C.G.T.

Distribuir contenido
Web da CGT de Galicia
Actualizado: hace 11 mins 31 segs

XIV Fiesta de La Campana. Continúa la IV época del semanario anarquista

Mar, 07/27/2010 - 12:06

El sábado día 31 de julio celebraremos, por decimocuarta vez desde 1996, la Fiesta de La Campana, el “Semanario anarcosindicalista – Información y debate anarquista” pontevedrés.
Siguiendo la costumbre de las trece veces anteriores y nuestro natural alegre en cuanto estamos juntos, ese día charlaremos, comeremos, cantaremos … en fin, disfrutaremos entre compañeros y amigos a la sombra de los pinares del Merendero público O Castro, en el monte comunal de A Escusa, en Poio, a unos 10 km de Pontevedra. Allí estáis todos invitados, con los amigos y allegados. Hay abundantes mesas, sombras y lugar de esparcimiento para mayores y pequeños.
Nuestra ya larga trayectoria como revista anarquista semanal, abarca casi 30 años, tres épocas y más de trescientos números publicados: I Época: 24 números, todos en 1980; II Época: 1996 – 2004 y 240 número ordinarios y más de 30 extraordinarios y dossiers monográficos; III Época: 2004 – octubre 2005 y 28 números ordinarios, un dossier extraordinario y 3 cuadernos monográficos y, ahora, desde 2009, esta IV Época, que últimamente, por problemas puntuales derivados de la absorbente actividad sindical de los redactores habituales, no cumple rigurosamente con la periodicidad anunciada.
Os agradecemos que nos comuniquéis vuestra asistencia, para que no sobren en demasía las “provisiones” y mucho menos que falten. Todo indica que seremos unas 90 o 100 personas (media de los últimos años) y que el coste por adulto (los niños no pagan) se mantendrá entre los 10 o 12 euros. Podéis apuntaros a través del teléfono 627 791 645 o bien al correo electrónico: cgt [arroba] cgtpontevedra.com. Os esperamos. La Campana

Categorías: Sindical

Asemblea das traballadoras de Alfageme

Mar, 07/27/2010 - 11:48

O Comité de CGT-Arousa convoca a sección sindical da CGT da conserveira Alfagame a unha asamblea que terá lugar mañá, mércores, día 28 de xullo, na sede do sindicato en Vilagarcía (r/ Baldosa) para valorar o informe da Administración concursal e decidir a acción sindical nas próximas semáns.

O 23 de xullo remataba o prazo para que os administradores concursais de Bernardo Alfageme presentasen ó Xulgado do mercantil nº 3 de Vigo o seu preceptivo informe sobre a situación económica da empresa e recomendacións cara o futuro industrial. Dito informe foi entregado onte, 26 de xullo, ás organización personadas no procedemento concursal, entre elas a CGT.
Ante estes feitos e para valorar este importante documento -que confirma a posibilidade real de manter a produción conserveira na comarca arousán- a CGT de Arousa convoca a sección sindical da conserveira Alfageme a unha Asemblea, que terá lugar o mércores, 28 de xullo, nos locais do sindicato en Vilagarcía, en r/ Baldosa.

CGT-Arousa

Categorías: Sindical

Campaña contra la Reforma Laboral

Mar, 07/20/2010 - 18:28

Dentro de la campaña general de la CGT contra la Reforma Laboral, la CGT de A Coruña ha decidido realizar diversos actos públicos en los barrios de la ciudad, distribuyendo información sobre lo que supone este nuevo desmán contra los derechos de los trabajadores. Así, comenzando por los barrios de Monte Alto y de As Conchiñas, se informará a los trabajadores y clases populares del alcance de las medidas aprobadas por el gobierno.

Dentro de esta campaña, se está distribuyendo una hoja informativa cuyo contenido es el siguiente:

“Unha nova reforma laboral para o despido

O pasado mes de xuño, o goberno do PSOE aprobou unha nova Reforma Laboral que supón unha gravísima agresión a todos os traballadores e que lesiona aínda máis os dereitos que tanto esforzo custou conseguir. As medidas aprobadas, que terán que pasar por un trámite parlamentario que as poden agravar, son, resumidamente, as seguintes:

Despidos máis fáciles e baratos:
•    Nos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs), redúcense os requisitos para demostrar as presuntas “situacións negativas” da empresa. Isto fará que suframos aínda máis EREs fraudulentos, que reducirán as indemnizacións de 45 a 20 días por ano traballado.
•    Despidos que antes eran nulos (a empresa tiña que readmitir), agora son improcedentes (o traballador queda na rúa).
•    Os preavisos de despido individual polas mesmas causas que nos EREs (económicas, técnicas, organizativas ou produtivas) redúcense de 30 a 15 días.

Perda dos dereitos dos traballadores nas empresas:
•    As empresas poderán incumprir os salarios dos convenios colectivos de sector por petición do empresario, petición que será resolta por un laudo arbitral en caso de desacordo.
•    Redución do período de consultas nos casos de traslados e de modificación substancial das condicións de traballo (xornada, horario, quendas, funcións, etc.)
•    A xornada poderase reducir entre un 10 e un 70%, pasando parcialmente o traballador ao paro.
Menos dereitos nas novas contratacións:
•    Xeralización do contrato indefinido de 33 días de indemnización aos colectivos aos que antes non se podía aplicar. Isto supón a desaparición, na práctica, dos contratos con indemnización de 45 días por ano.
•    Aumento na idade do contrato de formación. Poderase traballar ata os 25 anos cobrando o Salario Mínimo In-terprofesional (673 euros ao mes).
Axencias de colocación e ETTs:
•    Poderanse crear axencias de colocación con ánimo de lucro. Isto suporá a cesión a empresas privadas de funcións dos Servizos Públicos de Emprego.
•    Autorízase a que as ETTs entren en sectores prohibidos ata agora: construción, minería, sondaxes, plataformas mariñas, explosivos e alta tensión, o que provocará un incremento na xa intolerable cifra de accidentes de traballo.
•    As ETTs poderán entrar na Administración Pública, co que se fomentará o enchufismo e o amiguismo.

Bonificacións para os empresarios:
•    Os empresarios abonarán 8 días menos por ano en cada despido. Esta bonificación será pagada polo FOGASA e reducirá os gastos empresariais para facilitar o despido.
•    Redución de cotas da Seguridade Social e FOGASA nos novos contratos, incluídos os de formación.
•    Creación do Fondo de Capitalización para contratos indefinidos, reducindo os importes que abonarán os empresarios en casos de despido, traslados e horas de formación. Os traballadores pagarán os seus propios despidos.

Non consintamos este novo ataque
Coa escusa da crise provocada polo propio sistema capitalista, coa complicidade dos políticos-monicreques nos distintos gobernos, os empresarios estannos roubando os poucos dereitos que temos e que lles arrincáramos en anos de loita. De agora en diante, o empresario fará o que lle pete en materia de contratos e despidos.
Só o enfrontamento directo dos traballadores opoñéndose a esta situación poderá facer que recuperemos o perdido. A mobilización, a solidariedade cos traballadores que loitan, a organización, a acción directa, foron e seguen sendo as ferramentas propias e máis eficaces da clase obreira, as que conseguiron os dereitos que nos pretenden arrebatar.
Xullo de 2010

EMPRESARIOS E POLÍTICOS, CÓMPLICES DESTA NOVA EMBESTIDA DO CAPITAL

CONTRA AS SÚAS AGRESIÓNS, CONTUNDENCIA NAS RESPOSTAS

Categorías: Sindical

Concentración da C.G.T. de Vigo en Frutas Nieves:

Mar, 07/20/2010 - 17:11
O Sindicato de Oficios Varios de Vigo e o Sindicato de Limpezas e Mantenemento da C.G.T. de Vigo  convocan unha concentración nas portas de Frutas Nieves na Porta do Sol desta cidade  para o próximo mércores día 28 de Xullo  ás 18:30 horas do serán pola readmisión dun traballador despedido recentemente.    Contamos coa vosa participación para frear a actitude chulesca e prepotente dunha empresa que non dubida en reprimir e despedir a quen reclama os seus dereitos. De seguro que atoparemos mellor froita e máis barata noutro lugar.        

 

Categorías: Sindical

Un nuevo ERE en Sykes-Coruña: 127 compañeros despedidos

Vie, 07/09/2010 - 19:05

Reproducimos la nota informativa de la Sección Sindical de la CGT en Sykes de A Coruña:

“8 de Julio de 2010

En la reunión mantenida ayer con la empresa, nos comunico que ha presentado un nuevo ERE EXTINTIVO que afecta a 127 trabajadores indefinidos de la campaña Vodafone. Las causas de este nuevo expediente son: economicas, productivas y organizativas ya que según ellos estan perdiendo dinero y Vodafone no les da carga de trabajo.De nuevo la directiva de la empresa nos vuelve a dar la razón , son unos INCOMPETENTES Y SINVERGÜENZAS POR:

* No tienen un solo documento que acredite la bajada de registros de Vodafone.
* No tiene un plan de viabilidad  , ya que no saben ni lo que es eso.
* Su único objetivo es despedir por despedir , a día de hoy no aseguran el puesto de trabajo de ninguno de nosotros ,estemos en la campaña que estemos.
* Son unos PRESUNTOS LADRONES pretenden después de despedirnos pagar el finiquito dándonos cursos de formación subvencionados por el Estado.
* Presentan un ERE fraudulento ya que las razones ecónomicas aportadas por la empresa al igual que en el primer ERE son mentira, la solvencia de la empresa a día de hoy es optima como hemos comprobado en la documentación aportada por la empresa.

En el día de hoy el Comité de Empresa ha presentado un escrito en la Consellería de Traballo, para que paralice este nuevo ERE mientras no se resuelva el Recurso de Alzada del anterior.
Cumpliendo el calendario que marca el ERE la próxima reunión con la empresa es el día 20 de Julio de 2010.

Desde esta Sección Sindical haremos todo lo que este en nuestras manos para intentar parar esta sangría de despido , esperamos que tanto  Inspección Laboral como La Consellería deTraballo  actúe en la defensa de los puestos de trabajo.”

Categorías: Sindical

A Reforma Laboral: charla formativa na Coruña

Mié, 06/30/2010 - 18:40

O venres día 9 de xullo, ás 19:30 horas, nos locais da CGT da Coruña, terá lugar unha charla formativa para afiliados sobre a Reforma para o Despedimento, recentemente aprobada polo goberno.

O tempo previsto de duración é de unha hora.

Categorías: Sindical

Manifestación contra a Reforma Laboral

Jue, 06/24/2010 - 17:22

A Federación Local de Vigo da CGT fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que participemos todos/as xuntos/as nesta manifestación contra  a nova Reforma Laboral , contra este cúmulo de agresións do capital e pola folga xeral.

Será este martes 29 de xuño  ás 20:00 dende A Doblada ( cruce de Urzáiz con Gregorio Espino)

O pasado 16 de xuño aprobouse, mediante Real Decreto unha nova reforma laboral que entrou en vigor, e polo tanto comezou a aplicarse ao día seguinte da súa publicación. Esta reforma supón un ataque frontal aos dereitos dos/as traballadores/as en aspectos como o abaratamento do despido e flexibilización das condicións de traballo, cun aumento da precariedade para toda a clase traballadora.

No capítulo dedicado á modificación substancial das condicións de traballo, establécense causas “obxectivas” (“probadas” razóns técnicas, organizativas ou de produción) para modificar unilateralmente a capricho das empresas aspectos como: xornada de traballo, distribución irregular da xornada e horario, réxime de traballo a quendas, salario e sistema de remuneración, sistema de traballo, rendemento e funcións, independentemente do que establezan os Convenios Colectivos.

Na mesma liña inclúese unha nova cláusula de inaplicación salarial deixando en mans dun laudo arbitral o determinar “se a aplicación do réxime salarial establecido no convenio pode danar a situación e as perspectivas da empresa ou a súa estabilidade económica”. Tamén ábrense novas vías para as suspensións temporais dos contratos ou redución da xornada por causas “obxectivas” ou de forza maior.

Créase un novo “contrato de fomento da contratación indefinida”, cunha indemnización por despido de 33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades. Deses 33 días, 8 serán abonados directamente dende as arcas públicas e cos cartos de todos/as (mediante o FOGASA). A contratación nesta modalidade será subvencionada con cartos públicos ás empresas en cantidades que chegan aos 1400€ ao ano e durante tres anos. Inclúense tamén bonificacións do 100% ás cotas á seguridade social para os contratos de formación, sendo estes contratos precarios fomentados mediante novas modificacións no Estatuto dos/as traballadores/as que inclúen unha ampliación de 4 anos na idade máxima na que se poden aplicar (de 21 a 25 anos).

Ábrese a veda para as axencias de colocación con fins lucrativos, o que suporía a liquidación  dos servizos públicos de emprego e a súa substitución polas empresas de traballo temporal (ETT,s) de xeito xeneralizado e cunha nova formulación de ditas “empresas”.

Todas estas medidas van maquilladas cunha ínfima subida da indemnización para o despido de contrato por obra que será de 12 días a partir do 2014, e algúns retoques en temas como a igualdade.

A FL de Vigo da CGT chegou a un acordo coa CUT e outras organizacións políticas, culturais e da mocidade para tentar dar unha resposta e facerlle ver aos sindicatos institucionais que só queda un camiño, o da loita e a mobilización permanente ata a retirada desta reforma lesiva para o conxunto da clase traballadora. Unha mobilización inmediata, por dignidade, e non un mero lavado de cara dentro de tres meses, cando xa temos o pastel enriba da mesa. Por unha folga xeral que sexa ferramenta de cambio e non un mero trámite.

Participa na manifestación deste martes e infórmate no Sindicato

Categorías: Sindical

Asamblea CGT-Pontevedra

Mar, 06/22/2010 - 11:34

Convocada por el Comité Local, el próximo lunes, 28 de junio, a partir de las 8 de la tarde, tendrá lugar en la sede de CGT-Pontevedra (c/ Pasantería, 1), una Asamblea del Sindicato Único de Trabajadores ‘Solidaridad Obrera’ de Pontevedra – CGT.

Se tratarán los siguientes temas:
1.- Nombramiento del Comité del sindicato: Secretaría general, de organización, acción social, sindical, tesorería, formación, etc y representación de las secciones sindicales.
2.- Respuesta al decreto de “reducción” del gasto público (vía recorte de los derechos sociales y salariales) y a la nueva reforma laboral en Pontevedra. Paro de 24 horas del 29 de septiembre.
3.- Otros asuntos.
Se ruega puntualidad (¡no hay segunda convocatoria!) y, por supuesto, la asistencia de todos, dada la importancia de los temas a debate.

Categorías: Sindical

Acto de rúa/concentración contra o gasto militar en Vigo

Mié, 06/16/2010 - 22:17

A F.L. de Sindicatos de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a participar no acto de rúa programado polo Espazo Aberto Antimilitar de Vigo o vindeiro sábado 19 de xuño ás 18:00 h na praza da farola de Príncipe.

Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar.

Cantidade que, obviamente, aportamos todas vía impostos; cantidade que NON será dedicada a pensións, ensino, sanidade ou subsidios, por poñer algúns exemplos. Esta inversión continuada, descomunal e disparatada en investigación militar, armamento e en manter un exército cada vez máis expedicionario, non contribúe en absoluto a mellorar a seguridade de ninguén. Antes ben, supón un risco para a existencia da vida, e do mesmo planeta.

Programas coma o HAARP* estadounidense, consistente na manipulación da propia atmosfera para poñela ao servizo da eficiencia militar, poñen en evidencia que este risco non é unha hipótese posíbel nun futuro lonxano, senón que é unha realidade plenamente actual.

Porén, a ameaza que os exércitos representan fáísenos ultimamente palpábel dun xeito moito máis directo, toda vez que a grande máscara que durante os últimos tempos se esforzaron en crear para ocultar a súa verdadeira natureza, vaise desfacendo. Os últimos “erros” cometidos en Afganistán, nos que se bombardeou unha vez máis á poboación civil provocando máis de medio centenar de mortes en menos de vinte días, serviron para lembrarnos que as chamadas “intervencións humanitarias” no estranxeiro non son máis que o que anteriormente denominabamos ocupacións militares, con todo o que iso implica. Pero ademais, os feitos acontecidos en Chile despois dos últimos terremotos, no que o exército foi mobilizado para “controlar” á propia poboación desesperada (ou no caso de Haití encubrindo unha ocupación militar en toda regra), tróuxonos a primeiro plano a outra relevante atribución dos exércitos: a “pacificación” non só no exterior, senón tamén no interior das propias fronteiras, unha vez que os mecanismos habituais de contención son superados.

Por todo isto, e porque rexeitamos a propia existencia dos exércitos e a ideoloxía militarista que os lexitima, declarémonos un ano máis persoas obxectoras fiscais aos gastos militares, por motivos de conciencia e de sentido común. E declaremos as nosas cabezas zonas permanentemente desmilitarizadas.

Espazo Aberto Antimilitar

* Acrónimo de Hight Frequency Active Auroral Research Program, é un programa científico e militar desenvolto e financiado pola Forza Aérea e a Mariña dos Estados Unidos e pola Universidade de Alaska; unha das principais actividades deste programa é a modificación da ionosfera nunha zona limitada da mesma. Segundo unha resolución do Parlamento Europeo de 28 de xaneiro de 1.999, a estación HAARP manipula o medio ambiente con fins militares.

Categorías: Sindical

Concentración contra a reforma laboral

Dom, 06/13/2010 - 23:58

A FL de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes para que acudan a esta concentración diante da Delegación de Traballo en Vigo, o mércores 16 de xuño ás 11:00h.

A nova reforma laboral, que previsiblemente será aprobada este mércores no consello de ministros tras “esgotar a  vía do diálogo cos axentes sociais” para a súa imposición posterior mediante decreto, suporá (de impoñerse) un novo retroceso nos dereitos dos/as traballadores/as en aspectos como o abaratamento do despido e flexibilización das condicións de traballo, cun aumento da precariedade para toda a clase traballadora.

No capítulo dedicado á modificación substancial das condicións de traballo, establécense causas “obxectivas” (“probadas” razóns técnicas, organizativas ou de produción) para modificar unilateralmente a capricho das empresas aspectos como: xornada de traballo, distribución irregular da xornada e horario, réxime de traballo a quendas, salario e sistema de remuneración, sistema de traballo, rendemento e funcións, independentemente do que establezan os Convenios Colectivos.

Na mesma liña inclúese unha nova cláusula de inaplicación salarial deixando en mans dun laudo arbitral o determinar “se a aplicación do réxime salarial establecido no convenio pode danar a situación e as perspectivas da empresa ou a súa estabilidade económica”. Tamén ábrense novas vías para as suspensións temporais dos contratos ou redución da xornada por causas “obxectivas” ou de forza maior.

Créase un novo “contrato de fomento da contratación indefinida”, cunha indemnización por despido de 33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades. Deses 33 días, 8 serán abonados directamente dende as arcas públicas e cos cartos de todos/as (mediante o FOGASA). A contratación nesta modalidade será subvencionada con cartos públicos ás empresas en cantidades que chegan aos 1400€ ao ano e durante tres anos. Inclúense tamén bonificacións do 100% ás cotas á seguridade social para os contratos de formación, sendo estes contratos precarios fomentados mediante novas modificacións no Estatuto dos/as traballadores/as que inclúen unha ampliación de 4 anos na idade máxima na que se poden aplicar (de 21 a 25 anos).

Ábrese a veda para as axencias de colocación con fins lucrativos, o que suporía a liquidación  dos servizos públicos de emprego e a súa substitución polas empresas de traballo temporal (ETT,s) de xeito xeneralizado e cunha nova formulación de ditas “empresas”.

Todas estas medidas van maquilladas cunha ínfima subida da indemnización para o despido de contrato por obra que será de 12 días a partir do 2014, e algúns retoques en temas como a igualdade.

A FL de Vigo chegou a un acordo con outras oito organizacións ( sindicais, políticas, culturais e da mocidade ) para tentar dar unha resposta e facerlle ver aos sindicatos institucionais que só queda un camiño: a folga xeral, pero unha Folga Xeral terá que ser unha xornada de loita para lle demostrar aos gobernos e á patronal que desta vez non van conseguir os seus obxectivos. Non será unha folga defensiva ou pasiva, será unha folga na que imos poñer encol da mesa non só o rexeite ás súas medidas, senón cales son as que verdadeiramente necesita a clase obreira.

Participa e infórmate no Sindicato.

Categorías: Sindical

Manifestación en Vilagarcía por Alfageme

Dom, 06/13/2010 - 12:51

O venres, día 11 de xuño, máis dun centenar de persoas acudiron a manifestación convocada por CGT en Vilagarcía en defensa dos postos de traballo na factoría de Alfageme en Vilaxoán (ex-Conservas Peñas) e pola continuidade da actividade conserveira na bisbara.

A loita das traballadoras e da CGT na defensa dos postos de traballo da conserva na fábrica de Vilaxoán continúa, máis firme que nunca se cabe, ante o perigo de que o ERE remate coa liquidación da empresa.
As traballadoras de Alfageme en Vilaxoán e a CGT esixen á Xunta de Galicia, que a través do IGAPE avalou os Plans especulativos e ruinosos da inmobiliaria Promolar que asuma a súa responsabilidade, aposte por manter a actividade conserveira e a continuidade dos postos de traballo e por recuperar os cartos públicos comprometidos.

Esixen tamén aos propietarios da empresa (novos ou vellos) a inmediata elaboración dun plan industrial conserveiro que garante a continuidade da produción conserveira coa actual plantilla e con todos os seus dereitos recoñecidos.

Reclaman a administración concursal o cumprimento da finalidade do ERE suspensivo: a continuidade da actividade produtiva conserveira no máis breve tempo posible.

Ate agora Promalar e seus aliados lograron pechar a fábrica de Vigo e levar ó paro a máis de cen traballadores, grazas a pasividade, cando non complicidade, dos seus representantes sindicais, a CIG e UGT. O eslogan máis repetido na manifestación facía alusión a este feito: “¡Vilaxóan non se pecha! ¡Non, non, non, non o lograrán, pechar Vilaxoán!”.
A loita continúa.

CGT – Arousa

Categorías: Sindical

Acto de rúa / concentración pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares

Vie, 06/11/2010 - 22:40

A F.L. de Sindicatos de Vigo fai un chamamento a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a participar no acto de rúa programado polo Espazo Aberto Antimilitar de Vigo o vindeiro sábado 19 de xuño ás 18:00 h na praza da farola de Príncipe.

Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar.

Cantidade que, obviamente, aportamos todas vía impostos; cantidade que NON será dedicada a pensións, ensino, sanidade ou subsidios, por poñer algúns exemplos. Esta inversión continuada, descomunal e disparatada en investigación militar, armamento e en manter un exército cada vez máis expedicionario, non contribúe en absoluto a mellorar a seguridade de ninguén. Antes ben, supón un risco para a existencia da vida, e do mesmo planeta.

Programas coma o HAARP* estadounidense, consistente na manipulación da propia atmosfera para poñela ao servizo da eficiencia militar, poñen en evidencia que este risco non é unha hipótese posíbel nun futuro lonxano, senón que é unha realidade plenamente actual.

Porén, a ameaza que os exércitos representan fáísenos ultimamente palpábel dun xeito moito máis directo, toda vez que a grande máscara que durante os últimos tempos se esforzaron en crear para ocultar a súa verdadeira natureza, vaise desfacendo. Os últimos “erros” cometidos en Afganistán, nos que se bombardeou unha vez máis á poboación civil provocando máis de medio centenar de mortes en menos de vinte días, serviron para lembrarnos que as chamadas “intervencións humanitarias” no estranxeiro non son máis que o que anteriormente denominabamos ocupacións militares, con todo o que iso implica. Pero ademais, os feitos acontecidos en Chile despois dos últimos terremotos, no que o exército foi mobilizado para “controlar” á propia poboación desesperada (ou no caso de Haití encubrindo unha ocupación militar en toda regra), tróuxonos a primeiro plano a outra relevante atribución dos exércitos: a “pacificación” non só no exterior, senón tamén no interior das propias fronteiras, unha vez que os mecanismos habituais de contención son superados.

Por todo isto, e porque rexeitamos a propia existencia dos exércitos e a ideoloxía militarista que os lexitima, declarémonos un ano máis persoas obxectoras fiscais aos gastos militares, por motivos de conciencia e de sentido común. E declaremos as nosas cabezas zonas permanentemente desmilitarizadas.

Espazo Aberto Antimilitar

* Acrónimo de Hight Frequency Active Auroral Research Program, é un programa científico e militar desenvolto e financiado pola Forza Aérea e a Mariña dos Estados Unidos e pola Universidade de Alaska; unha das principais actividades deste programa é a modificación da ionosfera nunha zona limitada da mesma. Segundo unha resolución do Parlamento Europeo de 28 de xaneiro de 1.999, a estación HAARP manipula o medio ambiente con fins militares.

Categorías: Sindical

Na Coruña, Folga e Concentración en Correos

Mié, 06/09/2010 - 21:37

O vindeiro mércores, 10 de xuño, ás 12 da mañá, diante da oficina principal da Coruña, está convocada unha  concentración de traballadores e traballadoras de Correos en contra do apagón postal e pola viabilidade de Correos, no marco da xornada de Folga convocada por CGT xunto con outras organizacións sindicais.

Categorías: Sindical

CGT-Pontevedra contra a privatización de Correos

Mié, 06/09/2010 - 19:02

A CGT, xunto con outras centrais sindicais, convoca o xoves, 10 de xuño, concentracións nas portas de edificio de Correos de muitas cidades en todo España contra a privatización do servicio público e pola defensa do desbloqueo da negociación colectiva. En Pontevedra a concentración terá lugar ás 12:00h, no edificio central de Correos, na c/ Oliva.

Categorías: Sindical

Novos despidos en Sykes

Mié, 06/09/2010 - 18:34

62 traballadores na Coruña e 14 en Lugo serán despedidos o luns, día 14, da empresa de telemárquetin Sykes. Estes despidos prodúcense tras a estimación parcial dun ERE presentado con snterioridade e que supuxo o despedimento de 68 traballadores.

O motivo desta nova reducción do cadro de persoal é a aplicación do artigo 17 do vixente convenio, que permite a destrución de postos a causa da diminución do volumen de chamadas. Este é un claro fraude de lei, contra o que os traballadores loitarán.

O Comité de empresa da Coruña convoca paros no centro de traballo e concentracións diante da empresa o próximo luns, entre as 12 e as 13 horas e entre as 17 e as 18 horas.

Categorías: Sindical

Concentración en Correos:

Mar, 06/08/2010 - 17:00

O vindeiro xoves día 10 de Xuño haberá unha concentración nas portas do  edificio de Correos situado na Praza de Compostela ás 12 horas da mañán.

O motivo da concentración é unha xornada de loita contra a privatización do servicio público e pola defensa do desbloqueo da negociación colectiva.

Convidamos a toda a militancia á concentración.

Categorías: Sindical

8 xuño: Manifestación en Pontevedra

Sáb, 06/05/2010 - 12:24

O próximo día 8, martes, a CGT fará unha manifestación que sairá ás 20:00 horas da Praza da Peregrina, contra a política económica do goberno e o anuncio dunha nova reforma laboral dirixida, unha vez máis, contra dos traballadores e os grupos sociais máis desfavorecidos e en beneficio do capitalismo máis noxento.

A CGT de Pontevedra convoca esta manifestación dentro da Xornada de Loita convocada pola organización confederal para protestar polas medidas e recortes antisociais do goberno, así como do anuncio dunha nova reforma laboral que recaerá, como todas as anteriores sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas da sociedade.

Para este sindicato, a convocatoria dunha Folga Xeral é imprescindible para variar o rumbo destas decisión e para que se faga recaer o peso da crise sobre os directos responsables da mesma.

Categorías: Sindical

Manifestación na Coruña o día 8

Vie, 06/04/2010 - 21:44

O próximo día 8, martes, a CGT fará unha manifestación que sairá ás 19:30 horas da Praza de Vigo da Coruña, para rematar diante da Delegación do Goberno.

A CGT convoca esta manifestación dentro da Xornada de Loita convocada pola organización confederal para protestar polas medidas e recortes antisociais do goberno, así como do anuncio dunha nova reforma laboral que recaerá, como todas as anteriores sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas da sociedade.

Para este sindicato, a convocatoria dunha Folga Xeral é imprescindible para variar o rumbo destas decisión e para que se faga recaer o peso da crise sobre os directos responsables da mesma.

Categorías: Sindical

I Congreso da Federación de Limpeza e Mantemento da CGT

Jue, 06/03/2010 - 20:10

Do día 3 ao 6 de xuño de 2010, a Federación Sectorial de Limpezas e Mantemento do Sindicato CGT celebra en Vigo o seu Primeiro Congreso Federal. Durante o Congreso, delegacións vidas de todo o estado, están a debater sobre a situación laboral e social dos/as traballadores/as que prestan servizos tan importantes para a cidadanía como a limpeza de edificios e locais, limpeza viaria, recollida de lixos, xardinaría, depuración e reutilización de augas residuais, recuperación, tratamento e eliminación de residuos urbanos e industriais, etc.

Marcaranse as pautas a seguir na Negociación Colectiva destes sectores, inmersos nestes momentos nunha redución considerable dos orzamentos que as distintas administracións públicas e empresas privadas dedican á prestación destes servizos, o que está xa producindo un empeoramento da calidade do servizo público que prestamos e, nalgúns casos, recortes de persoais que prexudican aos/as traballadores/as e aos/as cidadáns/as.

Trataranse temas como a formación e cualificación profesional do sector en xeral e dos/as Representantes de CGT nas empresas, e as próximas Eleccións Sindicais, onde esperamos que CGT aumente a súa representatividade e poida seguir levando aos/as traballadores/as a súa mensaxe de reivindicación e de loita social necesaria, por que con salarios, en moitos dos sectores indicados, por baixo dos 1000€ ao mes non se pode ser conformista.

O Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo (SLMV), actúa como anfitrión nesta importantísimo acto da FELM. O feito de celebrar en Vigo o seu primeiro congreso estatal, da idea do apoio e da confianza que a totalidade dos Sindicatos de Limpeza e Mantemento do estado teñen no Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo. Sindicato de recente creación, pero cun forte crecemento e implantación no seu Sector. Valga como exemplo o feito de acadar a maioría absoluta na empresa concesionaria da limpeza no centro de traballo de PSA Peugeot-Citroën.



Categorías: Sindical

Charla Anti-militarista en Vigo

Mar, 06/01/2010 - 17:42

O vindeiro xoves día 10 de xuño ás 20:00 do serán habera unha charla antimilitarista no local da C.G.T. de Vigo, charla enmarcada dentro da campaña pola Obxección Fiscal 2010. Será impartida por un membro do Espazo Aberto Antimilitar.

A OFGM (Obxección Fiscal aos Gastos Militares) é a non disposición a colaborar cun dos peores xeitos cos que o capitalismo se estende a nivel mundial: co militarismo e as guerras, aínda que estas sexan maquilladas últimamente como “intervencións humanitarias” ou “guerras contra o terrorismo”.

Coa OFGM estamos desobedecendo activamente ao gasto militar no momento de realizar a declaración da renda (IRPF). A nivel puramente técnico, consistiría en deducir dos nosos impostos a parte que se destinaría a fins militaristas.

Categorías: Sindical