- UL edita o libro “O atraso político do nacionalismo autonomista galego”
- Celebrando la dependencia: el maíz a las trasnacionales
- El lobby del cemento culpa al gobierno de la situación de sus empresas
- Desfeita incendiária atinge o Invernadoiro e ameaça a Serra do Courel
- A história envenenada dos agrotóxicos
laboral
Oficialmente, Brais de novo nas listas
Enviado por eu el Mié, 07/28/2010 - 13:39.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.
Conflito con Iter Itineris
Enviado por eu el Mar, 07/06/2010 - 15:52.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más

A CNT de Compostela entra en conflicto coa empresa Iter Itineris, empresa de turismo de aventura de Compostela, que traballa por toda a galiza.
Boicot às cafetarias Conga e Literarios por constantes ataques aos direitos d@s traballador@s
Enviado por eu el Mar, 07/06/2010 - 14:27.En poucas semanas xa son duas as persoas traballadoras que acudiron até este sindicato para reclamar contra os despidos e vulneracións aos direitos laboráis por parte do rexente do bar a Conga e do Café Literarios. Este empresário de aire progre é un exemplo perfecto da super-explotación que sofren @s traballador@s do sector da hostelaria en Compostela, mais cando o Xacobeo inunda o ambiente e as ánsias de benefícias por riba de calquera cousa son o principal obxectivo dos empresários da noite compostelana.
Concentración ante a aprobación da nova reforma laboral
Enviado por eu el Jue, 06/17/2010 - 14:53.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más

Onte, mércores 16 de Xuño, o governo do PSOE aprobaba por decreto unha nova reforma laboral, a mais abertamente neoliberal das seis que se levan aprobado desde a imposición da monarquia democrática. En resposta inmediata a CNT de Compostela realizamos unha concentración na Praza de Cervantes para protestar por este novo ataque aos direitos dos traballadores e as traballadoras e para informá-los do contido da reforma socialista.
Este acto enmarca-se dentro dunha campaña da CNT contra a reforma laboral e os recortes sociais aprovados polo PSOE, que culminará o vindeiro dia 26 de Xuño, cunha manifestación en Compostela. Esta manifestación partirá da Alameda às 12:00.
Para a crise... orellas de burro
Enviado por eu el Mar, 06/15/2010 - 10:28.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
A apoloxía do actual estado de crise económica que o goberno “progresista” está a desenvolver contribúe a reafirmar unha idea ben clara de todo este proceso: a crise ten beneficiarios e culpables.
O sistema sindical tamén é o problema
Enviado por eu el Vie, 06/11/2010 - 23:56.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Despois do lamentábel pero inevitábel ridículo vivido na xornada do 8 de Xuño, fai-se necesária una reflexión en torno a esta xornada, à reforma laboral que será aprobada a semana que ven, a situación que enfrenta a clase obreira e cal ten sido o papel dos sindicatos en todo este proceso.
Concentración en Bertamiráns: nen recortes nen reformal laboral
Enviado por eu el Sáb, 06/05/2010 - 19:20.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
A tarde do sábado 5 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela proseguian coa campaña contra os recortes sociais e a nova reforma laboral que nos tirou enriba o PSOE. A primeira hora da tarde, cando os veciños de Bertamiráns comezaban a pasear polo mercado do centro da vila, @s militantes despregaron unha faixa alusiva ao tema e comezaron a repartir panfletos entre os veciños, informando de como o PSOE e o capital están a precarizar ainda mais a situación da clase traballadora, ao tempo que un compañeiro mitineaba polo altofalante sobre como o PSOE lanza todas as reformas anti-obreiras que lle dicta o capital e a clase empresarial, coa colaboración activa e desmobilizadora de CCOO e UGT, ao termpo que se chamaba à mobilización e à fogla xeral como única maneira de frear este novo ataque aos direitos dos traballadores e das traballadoras.
Nen recorte de direitos, nen reforma laboral
Enviado por eu el Mié, 05/26/2010 - 13:46.Via-se vir, os planos do governo para reducir o déficit público fan recaer, unha vez máis, o custo da crise sobre traballador@s e pensionistas. As propostas económicas van encamiñadas a satisfacer à banca e à patronal, transixindo ante os desígnios neoliberais impostos pola UE.
A CNT apoia a convocatória de folga no ensino para o dia 21
Enviado por eu el Mar, 01/19/2010 - 10:44.A Federación Local de Compostela da CNT decidíu sumar-se á folga de ensino do dia 21 e á manifestación que se vai celebrar en Compostela en contra do "decretazo" e a prol do uso do idioma galego no ensino. É así que chamamos ao profesorado a secundar à convocatória de folga e a participar activamente da mesma, facendo parte da manifestación que sairá desde a Alameda compostelana às 12:00 da mañá do xoves 21.
Campaña contra a contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia
Enviado por eu el Lun, 01/18/2010 - 16:49.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más

A contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia é unha práctica dolorosamente habitual. @s traballador@s que ocupan postos de traballo nas diferentes consellarias da Xunta subcontratadas por empresas privadas contan-se por milleiros.
Informáticos continúan a denunciar á Xunta
Enviado por eu el Mié, 01/13/2010 - 18:05.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Ano novo e problemas vellos na Administración pública que se volve atopar con denuncias de informáticos, afiliados a este sindicato compostelano, por cesión ilegal de traballadores y contratación fraudulenta.
[CNT] Bombeir@s contra a privatización, Bombeir@s en loita
Enviado por rubendeferrol el Sáb, 10/31/2009 - 15:04.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios

Unha vez mais o governo pon contra as cordas aos traballador@s a traves da privatización de servizos basicos. Privatización significa duas cousas: precarización das condicións laborais e reducción da calidade do servizo. A privatización significa que un servizo levado por profesionais sera enfocado coma un negocio; reduccion de planteis, horas extras... Pero nos bombeiros significa algo mais, significa por en risco a vida dos traballador@s e dos cidadans. Este e o proxecto da Xunto para os bombeir@s e para a sanidade e para todo aquelo que supoña un servizo cidadan, destruir o publico para poñelos en mans privadas (dos amigos, por suposto).
Por todo isto e pola dignificación duns profesionais que contan con persoal demasiado reducido, con materiais de traballo de antes do diluvio universal; un servizo con diferencias salariais entre os diferentes parques de moitos centos de euros.
Pola equiparación salarial, pola defensa dos servizos publicos, polo aumento de plantel e un verdadeiro investimento en materiais. Por todo isto se manifestaron hoxe os bombeir@s, e a CNT estivo alí representada pola seccion sindical dos bombeiros de Lugo e compañeir@s solidari@s.
Novas denuncias no Siega [Compostela]
Enviado por eu el Lun, 09/28/2009 - 10:01.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Dous compañeiros informáticos do Siega adheridos a esta sección sindical da CNT veñen de denunciar á Consellaría de Educación e O.U. da Xunta de Galicia por cesión ilegal de traballadores.
Solidariedade co despedido de Ryanair en Zaragoza
Enviado por eu el Dom, 05/03/2009 - 15:42.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Domingo 3 de Maio, meia dúcia de compañeiras e compañeiros da CNT-Compostela deslocamo-nos ao aeroporto de Labacolla, que é o aeroporto da cidade, para concentrarmo-nos perante as oficinas da compañia Ryanair.
Este acto realizou-se en solidariedade co compañeiro despedido en Zaragoza da Sección sindical da CNT en Ryainair.
Deixamos o aeroporto ben lindo con panfletos colados en toda canta coluna habia, repartimos 300 panfletos, desplegamos a faixa de solidariedade e despois de mais de unha hora dentro do aeroporto, fomo-nos embora.
Burguer King pagou o que debia
Enviado por eu el Sáb, 05/02/2009 - 19:10.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
O conflito que o SOV de Compostela mantiña coa franquícia compostelá da multinacional Burguer King, dá-se por rematado ao acceder a empresa ao pago íntegro das reclamacións deste sindicato.





















Comentarios recientes
hace 4 días 1 hora
hace 2 semanas 5 días
hace 3 semanas 1 día
hace 5 semanas 2 días
hace 6 semanas 1 día
hace 7 semanas 2 horas
hace 7 semanas 10 horas
hace 8 semanas 1 día
hace 9 semanas 21 horas
hace 12 semanas 4 días