iniciativas
Mercadiño de Troco en Ferrol
Enviado por Visita el Mié, 01/28/2009 - 19:03.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
A Rede de Troco de Ferrol es tá a organizarse e para abrir boca organizou o seu primeiro mercadiño de troco da man de Verdegaia, promotora dun mercadiño anterior. Podedes ver o video para que vos animedes a participar no seguinte, en febreiro coincidindo coa feira de Ferrol.
Nace a Rede Galega de Consumo Responsabel e Consciente
Enviado por Visita el Sáb, 01/10/2009 - 19:29.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
A rede incorpora ao novo movemento de cooperativismo alternativo de consumo consciente que se está consolidando en Galiza:
Consumo Consciente Arbore, S.Coop.Galega ( Vigo ), Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña, S.Coop.Galega ( Ferrol ), Cooperativa de Consumo Responsábel Eirado , S.Coop.Galega ( Compostela ), Cooperativa de Consumo Responsable Zoca Miñoca ( A Coruña ) , Grupo Promotor Cooperativa de Consumo Responsable ( Pontevedra), Tenda Pro MunDos. S. Coop. Galega ( Vigo ).
Ao movemento asociativo vinculado con el comercio xusto e o desenvolvemento rural :
Asociación A Cova da Terra (Lugo), Asociación de Comercio Xusto Panxea (Compostela),Asociación de Consumo Responsable Semente de Ourense, Asociación Galega Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento, Asociación para o Desenvolvemento Rural Sostible O Grelo Verde
Nace para dar resposta:
· Ao insuficiente coñecemento e visibilidade social do consumo ecolóxico, responsable e consciente
· Á insuficiente intercooperación entre as organizacións de economía social dedicadas ao consumo ecolóxico, responsable e
consciente, á insuficiencia e descoordinación na representación conxunta en foros e iniciativas relacionadas co consumo ecolóxico, responsable e consciente.
GnuLix, GNU/Linux galego para activistas nun cd vivo
Enviado por galizalibertaria el Jue, 01/08/2009 - 02:26.Xa queda pouco para velo sair do forno. Quentiño dende o Gnul Hacklab, está pensado para traballar en cd vivo en máquinas de baixos/medios recursos mais coas ferramentas necesarias para traballar en rede e para a edición de imaxe, son e video.
Podedes ollar un adianto....














