[Compostela] A Educación Crítica pasou pola CNT compostelana
- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
O sindicato de Compostela tivo onte o pracer de acoller os correspondentes actos da XXIV Semana da Educación Crítica.
foto do actoAsí, cunha gran afluencia de xente deu comezo a primeira hora da tarde a charla "Os nosos corpos, os nosos territórios. Direitos sexuais, parto, lactancia, crianza..." que trascurriu de xeito moi ameno e participativo e na que se trataron diversos e interesantes aspectos e problemáticas sobre o embarazo e a crianza e onde se puxeron en común distintas experiencias e puntos de vista por parte tanto das poñentes como os/as presentes.
A continuación, tivo lugar o obradoiro de aloumiños que resultou un fantástico paseo polo mundo dos sentidos. A través dos xogos e actividades realizadas nun ambiente plácido e relaxado iámos descubrindo e disfrutando de múltiples sensacións.
As impresionantes ovacións ao final da charla e do obradoiro así como os moitos comentarios á saída dan mostra do éxito desta xornada.
Sen máis, agradecer a organizadores, poñentes e asistentes a súa presenza na CNT.
















audio da palestra
em http://galiza.indymedia.org/gz/2009/05/19929.shtml