"Meighacks" Hackmeeting 2011
Enviado por galizalibertaria el Mar, 10/18/2011 - 16:48.

Aquí tedes a presentación que o MeigHacks (nome que este ano adopta o Hackmeeting) fai de si mesmo:
Hackers, hacktivistas, nerds, lurkers, hobbistas da tecnoloxía, geeks e otras «meigas» vólvense por mans á tecla para, bit a bit e ping a ping, implementar outro Hackmeeting.
Un encontro que, entrecruzando os fíos do social, o tecnolóxico e o político, constrúe durante unha fin de semana autoxestionada e libre,
unha nova forma de crear, de relacionarse, de gozar compartindo e aprender ensinando.
Tres dias de autoxestión, autoorganización, circulación libre de saberes, hacktivismo, ciberactivismo, ética hacker, apropiación dosmedios de produción, media libre, software libre, hardware libre, autonomía, p2p, guifi.net, redes libres, entre outros.
CSO Palavea, 21 ao 23 de Outubro en A Coruña.
¿Qué é Hackmeeting?
Hackmeeting é un encontro libre e *autogestionado que vira ao redor das novas tecnoloxías, as súas implicacións sociais, a libre circulación de saberes e técnicas, a privacidade, a creación colectiva, o conflito *telemático... Está destinado a todo tipo de persoas que teñan unha mente aberta e curiosa, con ganas de compartir as súas experiencias e vivilo participando na coordinación como unha máis. Algunhas charlas e talleres esixen coñecementos informáticos avanzados, outros non; e outros nin informáticos.
Para conocer mellor este encontro podes leer os Manifiestos ou as preguntas frecuentes, ver estos videos, consultar o Archivo ou as webs de anteriores edicions: 2010, 2009, 2008, 2007, 2006, 2005, 2004, 2003 2002, 2001, 2000.
Información sobre o desaloxo e actividades CSO Casa das Atochas
Enviado por galizalibertaria el Mar, 04/12/2011 - 20:31.Data: martes 12 de abril
Hora: 20.00 horas
Espazo: Obelisco
CONCENTRACIÓN/CACEROLADA
Data: sábado 16 de abril
Hora: 18.00 horas
Espazo: Campo da leña
MANIFESTACIÓN en repulsa do acontecido hoxe.
A Coruña, 12 de abril de 2011
enlace vídeo: http://vimeo.com/22285431
Contra a intervención militar en Libia...
Enviado por galizalibertaria el Dom, 03/20/2011 - 14:26.- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Leer más
Coa resolución adoptada polo Consello de Seguridade da ONU recentemente estase a producir a intervención militar en Libia. Temos que berrar NON á esta guerra do mesmo modo que berramos contra a guerra de Iraq ou de Afganistán. E temos que dicir NON porque as implicacións de fondo e a hipocrIsía son as mesmas. Son os mesmos tamén os executores que dende as Azores claman "xustiza infinita" coa boca chea de liberdade e democracia para o pobo. E dicimos NON a esta guerra como a calquera outra, NON á aberración e a morte sexa onde sexa.
Na cerimonia da confusión que se vive nos medios de comunicación e nas redes a estratexia parece clara. Fronte a liña dura impulsada por Bush na "guerra contra o terror" a retórica branda da "alianza de civilizacións" foi recollida por Obama como modus operandi para o mesmo fin. Tomar o control estratéxico dunha zona rica en recursos e asegurar o subministro de petróleo e gas nun momento de alza de prezos que pon en xaque á recuperación económica. Nun momento no que diversos informes da defensa occidental recoñecen que está a piques de producirse unha crise de produción polo esgotamento de recursos e polo engano descuberto nas reservas atribuídas a Arabia Saudí.
Non imos defender a ditadores como Gadafi nin a ningún outro, da mesma forma que queremos demoler tamén este sistema capitalista depredador e opresivo. Pero temos que recoñecer que o fixeron bastante ben. Convenceron a moita xente de que as ansias de democracia e liberdade que se expresou nas recentes revolucións no norte de África xustifican a actual intervención militar. A estratexia e coartada son perfectas. Onde a revolución triunfou están a meterse a saco para que a "transición democrática" quede como lles interesa. En Libia, o amigo Gadafi é agora un demo con cornos e rabo.
O que realmente acelerou a decisión na ONU foi a recente amaza de Gadafi de pechar a billa e o negocio as petroleiras occidentais que se levan o 80% do pastel. REPSOL, BP, ExxonMobil, ENI. TOTAL.... Xusto as dos países implicados. E non o poden permitir. As armas que lle venderon e os apretóns de mans para a foto dan paso ás bombas que lle regalan.
O sistema o controla todo e no taboleiro de xadrez da xeopolítica disfrazase a realidade ao gusto do consumidor. Para sobrevivir e non caer desmoronado, para morrer matando. As aparencias enganan e as letras minten. Todo é un espellismo á medida do rei nu. Nos despachos soterrados as pezas móvense e a información chega. E lánzanse operacións caladas para transformar a realidade. Para montar as coartadas necesarias...
Nos abrimos os ollos e berramos con forza!!
NON á intervención militar en Libia!
O futuro que queren para nós e a folga que non quería ninguén:
Enviado por galizalibertaria el Jue, 01/20/2011 - 21:47.
Dende o 29 de setembro, no que se levou a cabo a última folga xeral, o continuo recorte de dereitos laborais e sociais que a motivaron non cesou, é máis, á reforma laboral de entón (en realidade de meses antes) súmase agora a xa anunciada reforma das pensións, sendo a claudicación por parte dos "interlocutores sociais" que en teoría representan á Clase Traballadora cada vez máis evidente, semellando estar máis pendentes dos cartos que lles reparte o Goberno "en función sa súa representatividade", de saír guapos na foto ou do que pensaría Obama de isto que do que en realidade nos preocupa e castiga @s traballador@s.
Así, a renovación das axudas aos sindicatos coinciden coa desaparición da axuda dos 426 euros ás persoas desempregadas sen ingresos, das axudas á maternidade, coa conxelación das pensións e dos "reducidos" salarios d@s funcionari@s (as comiñas non teñen intención irónica, é que os salarios d@s funcionari@s foron reducidos o pasado ano e agora "hiperconxelan" os salarios xa reducidos), coa realidade do paro afectando a millóns de persoas (4.100.073 ao peche de 2010, segundo datos oficiais, máis os que o sofren en silencio ou son apartados das estatísticas por fins cosméticos)... estando enmarcadas, pois, nun escenario de derrota.
¿Derrota de quen? Pois derrota, en xeral de todo o mundo; non dos bancos (o Banco Santander obtivo no primeiro trimestre de 2010 un beneficio atribuído de 2.215 millóns de euros, cun aumento do 6%, segundo publicaron fachendosamente en nota de prensa), nin dos burócratas sindicais (pese a que eles non proclaman eses aumentos de beneficios), nin d@s polític@s de calquera partido, que non ven perigar o seu presente nin o seu futuro (véxase senón a mamella de 126.500 euros ao ano que lle vén de caer ao ex-presidente González, chámalle X); iso si, non a podemos considerar unha derrota do sindicalismo como estratexia organizativa d@s traballador@s en defensa dos seus dereitos, nin sequera como unha derrota da Clase Traballadora, sendo que a reforma que pretenden para nós vai afectar a traballador@s sen conciencia de clase e incluso a aquel@s desclasad@s que por te-lo Plus no salón falan (mal) d@s obreir@s como seres mitolóxicos, pasados de moda, suxos e vulgares. Porque unha sociedade próspera soamente o pode ser coa prosperidade d@s sú@s membr@s, porque os números das estatísticas oficiais non teñen nada que ver coas nosas vidas nin as nosas aspiracións, porque nada importa que haxa ou non rescate á economía dun país (corta por onde queiras) se as economías d@s sú@s habitantes están polo chan, porque non se pode falar de idade xubilación cando o cotián é o desemprego...
Convocada XI MARCHA contra a PRISOM de TEIXEIRO
Enviado por galizalibertaria el Vie, 12/17/2010 - 00:19.
Tirado de galiza.indymedia.org:
A marcha à prisom de Teixeiro auto-organiza-se todos os anos desde as greves das prisoes do 2000. Pedimos (entre outras):
Aboliçao do FIES
Excarceramento de pres+s com enfermidades
Excarceramento de pres+s com 3/4 partes da condea cumprida
Fim da disperssao.
http://www.facebook.com/topic.php?topic=190&post=532&uid=184603284890456
XI MARCHA à PRISOM de TEIXEIRO
sábado, 18 de dezembro · 17:00 Gasolinheira de Teixeiro direiçao Paradela Estrada Nacional Uvieu (Oviedo) N-634
http://www.facebook.com/event.php?eid=170689802970894
http://prod.galiza.indymedia.org/gz/2010/12/24899.shtml
http://abordaxerevista.blogspot.com/2010/12/marcha-teixeiro-2010_15.html
WWW:: http://www.facebook.com/event.php?eid=170689802970894
ABAIXO OS MUROS DAS PRISOES!!
Contra o desaloxo da Casa das Atochas
Enviado por galizalibertaria el Lun, 11/29/2010 - 22:06.
A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.
Atentxs, pois seguiremos informando
Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!
Novembro Libertario
Enviado por galizalibertaria el Mié, 11/17/2010 - 22:40.Como todos os anos, a caída das follas e os temporais veñen acompañados pola chegada do vento fresco das ideas libertarias á Galiza. Nesta ocasión, o grupo Unión Libertaria e a CNT de Compostela teñen as súas xornadas libertarias na mesma semán, do 22 ao 26 de novembro (aínda que en Ferrol as actividades comezan o día 20). E tamén o Ateneo Libertario Lume Negro fai a súa contribución á difusión das ideas libertarias cunha charla do ICEA (hora e lugar a confirmar) o sábado 27 de novembro).
Entra para mirar os programas das Xornadas.
Ideas peregrinas: varios pensamentos impuros sen papeo e coa graza da visita papal
Enviado por galizalibertaria el Vie, 10/29/2010 - 23:13.
Cando o mono humanizado mirou cara fóra da súa recentemente estreada conciencia e percibiu o inmensidade do Universo, a negrura e o frío da noite e a inexorabilidade da morte naceu nel o sentimiento relixioso.
Co tempo, nunha árida rexión do oriente próximo na que a dureza das condicións ambientais facía xurdir e desaparecer relixións e escorpións casi na mesma medida, os coitados poboadores chegaron ao monoteísmo: esto é así polo vontade de alguén e máis nos vale levarnos ben con el, polo que puidera empeorar. Dalí xurdiron unha serie de normas de conducta, ritos, rivalidades entre diferentes tribus-sectas, pintorescos eremitas (Egipto, Siria e a Capadocia póblanse de proto-costras que rivalizan uns con outros no maior desatino e, polo tanto, maior aprecio por parte de deus)... con eses xuncos entre os séculos II e IV da nosa era compondríase o cristianismo.
Lembremos que ata o século II non hai constancia escrita da existencia de Xesús (Celso, Discurso verdadeiro contra os cristiáns, a non ser que aceitemos as falsificacións de Flavio Josefo e Tácito) e que moitas das “ensinanzas” que se lle achacan xa estaban nesa especie de Twitter dos esenios que son os Manuscritos do Mar Morto... co que o presunto deus fillo ou profeta novo viña sendo unha especie de Jaimito da antiga Palestina. Nos sucesivos concilios que foron dando forma á Igrexa (e a forma de entende-la relixión) apareceron, desapareceron ou mantivéronse variados ritos e prohibicións, (por exemplo: o sanwich mixto pasou de ser doblemente vetado -mesturar lácteos e carne e comer porco- a triunfar en aeroportos e estacións de autobus; mentres que o tabú da virxinidade manténse e vén atormentando a rapazas e parellas novas dende tempos inmemoriais) e o Novo Testamento é escrito nalgún momento do século IV. Casualmente todo isto está a ocurrir no momento no cristianismo é adoptado (ou inventado, pensemos na súa imposición como relixión única do Imperio por Constantino, simultánea á aparición dos documentos no que teóricamente se basea a nova fe) polos herdeiros do poder romano e todo o que está suxeito a debate son formas de acumulación e reparto de poder material ao abeiro do control "espiritual" da comunidade...














