cultura

Maurice Joyeux: Autogestão, gestão operária, gestão directa

Published in

A CNT de Compostela edita uma nova brochura, a um preço realmente econômico, que trata um tema como a gestão operária dosmeios de produção, questão que a atual crise do capital tem revelado a necessidade dum debate torno a ela.

Novidades no Ateneu Virtual de CNT-Galiza

Published in

As novidades son reedicións de folletos clásicos editados polo Ateneu Libertario Ricardo Mella da Coruña.

Nova edição da CNT: O indivíduo na sociedade, de Emma Goldman

Published in


A CNT de Compostela vem de fazer uma nova edição duma pensadora clássica no pensamento anarquista, como é Emma Goldman: O indivíduo na sociedade.

Ciclo de cine libertario: "Casas Viejas, el Grito del Sur"


Co motivo do centenario do sindicato, a sección local de Pontevedra comeza un ciclo de cine, poñendo unha película ao mes.

As datas elexidas para estas proxeccións son datas sinaladas do movemento libertario comezando este mes o martes 12 de Xaneiro.

Elexíuse o día 12, xa que nunha data como esa en 1933 ocorreu a matanza de Casas Viejas (Cádiz).

Os feitos ocorreron xa que o pobo de Casas Viejas levantouse co obxectivo de facer a Revolución, chegando a constituir o comunismo libertario, abolindo a propiedade privada, destituíndo ao alcalde e liberando ao pobo da presenza da Garda Civil. Ao chegar estas novas ao Goberno desa "marabillosa" República Obreira, non dubidou en utilizar as forzas de choque da Garda Civil e da Garda de Asalto para entrar a tiros no pobo, matando a calquer sospeitoso, participantes, simples veciños ou familiares dos rebeldes aleatoriamente, e queimando todos os lugares onde estes se escondían.O pobo quedou calcinado.

Estes feitos quedan no olvido, e por esta razón nos poñemos este filme que narra a través de testimonios dos descendentes dos protagonistas e historiadores o acontecido neste pobo gaditano.

O filme será proxectado o Martes 12 de Xaneiro ás 20:30 no novo Centro Social Reviravolta (r/ Gonzalo Gallas)

Nova edição da CNT: "O anarquista" de Leandro Pita Romero

Published in


A CNT de Compostela vem de editar uma nova brochura. Desta vez trata-se duma pequena novela galega de primeiros do século XX, "O anarquista", de Leandro Pita Romero.

[Video] Sem pêlos na língua: a impostura da imposição


Tirado de gzvideos.info:

Cultura Do País, associação cultural de Lugo, organizou a Quinta-feira 29 de Outrubro de 2009 o primeiro ato da campanha “Sem pêlos na língua: a impostura da imposição” que teve lugar na sala de atos da funadação Caixa Galiza da praça de Laica Maria às 20:00 horas, onde interviram Luís Villares Naveira, xuíz de instrução do partido judicial da Fonsagrada, e Brais De Estevan Bassave, profesor de ensino médio.

Desobediência civil: Fundamentos da ação direta

Published in

A CNT de Compostela edita a tradução para o galego deste clássico do sêculo XIX, escrito pela lutadora feminista e anarquista Voltairine de Clayre, conhecida pelo seu protagonismo na revolta de Haymarket, e por obras de agitação como Em defesa do direito de expropriação ou os múltiplos artigos em revistas como a mítica Mother Earth, editada por Emma Goldman, ou o jornal Freedom, de cujo grupo editor fazia parte Kropotkin.

GnuLix, GNU/Linux galego para activistas nun cd vivo


Xa queda pouco para velo sair do forno. Quentiño dende o Gnul Hacklab, está pensado para traballar en cd vivo en máquinas de baixos/medios recursos mais coas ferramentas necesarias para traballar en rede e para a edición de imaxe, son e video.

Podedes ollar un adianto....

Lucio Urtubia nas Xornadas Libertarias

Published in

Pois xa rematarom as xornadas libertarias coa visia de Lucio.

lucio.jpg

Foi coma se pasara un ciclón...

A traballar!

VII Xornadas Libertarias de Ferrol

Published in

Todos os actos no Espazo Libertario (Avda de Esteiro, 10) ás 20:00 hrs., agás a homenaxe as vítimas do franquismo que será no paredón de Canido (Instituto) a mesma hora.

Luns17:

* Miguel Íñiguez fará apresentación da Enciclopedia Histórica do Anarquismo Español.

Martes 18:

* Crise, autoxestión e iniciativas sociais

Participan: Cooperativa cultural Ferrolterra-Eume, cooperativa de consumo A Xoaniña, Ferroltroca, Radio Filispim, Masa Crítica

Mércores 19:

* Carmen Blanco presentará o monográfico da revista Unión Libre "A voz das vítimas do 36"

Xoves 20:

XVI JORNADAS LIBERTÁRIAS de COMPOSTELA

Published in

10-14 Novembro 2008 R/ Garcia Prieto, 24-28 às 19,30 h.

16 anos de Xornadas Libertárias. Sen interrupción. Co obxectivo de dar a coñecer a alternativa sindical da CNT e espallar as ideias anarquistas.

Sen subvencións, sen liberados sindicais. Apostando pola criazón de Seccións Sindicais nas empresas e non polos Comités de Empresa ou as Xuntas de Persoal onde van parar os sindicalistas profisionais liberados do traballo. Dando voz aos movimentos sociais de base ou apresentando libros de temática anarquista.

16 anos. Un tras outro.

E aqui embaixo o programa:

Distribuir contenido