GNSV

Distribuir contenido
Actualizado: hace 1 hora 34 mins

GNSV estará presente, cun posto, na Feira ecoloxica Terr@ctiva

Jue, 12/15/2011 - 01:16

Esta fin de semana, sábado 17 e domingo 18 de Dezembro, celébrase a Feira ecolóxica Terractiv@ en Arzúa. Como outros anos a rede de colectivos Galiza Non Se Vende estará presente cun posto con material informativo de distintos conflitos de defensa da terra que existen no pais e material diverso de algúns colectivos que forman parte da rede. Podedes consultar o programa detallado e toda a información na páxina web da feira: http://www.terractiva.org

Categorías: Ecoloxía

I Marcha en bici Moaña - Cangas

Jue, 11/03/2011 - 14:43

O próximo domingo 6 de novembro terá lugar esta marcha, entre Moaña e Cangas, atravesando a parroquia de Tirán polo chamado “Camiño Real”. Un camiño tradicional con vocación peatonal ou ciclista. O obxectivo e poñelo en valor evitando novas desfeitas como a transformación do mesmo en estrada.

Será o próximo domingo, 6 de novembro, ás 11.30 horas.

Trátase dun acto para reivindicar un mellor uso dos nosos camiños tradicionais, en este caso, como vía de comunicación e senda de lecer entre os concellos de Cangas e Moaña.
O percorrido atravesa un auténtico parque insertado no territorio. Un parque cheo de paisaxe ao interno do cal, discurre esta fermosa vía tradicional coñecida como “Camiño Real”.

Moitas veces, utilizar as infraestructuras que xa temos axeitadamente, evita novas e dispendiosas obras. Este é o caso deste camiño que discurre por Tirán, unha xoia que perviviu ata hoxe como parte da nosa paisaxe cultural e que diferentes proxectos pretenden desvirtuar. A intención é a darlle vida.

Esta convocatoria forma parte dun proceso de participación cos veciños no que se pretende pór motivos para mellorar as cousas sen destruílas. Cunha filosofía semellante á “Proposta de mobilidade para O Morrazo” inténtase crear debate sobre o xeito de intervir no noso territorio inmediato. Bótalle un ollo a esta proposta en:
https://sites.google.com/site/mobilidadeparatodos/

Esta marcha está indicada para calquera persoa, xa que a distancia será de 5.500 metros (que separan as estacións marítimas de Moaña e Cangas).
(more…)

Categorías: Ecoloxía

Comunicado de solidariedade da rede “A Ría Non Se Vende” coa loita contra ENCE-ELNOSA, na ría de Pontevedra

Mar, 10/18/2011 - 08:16

DESDE A RÍA DE VIGO SOLIDARIZÁMONOS COA LOITA CONTRA O COMPLEXO ENCE-ELNOSA NA VECIÑA RÍA DE PONTEVEDRA.

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” apoiamos e asistiremos á manifestación convocada pola “Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra”, para o venres 21 de Outubro, en contra da renovación das autorizacións ambientais e, esiximos o peche e o desmantelamento definitivo deste nocivo complexo industrial.

Preme na foto

O complexo industrial ENCE-ELNOSA é un dos máis poluíntes da Europa. Desde hai máis de 40 anos leva contaminando a ría de Pontevedra e a atmosfera, afectando a todos os seres vivos que viven dentro e fóra da ría, prexudicando á saúde e calidade de vida das persoas, destruíndo os recursos naturais e afectando á economía local, sobre todo á pesca, ao marisqueo e ao turismo. Alén diso a produción de pasta de papel promove unha política forestal baseada no monocultivo do eucalipto e outras especies alóctonas invasoras que, ano tras ano, serven de propagación de incendios forestais por todo o territorio dado o seu carácter pirófito, desertizando os nosos montes e sedimentando por engadido os fondos mariños das nosas rías coas súas cinzas.

ENCE-ELNOSA viola sistematicamente a normativa medio ambiental galega, estatal e comunitaria.

O bipartito PSOE-BNG, permitiulles superar os límites fixados de contaminación pola Lei de Aguas Residuais Urbanas, en materia orgánica, metais pesados como cadmio e mercurio e organoclorados, por medio das chamadas AAI (Autorizacións Ambientais Integradas), e agora a Xunta do PP quere renovalas. (more…)

Categorías: Ecoloxía

28-30 de Outubro: Xornadas sobre o aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais

Dom, 10/16/2011 - 16:42

O movemento social “Pola protección da serra do Galiñeiro” organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro unhas xornadas co tema “Aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais” que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar). No arquivo adxunto a esta circular figura o cartaz das mesmas co programa de actividades.

A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e o Morrazo é quen de acoller, unha vez máis, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e a comunidades de montes.

Dende esta plataforma consideramos que o esforzo adicado nos últimos decenios á explotación do monte unicamente para a obtención de madeiras de rápido crecemento causou o empobrecemento dos solos e unha perda alarmante da súa diversidade biolóxica. Son imprescindibles, entón, as iniciativas que tendan á recuperación ambiental e á posta en valor dende unha diversificación da produción.

As visitas guiadas dos días 28 e 30 son unha oportunidade para amosarnos diversos traballos que neste eido se están a desenvolver nesta serra; e o día 29, á tardiña, asistiremos á presentación de tres ponencias e a unha mesa redonda para achegármonos a outro modelo de xestión dos nosos montes.

Co ánimo, pois, de seguir difundindo os valores naturais, culturais, sociais e económicos da serra do Galiñeiro, convidamos á Comunidade Educativa a participar nestas xornadas.

Para máis información podedes visitar os nosos enderezos electrónicos:

www.serradogalinheiro.org
www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro

Categorías: Ecoloxía