados.
. Competéncias xerais dos estudantes:
- Instrumentais
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade de organizar e planificar.
Coñecimentos xerais básicos.
Coñecimentos básicos da profisión.
Comunicación oral e escrita na própria língua.
Coñecimento dunha segunda língua.
Habilidades básicas no manexo do computador.
Habilidades de xestión da información.
Resolución de problemas
Toma de decisións.
- Interpersoais
Capacidade de crítica e autocrítica.
Traballo en equipa
Habilidades interpersoais.
Capacidade de traballo nunha equipa interdisciplinar
Capacidade para se comunicar con expertos de outras áreas.
Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
Habilidade para traballar nun contexto internacional.
Compromiso ético.
- Sistemáticas
Capacidade de aplicar os coñecimentos na prática.
Habilidades de investigación
Capacidade de aprender
Capacidade de se adaptar a novas situacións
Capacidade para xerar novas ideas (criatividade)
Liderato
Coñecimento de cultura e costumes de outros países
Habilidade para traballar de forma autónoma
Deseño e xestión de proxectos
Iniciativa e espírito emprendedor.
Preocupación pola cualidade
Motivación de logro.
Como se pode observar tenta-se procurar a estudantes con unhas características homoxéneas e sempre a favor dunha futura produtividade. Anula-se o libre desenvolvemento intelectual do/da estudante para potenciar unha série de capacidades que potencian unha maior competitividade entre os mesmos.
. Sistema de Bolsas-Préstamo:
Dentro da lóxica competitiva na que se ven envoltas as universidades por obter financiación (que será através da mellora das suas instalacións, bi-bliotecas, capacidade dos seus profisionais, etc, que non son senón recursos que ofrecen como servizos a uns posíbeis compradores) os/as es-tudantes verán-se obrigados a pagar por meio das taxas para acceder ao seu uso. Arredor desta trama competitiva é cando se establecen “rankings” entre os distintos centros de ensino, sendo a cualidade do mesmo directamente proporcional à cantidade de diñeiro que teña que realizar o/a estudante como pagamento.
Perante da disminuizón da inversión por parte do estado, as bolsas xa non se verán mais como unha ferramenta para garantir a igualdade de oportunidades. O Estado manterá unhas bolsas para aqueles ou aquelas estudantes que reunan unha série de potencialidades. A realidade será que perante o aumento das taxas, as estudantes e as suas famílias pagarán a formación do seu bolso, ainda que evidentemente moitas famílias non disporán do diñeiro para facer frente ao importe que supón este modelo de formación, e aquí é cando se produz a entrada dos bancos (e caixas) neste novo negócio. O Informe bricall explica esta transformación como un benefício para o estudante, mas o que non se ten enconta, é que iso supón facer dependente ao/a estudante na sua xuventude, tendo que facer frente a unha hipoteca, limitando e condicionando a sua liberdade, antes inclusive de comezar traballar.
O Estado establece unha série de bolsas, as chamadas bolsas-préstamo, para aquelas estudantes que non reunan ditas potencialidades, este servizo é ofertado pola maioría dos bancos e caixas. Esta modalidade de bolsas consiste en que o capital procedente dunha entidade financiera é-lle concedido ao/a estudante coa condición de que o devolva ao finalizar o seu periodo de estudos. Tendo que devolver o diñeiro total do emprestado mais o 20% dos intereses (70% o Ministerio/10% o Banco)
A alternativa educativa da CNT
Desde CNT propomos un sistema educativo de ensino libre e anti-autoritário onde os valores premiantes sexan a educación humanística do e da estudante e a sua libre formación lonxe dos valores que nos vende o Pla-no Boloña o cal pretende formar uns estudantes autómatas carentes de crítica ante un sistema que como sempre fixo, antepón a calquer outro factor a situación económica reinante.
@s cenetistas non cremos que o ensino sexa nen pensábel como unha fonte de ingresos económicos e/ou escola de adestramento como parecen claramente entender os burgueses ; para nós, non cabe mais que en-tender as universidades e os centros educativos como centros onde o/a estudante se desenvova intelectualmente de xeito mais libre, onde tome as suas próprias decisións de maneira asembleária e partindo sempre desde abaixo, facendo desaparecer a hierarquia que reina actualmente e logrando que estudantes e profesores sexan tratados dunha maneira xus-ta e igualitária.
En resumo, atacamos o Plano boloña por convertir ainda mais o sistema educacional nunha fábrica de traballadores e traballadoras submisos e acríticos coa sua sociedade e propomos como alternativa un ensino libre, asembleário e partindo desde abaixo facilitando a todas e todos por igual o directo à educación ; asunto moito mais fácil de conseguir do que parez se conseguimos arrincar das suxas garras do capital o sistema educativo para devolver-llo a quen lle pertence por directo próprio, ao povo.
Fontes
- Declaración de Boloña do 19 Xuño 1999
- Ley Orgánica 4/2007, de 12 de Abril, pola que se modifica a Ley Orgánica 6/2001, de 21 de Decembro, de Universidades.
http://ec.europa.eu/education/policies/educ/tuning/tuning_es.html
(Comisión Europea)
http://www.aneca.es/active/active_prof_cont.asp
http://www.universidadnomada.net
- Real Decreto, de 5 de Setembro, polo que se establece o sistema europeu de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitárias de carácter oficial e validez en todo o territorio do estado español.
- Documentos para o estudo do espazo europeu de educación superior (Grupo de Estudantes “No a Bolonia” de Sevilla)
- Universidad Nómada. “El discurso oficial sobre la Universidad”.





















Comentarios recientes
hace 3 días 6 horas
hace 1 semana 1 día
hace 2 semanas 10 horas
hace 2 semanas 18 horas
hace 3 semanas 1 día
hace 4 semanas 1 día
hace 7 semanas 5 días
hace 8 semanas 3 días
hace 8 semanas 3 días
hace 9 semanas 1 día