C.N.T

Distribuir contenido
Actualizado: hace 1 hora 31 mins

A policia desaloxa a sede da Unione Sindacale Italiana (USI-AIT)

Mié, 02/01/2012 - 19:02

O pasado 24 de xaneiro, a policia desaloxou a sede da Union Sindacale Italiana (USI-AIT) de Florencia.

ler máis

Categorías: Sindical

Presentación da proposta organizativa para as asembleas da Xunta

Mar, 01/31/2012 - 11:56
Comezo: 02/02/2012 12:00 Fin: 02/02/2012 12:30 Comezo: 02/02/2012 12:00 Fin: 02/02/2012 12:30

Baixo o título “Proposta de organización das asembleas da Xunta” a sección de CNT na Xunta presenta na segunda edición do café combativo, este xoves 2/2/12 ás 12h. no salón de actos nº2 de San Caetano, a proposta organizativa que trasladará á vindeira asemblea de traballadores/as públicos.

ler máis

Categorías: Sindical

Crónica da manifestación en Vigo.

Lun, 01/30/2012 - 22:32


Arredor de 150 persoas manifestáronse este sábado 28 de xaneiro polas rúas de Vigo, convocadas pola CNT-Galiza.

A manifestación saiu da Praza da Independencia, e transcorreu por Camelias, onde se fixo unha parada diante da ETT Adecco, coa que manteñen conflito @s compañeir@s de Córdoba.

ler máis

Categorías: Sindical

Non máis recortes de dereitos! Manifestación en Vigo.

Mié, 01/25/2012 - 01:39

Ante as gravísimas agresións contra clase traballadora perpetradas polos poderes políticos e económicos, a CNT-Galiza chama a manifestarse este sábado 28 de Xaneiro polas rúas de Vigo.

Agora mais que nunca é precisa unha resposta contundente na rúa aos recortes en materia económica e social que padecemos, por unha banda; e á vergoñenta actuación de quen vende os nosos dereitos por un puñado de euros, é dicir, os sindicatos "maioritarios".

A manifestación é o dia 28 de Xaneiro, ás 12 horas, dende a Praza da Independencia. Haberá servizo de autobús, para apuntarte ponte en contacto co teu sindicato mais próximo.

ler máis

Categorías: Sindical

Vikingland: proxeción e colóquio co autor

Lun, 01/23/2012 - 11:04
Comezo: 25/01/2012 19:00 Comezo: 25/01/2012 19:00

Este mércores 25, às 19:00, proxectará-se Vikingland, filme de Xurxo Chirro, sobre un grupo de mariñeiros galegos que traballa nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt. Un deles, Luís, merca unha video-cámara para rexistrar a sua vida cotiá e a dos seus compañeiros durante unha chea de travesias.. A proxeción terá lugar no local da CNT, rua Garcia Prieto, 24-28, às sete da tarde, e será apresentada polo autor, que terá un debate con todos os presentes ao remate do filme.

ler máis

Categorías: Sindical

A CNT ante a dixitalización na RTVE

Dom, 01/22/2012 - 16:20

Dende esta Sección Sindical apostamos por ser unha ferramenta para o conxunto de traballadoras e traballadores de CRTVE, queremos que sexades participes doutra forma de facer sindicalismo e de defender os dereitos adquiridos, e por qué non, de melloralos. A continuación pasamos a transcribir un escrito feito por un traballador afectado polo proceso de dixitalización do seu centro de traballo (Galiza), para que vos sirva de información do que acontece dende o seu punto de vista, o dun traballador.

ler máis

Categorías: Sindical

Ciclo de Conferencias en Betanzos: A Cara Oculta da Crise

Mié, 01/18/2012 - 23:06

A Cara Oculta da Crise (Reflexións máis aló dos medios de comunicación de masas).

ler máis

Categorías: Sindical

Nen recortes de dereitos nen reforma laboral!

Mié, 01/11/2012 - 17:37
Comezo: 14/01/2012 12:00 Comezo: 14/01/2012 12:00

O sábado 14 de xaneiro, ás 12.00, CNT-Compostela concentraráse na Praza do Pan (Cervantes).

ler máis

Categorías: Sindical

Non temos nada que festexar!

Sáb, 12/24/2011 - 20:52

As compañeiras e compañeiros de CNT Compostela saímos á rúa a tarde do pasado xoves 22 de decembro para denunciar a hipocrisía dun sistema que, baixo o pretexto da lotería, aproveita para encher ainda máis as suas arcas ca nosa suor.

ler máis

Categorías: Sindical

Novo Comité Local da CNT de Betanzos

Dom, 12/18/2011 - 11:58

 

 

ler máis

Categorías: Sindical

Conferéncia de militantes: Expansión e implantación da CNT por sectores

Vie, 12/16/2011 - 15:03
Comezo: 17/12/2011 10:00 Fin: 18/12/2011 20:30 Comezo: 17/12/2011 10:00 Fin: 18/12/2011 20:30

A CNT de Compostela convoca a toda a sua afiliación a unha conferéncia de militantes que se celebrará os días 17 e 18 de Decembro de 2011, no local sindical da Rua Garcia Prieto, 24-28, baixo o título Expansión e implantación da CNT por sectores.

ler máis

Categorías: Sindical

"O obxectivo é retomar as asembleas na Xunta"

Vie, 12/16/2011 - 01:55

Esta é a proposta que a sección de CNT na Xunta de Galicia presentou onte na reunión convocada en San Caetano: artellar a protesta desde a base facendo asembleas de traballadores/as e actos reivindicativos de maneira regular como defensa ante os recortes laborais e sociais presentes e futuros.

Eis un resumo desta reunión, ou primeiro "café combativo":  O acto arrancou ás 11:35h de mans de Pablo Paz, delegado da sección, que comezou agradecendo a asistencia dos presentes (unha treintena) e presentando brevemente a sección de CNT na Xunta e o seu modo de funcionamento horizontal co que xa levamos traballando desde fai anos centrados na Consellería de Educación, e que agora amplia o seu campo de actuación polo crecemento da afiliación na Xunta.  A continuación, pasouse a falar dos recortes, os que xa se fixeron e xa nos afectaron como o retraso na idade de xubilación, a redución salarial,... dos que estamos vendo noutros paises "intervidos" da zona euro e, por suposto, dos que "se esperan": máis redución salarial, aumento de horas de traballo, aumento xeralizado de prezos, reformas laborais, trocos nas políticas sanitarias e educativas, nova reforma laboral, "mini-jobs"... todo seguindo os dictámenes e políticas neoliberais do BCE-FMI que non teñen outro obxectivo que PRIVATIZAR, canto máis millor. Así, se propicia o lucrativo negocio da contratación de empresas que substitúen servizos e empregados públicos a un custo bastante máis elevado, porque sempre PRIVATIZAR É MÁIS CARO e significa una precarización evidente do traballo, como vemos diariamente nas subcontratas da Xunta. Todo isto, acompañado das clásicas mentiras verquidas polos medios de comunicación e do seu linchamento mediatico, sobre todo dos empregados/as públicos. Así, pídennos a tod@s outro novo esforzo, disque non hai cartos!! Pero todos sabemos que si hai cartos para algunhas cousas: para subvencións (partidos políticos, sindicatos, medios de comunicación, colexios profesionais, etc etc), para pagar astronómicas indemnizacións de banqueiros (como as da nova caixa-banco Galicia, CAM,...) ou para que, directamente, nolos rouben políticos corruptos e empresarios corruptores (igape, campeón, Urdangarín, gürtel,...). Ante esta situación, pensamos que xa hai moitos motivos para protestar:  porque nos afecta directamente a nos e aos nosos, que vexan que non os cremos!! porque aínda é legal protestar e podemos saír á rúa con certa normalidade porque somos persoas solidarias e temos unha responsabilidade por ser, ata o de agora, os traballadores con millores condicións para protestar e reclamar porque somos nos os que vemos as "políticas" de primeira man...  e porque hai esperanzas, xa que xuntos somos moitos e podemos conseguir un futuro digno ou, polo menos, un futuro menos malo... moitas veces, son os pequenos xestos os que logran grandes cousas e sempre, os traballadores e traballadoras, temos máis forza da que nos pensamos. Para artellar a protesta na Xunta, desde a sección de CNT pensamos que teremos que pasar inevitablemente pola autoorganización, é dicir, por un modelo horizontal de decisión desde abaixo. Nos propoñemos a convocatoria de asembleas de traballadores/as e actos de protesta de maneira regular, seguindo a liña de acción: aprender a organizarnos, aprender a funcionar e extender o modelo a outros centros de traballo.  Para tentar lograr isto desde a nosa modesta posición, a sección de CNT manterá contactos cos sindicatos representativos da Xunta que son os ÚNICOS que teñen a potestade legal de convocar asembleas. A sección comprometese tamén a informar ao persoal a través, se non nolo impiden, do envío de mails masivos desde o enderezo corporativo da sección: cnt.sancaetano@xunta.es. Seguidamente, abriuse un turno de palabra aos asistentes onde se comentaron aspectos relativos á anterior asemblea na Xunta e o escaso percorrido que tivo, á actuación e relación da CNT cos sindicatos representativos e onde tamén se pediu un pouco de implicación dos propios traballadores na resolución dos seus problemas...  Como punto final do acto, o delegado da CNT convidou aos asistentes a voltar ao traballo e prescindir do correspondente descanso para o café como parte da filosofía do propio acto.Esta é a proposta que a sección de CNT na Xunta de Galicia presentou onte na reunión convocada en San Caetano: artellar a protesta desde a base facendo asembleas de traballadores/as e actos reivindicativos de maneira regular como defensa ante os recortes laborais e sociais presentes e futuros.

Eis un resumo desta reunión, ou primeiro "café combativo":

ler máis

Categorías: Sindical

Solidariedade cos traballadores en greve de EULEN-ABB en Córdoba

Jue, 12/15/2011 - 11:28

Dezasete días en greve levan os compañeiros e compañeiras traballadores de EULEN en ABB para obter estabilidade nos seus postos de traballo.

ler máis

Categorías: Sindical

Palestra “O anarquismo en Costa Rica”

Mar, 12/13/2011 - 18:28
Comezo: 20/12/2011 19:30 Comezo: 20/12/2011 19:30

A próxima 3.ª feira (martes) 20 de dezembro, às 19.30, no local de CNT Compostela terá lugar a palestra “O anarquismo em Costa Rica”.

ler máis

Categorías: Sindical

Reunión de traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia

Vie, 12/09/2011 - 13:02
Comezo: 15/12/2011 11:30 Comezo: 15/12/2011 11:30

Desde a sección sindical de CNT na Xunta de Galicia convocamos a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública à reunión que se celebrará o vindeiro xoves 15 de decembro de 11:30h. a 12h. no salón de actos nº2 do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

ler máis

Categorías: Sindical

Novo número de Solidariedade Obreira

Jue, 12/08/2011 - 14:41

Xa está na rua o número 11 de Solidariedade Obreira, órgao da CNT galaica.

Desta volta tratan-se temas como as eleccións, a privatización da sanidade, ou os conflitos da CNT na sala Nasa e en ThyssenKrupp elevadores.

ler máis

Categorías: Sindical

Contra a ditadura do Capital, Luita de clases e Revolución Social

Jue, 12/01/2011 - 19:10

Na mañá do 1 de decembro, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela achegámonos ás oficinas do Servizo Público de Emprego para denunciar a situación de millóns de traballadores desempregados e o proveito que o Capital obtén disto.

ler máis

Categorías: Sindical

Charla contra a privatización da sanidade en Ferrol

Mar, 11/29/2011 - 13:10

Charla debate: Non mais recortes na sanidade publica.

Participantes:

-Un membro da coordinadora anti-privatizacion de la sanidad publica de Madrid.

-Un mebro da plataforma en defensa da sanidade publica de Ferrol. Data Mercores 30 de Novembro

Horario: 20:00h

Lugar: Espazo Libertario. Avda de Esteiro nº 10 Baixo Ferrol

Organiza: C.N.T. Ferrol

ler máis

Categorías: Sindical

A folga xeral internacional, un paso máis perto

Sáb, 11/26/2011 - 13:21

Hai xa moitos meses Portugal caíu no ponto de mira dos samesugas da especulación que, apoiados nos seus lacaios políticos, estam a expoliar aos portugueses dos seus direitos e a empobrecé-los dia a dia. A vertixinosa ruta de recortes, austeridade imposta aos traballadores e traballadoras, non aos verdadeiros culpabeis da crise, privatización e demolición do público, está a dirixir a moitos à pobreza e à desesperanza. Mais, como ben evidenciou o día 24 N a folga xeral, os traballadores non imos ficar de brazos cruzados.

ler máis

Categorías: Sindical

Non máis recortes na sanidade pública. Charla contra a privatización da sanidade

Vie, 11/25/2011 - 13:53
Comezo: 29/11/2011 19:30 Comezo: 29/11/2011 19:30

 

O próximo martes 29 de Novembro, às 19:30 no local da CNT, na Rua Garcia Prieto 24-28 celebrará-se unha charla sobre os últimos procesos privatizadores na sanidade pública na Galiza e no Estado, e sobre o que vai acontecer despois da tomada de poder do PP. A charla correrá a cargo da Plataforma SOS-Sanidade Pública (http://www.sos-sanidadepublica.org) e da Plataforma CAS-Madrid (http://casmadrid.org/).

ler máis

Categorías: Sindical