C.S.A das Atochas

Distribuir contenido
Outro blogue máis do WordPress
Actualizado: hace 10 horas 2 mins

Desaloxo

Jue, 08/18/2011 - 12:27

Título: Desaloxo
Imaxes repensadas e manipuladas por Xurxo Chirro
Imaxes gravadas por Emilio
Ano: 2001
Enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=CRgLWf4NnxE&feature=channel_video_title

Categorías: C.S.A das Atochas

Peza do filme colectivo: A caza dos gatos

Mar, 06/14/2011 - 13:28

Título: A caza dos gatos
Autorxs: Lara Tigre, Chris Marker et altri
Ano: 2011
Enlace:
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/2011/05/12/a-caza-dos-gatos/

Categorías: C.S.A das Atochas

Peza do filme colectivo: Reflexións na Casa das Atochas

Lun, 06/13/2011 - 12:24

Título: Reflexións na Casa das Atochas
Autor: Xosé Bocixa
Ano: 2011
Enlace: http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/2011/06/03/reflexions-na-casa-das-atochas/

Categorías: C.S.A das Atochas

Venres 27 de maio: xornada solidaria co proceso da Casa das Atochas

Mié, 05/25/2011 - 09:47

Data: venres 27 de maio
Espazo: CSO A Casa da Estación
http://csocasadaestacion.blogspot.com/
Enderezo: Avda. Ferrol, Pontedeume

Xornada solidaria co proceso do CSO Casa das Atochas.

a partir das 18.00 horas horta/pintura/cociña, etc.
a partir das 20.00 horas pequena presentación do que foi o CSO Casa das Atochas, presentación/proxección de pezas do filme colectivo sobre a Casa das Atochas e o movimento de okupación na Galiza (a cargo de autorxs das mesmas e xente da asemblea da Casa):

http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/2011/05/12/a-caza-dos-gatos/

a partir das 22.00 horas ceador vegano
a partira das 22.30 horas concertos:  

T.H.C. (punk, Pontedeume)
http://www.myspace.com/thcpontedeume
Punk de molde (punk, Pontedeume)
Polizong (rock, Pontedeume)
Arem 3 (hardcore/trash metal, Ferrol)
http://www.myspace.com/arem3
The Somberlain (A Coruña)
http://www.myspace.com/thesomberlainofficial
Bitxo Bola
http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://bitxobola.iblogger.org/

Categorías: C.S.A das Atochas

Domingo 22 de maio: Comida, nom bombas

Jue, 05/19/2011 - 10:26

Data: domingo 22 de maio
Hora: ás 14.00 horas
Enderezo: Obelisco, Cantón grande.

Comida, nom bombas.

Máis información:
http://comidanombombas.blogaliza.org/

Categorías: C.S.A das Atochas

Sábado 21 de maio: palestra “En estado de alarma. Exército nas rúas”

Mié, 05/18/2011 - 11:13

Data: sábado 21 de maio
Hora: 18.00 horas
Espazo: CSAtreu!
Enderezo: rua Sam Jose, 2, rés-do-chao

Presentación dos libros:  Ejércitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN e Si vis pacem. Repensar el militarismo en la época de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010.A cargo de dous membros de Bardo Edicioneshttp://bardoediciones.net/)
O Exército continua a ser, e así será porque está na súa esencia, unha ferramenta dos Estados para intervir noutros territorios, mediante a súa participación en guerras ou ocupacións, de cara a defender e fortalecer os intereses económicos da clase dominante. Porén, a actuación do exército non se limita ao exterior das fronteiras legais do Estado, senón que, sumándose ás restantes forzas de represión, é empregado para controlar tamén á poboación propia. Unha realidade esta que, se ben xa a vivimos recentemente coa militarización do espazo aéreo tras a declaración do Estado de Alarma en decembro do ano pasado, farásenos cada vez máis presente nun contexto de crise permanente e degradación universal onde a dominación pretende saír reforzada a toda costa:
“Para os que se obstinan en pensar que o razoamento aquí detallado concierne soamente ao limes do imperio, e non ao seu centro orgánico, para os que queren de todos os xeitos proxectar a escena do conflito noutro lugar calquera con tal de que non sexa aquí, en fin, para os que aínda continúan sentíndose “en paz” co existente (ou sexa, cunha existencia de paz), no informe simúlase unha intervención da OTAN nun teatro de operacións no cal as “cidades de interese estratéxico” non son nin Teherán (Irán), nin Pyongyang (Corea do Norte), nin “como hipótese extrema” Pequín (China), senón que son as cidades francesas de Rouen, Lle Havre, Evreux e Dieppe.
O control preventivo e a represión de sublevacións ou insurreccións eventuais volveranse cada vez máis prerrogativas do exército, o cal terá que efectuar, por tanto, verdadeiras funcións de policía territorial, mentres esta se “paramilitariza”. Ademais de controlar o territorio, o exército terá que levar a cabo actividades de xestión da poboación civil: xestión física (refuxiados, evacuados, etc.) e xestión psicolóxica (control e monopolio das informacións, relacións coas autoridades locais, pero tamén con todas as realidades asociativas dispostas a colaborar).
Nesta perspectiva será necesario dotar ás forzas armadas dunha adecuada preparación para conflitos urbanos, para evitar a histórica “incoercibilidade” das “forzas rebeldes” na guerra asimétrica. Ao mesmo tempo, será preciso afacer á xente a ver aos militares patrullando as cidades, para que ninguén, por máis avezado e/ou aterrorizado que estea, arrísquese a mover un dedo (nin sequera o do medio).
Estamos a nos dirixir cara a un “Estado militarizado”. Tanto as tropas asignadas a Pianura (Nápoles) como as que están en Via Padova (Milán) lémbrannos que, de feito, o ano 2020 non está tan lonxe.”

Categorías: C.S.A das Atochas

Actividades maio

Jue, 05/12/2011 - 18:48

Categorías: C.S.A das Atochas

Mércores 11 de maio: sesión filme colectivo no Cineclube Compostela

Mié, 05/11/2011 - 14:33
folla-atochasCineclube de Compostela continúa coa súa programación nun mes no que gañan presenza os colectivos. Se a proxección do pasado mércores facíase con Estaleiro Editora, esta cuarta feira 11 de maio, poderemos ver as pezas finalizadas do filme en construción sobre o CSO A Casa das Atochas , coa presenza de membros da asemblea da Casa das Atochas e de autores das pezas. A sesión terá lugar, como sempre, ás 21:30 no CS O Pichel(Santa Clara, 21). O pasado martes 12 de abril, a policía desaloxaba a Casa das Atochas na Coruña, puña fin, se ben non ao proxecto da casa, si a un espazo que, por máis de tres anos, acolleu unha maneira diferente de entender a cultura e un local de resistencia contra o capitalismo delicuente. O Cineclube de Compostela tivo o orgullo de colaborar en numerosas ocasións coas Atochas, compartindo ciclos e proxeccións ou participando em actos realizados na Casa. En decembro do ano pasado, coa orde de desaloxo xa pairando sobre a Casa, aparecia o anuncio de que un grupo de cineastas, músicos, escrito res, activistas, xornalistas e programadores culturais galegos ían retratarán a Casa das Atochas en forma de filme colectivo. Miguel Castelo, Marcos Nine, Alberte Pagán, Eloy Enciso, Ángel Rueda, Anabel Varela, Ana Domínguez, Lucía Bello, Anxela Caramés, Iago Martínez, Alexandre Cancelo, Gustavo Balza, David Castro Sopeña, Xurxo Chirro, Luis Liaño, Xosé Bocixa, Pablo Cayuela, Alejandro Durán, Urro, Ramiro Ledo, José Manuel Sande, Coco Lens, Pablo Outón, Iago González, Xan G. Viñas, Aurelio Castro, Xiana Arias, Daniel Salgado, Xoán Abeleira, Olho Livre, Galiza Contrainfo e Unión Libertaria eran os moitos nomes, boa conta da cultura galega resistente, que se sumaban ao proxecto. Como anuncia a Asemblea do Centro Social, a desaparición do espazo físico da Casa das Atochas non significa “en absoluto disolución ou falecemento do proxecto e do seu espíritu, agora con estrutura e ac(tua)cións itinerantes-, días despois do seu 3º aniversario, as vetas artístico-políticas focalizadas en torno ao proxecto están agora máis vivas que nunca”. Nesta sesión do Cineclube, xa que logo, poderemos ver as pezas que xa están rematadas do filme en andamento, como avance do que será esta fita colectiva e sentida homenaxe á Casa das Atochas. A sesión contará ademais coa presenza de membros da asemblea da Casa das Atochas e con alguns dos autores das pezas, entre os que teñen confirmada a súa asistencia José Manuel Sande, Xurxo Chirro e Xiana Arias. Ao remate das proxeccións, terá lugar un debate co público asistente.


Cineclube de Compostela
centro social O Pichel
rúa santa Clara, 21
Compostela
GALIZA
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org

Categorías: C.S.A das Atochas

Mércores 11 de maio: sesión filme colectivo no Cineclube Compostela

Mié, 05/11/2011 - 13:24

Mércores 11 de maio: sesión filme colectivo no Cineclube Compostela
O Cineclube de Compostela continúa coa súa programación nun mes no que gañan presenza os colectivos. Se a proxección do pasado mércores facíase con Estaleiro Editora, esta cuarta feira 11 de maio, poderemos ver as pezas finalizadas do filme en construción sobre o CSO A Casa das Atochas , coa presenza de membros da asemblea da Casa das Atochas e de autores das pezas. A sesión terá lugar, como sempre, ás 21:30 no CS O Pichel(Santa Clara, 21).

O pasado martes 12 de abril, a policía desaloxaba a Casa das Atochas na Coruña, puña fin, se ben non ao proxecto da casa, si a un espazo que, por máis de tres anos, acolleu unha maneira diferente de entender a cultura e un local de resistencia contra o capitalismo delicuente. O Cineclube de Compostela tivo o orgullo de colaborar en numerosas ocasións coas Atochas, compartindo ciclos e proxeccións ou participando em actos realizados na Casa.

En decembro do ano pasado, coa orde de desaloxo xa pairando sobre a Casa, aparecia o anuncio de que un grupo de cineastas, músicos, escrito res, activistas, xornalistas e programadores culturais galegos ían retratarán a Casa das Atochas en forma de filme colectivo. Miguel Castelo, Marcos Nine, Alberte Pagán, Eloy Enciso, Ángel Rueda, Anabel Varela, Ana Domínguez, Lucía Bello, Anxela Caramés, Iago Martínez, Alexandre Cancelo, Gustavo Balza, David Castro Sopeña, Xurxo Chirro, Luis Liaño, Xosé Bocixa, Pablo Cayuela, Alejandro Durán, Urro, Ramiro Ledo, José Manuel Sande, Coco Lens, Pablo Outón, Iago González, Xan G. Viñas, Aurelio Castro, Xiana Arias, Daniel Salgado, Xoán Abeleira, Olho Livre, Galiza Contrainfo e Unión Libertaria eran os moitos nomes, boa conta da cultura galega resistente, que se sumaban ao proxecto.

Como anuncia a Asemblea do Centro Social, a desaparición do espazo físico da Casa das Atochas non significa “en absoluto disolución ou falecemento do proxecto e do seu espíritu, agora con estrutura e ac(tua)cións itinerantes-, días despois do seu 3º aniversario, as vetas artístico-políticas focalizadas en torno ao proxecto están agora máis vivas que nunca”. Nesta sesión do Cineclube, xa que logo, poderemos ver as pezas que xa están rematadas do filme en andamento, como avance do que será esta fita colectiva e sentida homenaxe á Casa das Atochas.

A sesión contará ademais coa presenza de membros da asemblea da Casa das Atochas e con alguns dos autores das pezas, entre os que teñen confirmada a súa asistencia José Manuel Sande, Xurxo Chirro e Xiana Arias. Ao remate das proxeccións, terá lugar un debate co público asistente.


Cineclube de Compostela
centro social O Pichel
rúa santa Clara, 21
Compostela
GALIZA

Categorías: C.S.A das Atochas