axenda

CONTINUA A HORTA COLECTIVA NO BAIRRO DO CURA VIGO

Published in

todos os sábados as 11h am detrás do asilo

trae a tua ferramenta!!!

Aniversario do CSO A Casa da Estación Pontedeume

Published in

Ola,
despois duns meses de inactividade, voltamos a carga!
Velaía van as actividades previstas para o aniversario que celebramos os vindeiros 20 e 21 de xaneiro.

Venres 20 de xaneiro
Tódalas actividades serán abertas e gratuítas.
19:30h: Palestra sobre a represión nos movementos socias e sobre dereito e okupación (falará o compañeiro Fran del Buey, membro do colectivo Presos Galiza e okupa na Casa Encantada de Compostela).
22:30h: 1º Campionato de fubolín con agasallo dun lote de cds e libros para xs gañadorxs.
22:30h en adiante: sesión de pintxa discos.

Sábado 21 de xaneiro
11:30h: Cociñaremos o xantar.
14:30h: Xantador vegán gratuíto.
17:30h: Xuntanza de okupas e radios libres na que intentaremos reflexionar sobre a actual situación da okupación na Galiza e diferentes formas de colaborar e organizarse.
22:00h: Concertos:
BITXO BOLA (cantautor punk)
BULLDOZERS (Ferrol, versións heavy metal)
THE BROSSAS (Burela punk rock)
TRAZOS (Coruña punk rock)

unha aperta e saúde

http://www.csocasadaestacion.blogspot.com/
http://www.myspace.com/csoacasadaestacion/

Horta Comunitaria no Barrio do Cura

Published in

horta.jpg

Segue a dencuncia da especulación e o abandono no Casco Vello vigués (ao que pertence o Barrio do Cura por moito que o sacaran fraudulentamente para favorecer un pelotazo), agora a proposta é unha horta urbana comunitaria, difunde e participa.

MAROMA FEST! 2, 3 e 4 de decmbro no CSO Palavea

Published in

Ola a todxs!!

Dende a Asamblea de Mulheres do CSOA Palavea na Corunha estamos a convidar a todxs ó evento feminista do século! (ou alo menos do mes ;)

O primeiro Gran Maromafest celebrarase no CSOA Palavea os días 2, 3 e 4 de decembro.
Haberá obradoiros e talleres, teatro, espectáculos de variedades, concertos, palestras.....

Facemos chamamento a tódolos centros sociais, asambleas, medios livres, organizacións... a que participedes!
.
Enviamos os cartaces da convocatoria, agradécese difusión, para calquera dúbida ou confirmar asistencia (pra a xente que ven de fóra, a casa fariase responsable de dar acollida así como xantadores e ceadores)

DIFUNDE E ACHÉGATE!

http://www.youtube.com/watch?v=WRfeNzt74Qw

http://okupacorunha.wordpress.com/2011/11/26/maroma-fest-2-3-e-4-de-dece...

2ª FESTA TRANSXENERO NO CSO PALAVEA

Published in

O vindeiro sábado 10 de decembro no C.S.O. Palavea de A Coruña realizarase unha festa para financiar e promocionar a revista de temática queer e antipsiquiatria "A revolta dos caracois".
Esta vez haberá "micro aberto" pra que todxs poidamos expresar calquer tema que tenha que ver co sector privado: relacions,roles,sexo,psiquiatría....
por suposto hai que vir disfrazado do rol de xénero co que menos nos identifiquemos...xoguemos as identidades diverxentes!
Haberá unha presentacion da revista,videos,sorteos,espectáculo e martxon de ambiente!

Xornadas de Crítica ao Progreso en Vigo

Published in

cul2.jpg

Sábado 26 de novembro ás 18:30h.
Presentación da Revista de Pensamento Crítico: "Cul de Sac", a cargo dos seu colectivo editorial.

Revista alacantina "nacida coa intención de abrir un espazo de reflexión, desde o que analizar diferentes aspectos da cuestión social". O seu primeiro número está adicado ao progreso, e o segundo centrarase no control social.

Venres 2 de decembro ás 20h.
Palestra: "Novas ameazas do progreso na Galiza: As plantas de Biomasa", a cargo do Ateneo Libertario Lume Negro de Ponteareas.

As xornadas serán no Centro Social "A Cova dos Ratos" r/Romil,3 Baixo.

Organizan: Grupo de Axitación Social e Distribuidora Lapsus.

Concerto solidario de rap no CSO Palavea

Published in

Concerto solidario cxs compañeirxs represaliadxs nas ultimas marchas á cadea de Teixeiro.

-Furnier (Compostela)
-Colectivo Verso Libre (Chapela)

Venres 11 DE NOVEMBRO no CSOA Palavea de A Coruña (N525- r/rio quintas 31-preto do "Alcampo")

Haberá sorteos, tapas (veganas), mojitos... e micro aberto para quen queira rapearse algo.

Beneficios para gastos antirrepresivos libertarios.
Acude e difunde!

A Coruña | V Masa Crítica Galega

Published in

O sábado 1 de outubro celébrase a V edición da Masa Crítica Galega. Este ano é a Masa Crítica da Coruña a que acolle o evento e a bicicletada partirá ás 18:00h do seu punto de concentración mensual, a Praza de María Pita.

En torno á bicicletada hai organizado un programa de actividades variadas a celebrar do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro.

Haberá facilidades para o aloxamento das persoas que acudan desde fóra da Coruña.

Toda a información da V Masa Crítica Galega pode consultarse en: http://masacriticagalega.wordpress.com/

Distribuir contenido